20 dic 2020

GUÍA DE LECTURAS DE NADAL

Un ano máis, por estas datas, achegamos a nosa Guía de Lecturas. Sempre enviamos ás familias un tríptico impreso e en cor pero este curso, coa situación que estamos vivindo, decidimos que fose dixital e noutro formato diferente.

Estos son os libros que traballaremos con cada clase á volta de Nadal.

Non vos esquezades de pedir nas vosas cartas aos Reis Magos, Papa Noel ou o Apalpador un libro. Seguro que lles encantará!!!

Colabora co comercio local e merca nas librarías da zona!!!

Neste Nadal agasalla Libros!!!

Guía de Lecturas Nadal 2020 de Biblioteca Seis do Nadal

16 dic 2020

TIPOS DE BAILE

Hip-hop, salsa, vals, ballet, breakdance, flamenco, claqué, muiñeira,… foron algúns dos tipos de baile que escollestes para completar o reto de novembro.

Na seguinte presentación as vosas aportacións!!!

 

13 dic 2020

O APALPADOR: LECTURAS

O Apalpador, de profesión carboeiro, mora nas devesas das montañas do Caurel e outras serras orientais de Galicia, e nos días do inverno baixa ás aldeas e vilas dos vales para achegarlles aos nenos e nenas, castañas e agasallos feitos a man.

Ao Apalpador gústanlle máis os xoguetes feitos á man con materiais naturais como a madeira ou o barro, cheos de cariño e respectuosos co medio ambiente, que aqueles de plástico, automáticos e con pilas que gastan moita enerxía e empobrecen aos nenos e nenas doutras partes do planeta.

No blog da Equipa de Dinamización da Lingua Galega “O Fiadeiro” tedes máis información e recursos para profundizar no tema.

Selección de Lecturas que temos na biblioteca.

Videocontos e conto en pictogramas sobre este personaxe do noso Nadal.

O Apalpador de Biblioteca Seis do Nadal

3 dic 2020

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe, 3 de decembro, é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

No ano 1992 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 3 de decembro como Día internacional das Persoas con Discapacidade. O obxectivo é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.

O lema deste ano é "Participación e o liderado das persoas con discapacidade: Axenda de Desenvolvemento 2030"

Céntrase no apoderamiento das persoas con discapacidade para un desenvolvemento  inclusivo, equitativo e sustentable, como se pedía na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable, que se compromete a "non deixar a ninguén atrás" e considera a discapacidade como unha cuestión transversal na implementación dos seus 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable ( ODS).

Selección de lecturas e vídeos para reflexionar e sensibilizar de que todos e todas somos únicos e diferentes e que temos moito que aportar aos demais, promovendo a inclusión, a igualdade e a diversidade.

Día Internacional da Discapacidade de Biblioteca Seis do Nadal

2 dic 2020

RETO DECEMBRO

Un bailarín ou bailarina terás que facer se o terceiro selo queres conseguir!!!!

Segue un dos seguintes titoriais e fai a túa bailarina ou bailarín. 

https://www.youtube.com/watch?v=b5h_guXTLk0

https://www.youtube.com/watch?v=TIUAImehZ90

Tamén podes inventar o teu propio ou facer o recortable

https://www.cuentocuentos.org/recortable/14/bailarina.html

Agardamos as vosas respostas!!!

29 nov 2020

ACTIVIDADES #25N

Estivemos realizando diversas actividades  sobre o 25 N, data que todos e todas desexaríamos eliminar do noso calendario,… dialogando e reflexionando sobre a importancia de educar na igualdade  e no respecto aos demais .

Montamos unha exposición con libros sobre esta temática que estiveron a disposición do profesorado para poder traballar con eles nas aulas.

Preparamos  os nosos colgantes  e  saímos ao patio bailando ao ritmo da canción Yo solo quiero bailarreivindicando o NON contra a violencia.


22 nov 2020

#25N: LECTURAS POLA IGUALDADE

Achégase o 25 N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. 

Dende o equipo de biblioteca fixemos unha selección de lecturas que contribúen a educar en igualdade e no respecto hacia os demais.

12 nov 2020

O BAILE NOS CADROS

Primeiro reto conseguido. Éxito!!! Na seguinte presentación os cadros nos que o baile é o protagonista. Grazas pola vosa participación!!!


11 nov 2020

13 DE NOVEMBRO: DÍA DAS LIBRARÍAS

O 13 de Novembro celébrase, desde o ano 2011, o Día das Librarías, promovido por CEGAL e a Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte. En Galicia está incluido no Calendario do Libro e da Lectura e conta co apoio da Federación de Librarías de Galicia.

Desde Cegal sinalan que ”…queremos mostrar que somos espazos próximos, modernos e en continua evolución para xerar cultura, e crear comunidades en torno ao libro e a lectura”.

Este é un bo ano para reivindicar, unha vez máis, as librarías de proximidade, espazos que van máis alá da venda de libros, transformándose en motores culturais da comunidade. Librarías con profesionais que entenden a literatura como algo non supeditado ás modas. Libreiros e libreiras que consiguen o imposible, que nos axudan a conformar unha colección rigorosa nas nosas bibliotecas. Librarías que son espazos de acubillo para alumnado e familias, con múltiples actividades compartidas.

FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES