31 may 2022

FORMACIÓN PROFESORADO

A Biblioteca e a BiblioLab do centro non son só un espazo de lecer e formación para o noso alumnado, se non que son espazos abertos a toda a Comunidade Educativa e nos que se realizaron xornadas de formación para o profesorado.

Xornadas nas cales puidemos aprender sobre o uso dos Xogos de mesa cunha finalidade educativa grazas a Aitor Barbosa, e sobre a Impresión 3D, con Luis do Centro Gallego de Robótica.

O uso dos xogos de mesa en xeral contribúen ao desenvolvemento de diversas habilidades cognitivas (memoria, atención, observación, imaxinación, toma de decisións...), sociais (colaboración, socialización, respecto das normas...) e emocionais (mellora da autoestima e confianza, tolerancia a frustración, control de impulsos...); e introducidos no eido educativo permiten non só desenvolver estas habilidades se non que tamén permiten traballar aspectos curriculares dun xeito lúdico a vez que contribúen a aumentar a motivación do alumnado.

Por outra banda na xornada de Impresión 3D, adquirimos unhas nocións básicas de deseño con diferentes programas adaptados a idade do alumnado destinatario e tamén puidemos aprender os parámetros básicos para configurar a impresora e así sacar futuros proxectos deseñados polos rapaces e rapazas.

27 may 2022

MIGALLAS "PAN DE MILLO"

O xoves 26 de maio disfrutamos do espectáculo “Merenda con pan de millo” de Migallas Teatro.

O fío condutor é o proceso de elaboración do pan de millo cunha posta en escea na que se combina narración oral e cancións.

Está basado no libro-cd Pan de Millo da Ed. Kalandraka.

É un libro-disco dirixido ao público familiar no que se reúnen 14 cancións infantís e versión de temas tradicionais coa colaboración de prestixiosos músicos galegos.

Temas cotiás e ritmos diversos para practicar o xogo e a expresión dramática, recuperar a memoria dos nosos maiores e potenciar a nosa lingua.  

Disfrutamos cantando “Pan de millo”, “O piollo e a pulga”, “Unha vella tiña un can”,” Que cousa cousiña é?, “Miña Abuela Manuela”.

Asinaron no libro de visitas e nos libros-cd que temos na biblioteca. Moitas grazas!!!

24 may 2022

CIRCUITOS DE PAPEL

Tras estar estudando sobre as máquinas, a electricidade e os circuitos eléctricos, en 5º de Primaria atrevémonos a realizar uns circuitos de papel creando unha maqueta ambientada no Camiño de Santiago.

Os materiais que utilizamos foron: un folio, cores, cinta de cobre, 1 led e unha pila de 3V. 

Se queredes tentar facelo no seguinte vídeo atoparedes o paso a paso e seguro que poderedes inventar a vosa propia maqueta.

23 may 2022

CONTACONTOS

En Educación Infantil lemos“¿Qué haces despierta, Rigoberta?”, escrito por Lucía Mojón e ilustrado por Nanna Garzón, de Serendia Ediciones. 

Rigoberta é unha xirafa, pizpireta, cariñosa e moi dormilona, que vive na sabana acompañada doutros animais. Sen embargo, unha noite pasa algo: os seus olliños están cansos pero o sono non da chegado, que poderá facer?

Os seus amigos, ao vela, pregúntanlle sorprendidos: Que fas esperta, Rigoberta? E aínda que tentan axudala cos seus millores consellos, tomar un vaso de leite quentiño, un baño relaxante, contar ovelliñas,... pero o sono segue sen aparecer.

Conseguirá finalmente dormir???

Ao final do libro hai unha serie de propostas de actividades sobre estos animais que están en perigo de extinción.

Un conto sobre a amizade, a xenerosidade e o amor pola lectura.

Lucía, que é mestra, e non puido acompañarnos, preparounos con moito agarimo un vídeo sobre esta historia que compartiu con nós. Moitas grazas por contarnos esta fermosa aventura!!!

Agradecer tamén a Anpa que fixo posible a actividade!!!

19 may 2022

POLO CORREO DO VENTO

Recibimos a visita do colectivo  Polo Correo do Vento, que realizaron unha actividade de animación á lectura dedicado a FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, homenaxeado polo Día das Letras Galegas.

Fixeron un pequeno percorrido pola vida de Florencio, recollido no libro “De Valdeorras a México. Terra a nosa!”, de Lela Edicións, con ilustracións de Tania Solla.

A actividade, musicada e en lingua de signos, desenvolveuse en dous momentos: un primeiro, na que contaron e ao mesmo tempo ía debuxando un mural e despois, un obradoiro, no que da man de Carlos e, pasiño a pasiño, fomos debuxando ao autor homenaxeado, fomentando así a creatividade do alumnado.

Quedaron de agasallo para o centro as ilustracións feitas. Grazas por esta fermosa xornada!!! 

O noso agradecemento a Anpa que fixo posible esta actividade!!!

17 may 2022

LETRAS GALEGAS 2022

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN (1903-1987) homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022.

Poeta, articulista, crítico literario, editor, traductor… Levou a cabo unha importante labor en prol da cultura e da lingua galega.

Recursos para coñecer a súa figura premendo nas seguintes imaxes:

PRIMAVERA DAS LETRAS

SEMINARIO GALÁN

O PORTAL DAS PALABRAS

AS LETRAS DE FLORENCIO

O PORTAL DA LINGUA

LIBROS que nos achegan a súa vida e obra

16 may 2022

CONTACONTOS CON ÁNGELES ESCRIBANO

O mércores 11 de maio recibimos a visita de ÁNGELES ESCRIBANO, mestra xubilada, na súa faceta de contacontos, que realizou unha actividade de animación á lectura para 1º e 3º de Primaria.

Acompañada de Lupo e Igor, as súas mascotas, chegou cargada coa súa biblioleta. De aí saíron fermosos contos  como “Palabras de corazón” e  “O león e a máscara” cos que reflexionamos sobre o respecto e a importancia de ser cada un como é.

O alumnado de terceiro interpretou unha pequena representación a partir do conto “Siete ratones ciegos”.

Rematamos vendo e escoitando fermosos poemas, “Soleando” de An Alfaya, e “La Alfombra Mágica” de Juan Carlos Martín Ramos.

Moitas grazas Ángeles!!!

15 may 2022

AS FAMILIAS CONTAN II

Continuamos coas contadas en Familia. Moitas grazas por acompañarnos e compartir con nós o voso tempo e lecturas!!!

Nesta semana do 9 ao 13 de maio CONTARON...

Ana, nai de Emma, 5º Edº Infantil

 "Carabuñas"

Amanda, nai de Antón, 6º Edº Infantil

"Mis vecinos los piratas"

Loreto, nai de Teo, 5º Edº Infantil

 "El cocodrilo que vino a cenar"

Shamtau, nai de Alfonso, 1º de Primaria

 "O Grúfalo"

Lola, avoa de Mael, 5º Edº Infantil

 "¿Un ratón?"

Carolina, nai de Maxi, 2º de Primaria

 "El último árbol"

12 may 2022

VISITA DE IAGO LÓPEZ

Hoxe recibimos na nosa biblioteca ao escritor e contacontos IAGO LÓPEZ.

É autor do libro “Marosa e Mariña camiñan a Compostela”, que forma parte do itinerario lector deste curso para 1º de Primaria.

Iago, caracterizado para a ocasión como un peregrino, contounos as aventuras da osa Marosa e da toupiña Mariña, as únicas que podían arranxar a corda que suxeitaba o botafumeiro da Catedral de Santiago e como emprenden o camiño a Compostela para axudar a que todo esté listo para recibir as agardadas visitas.

Desfrutamos e pasamos unha sesión moi amena e divertida!!! 

Tamén lle ensinamos o mural cos debuxos feitos entre todos e todas sobre esta historia, que nos fixo reflexionar sobre a importancia de coidar o entorno do Camiño (reciclaxe) e os seus valores.

Rematou este encontro asinando os libros.

Grazas Iago pola túa visita e agardámoste pronto!!!

10 may 2022

RETO MAIO

Xa non queda nada!!! Estamos a piques de chegar ao noso destino, Compostela!!! E o noso camiño chega ao seu fin!!!

Durante todos estes meses aprendeches moitas cousas sobre o Camiño de Santiago (símbolos, lendas, natureza, receitas, entroido,…).

Maio é o mes das Letras Galegas e, por iso, terás que inventar unha breve historia que teña como protagonista algún dos elementos do Camiño: un  personaxe de lenda, símbolos, que suceda nunha vila da ruta que traballades,…

Podes facer a historia por escrito, con debuxos ou gravarte en vídeo,… o importante é que sexa en GALEGO.

Podes entregala na biblioteca ou enviala ao noso correo bibliotecaseisdonadal@gmail.com

Agardamos as vosas historias!!!Bo Camiño!!!