Este curso
traemos unha nova actividade que desexamos que vos guste e a sigades mes a mes.
Estade ben atentos e atentas porque todos os retos publicaranse neste blog.
Cada mes, propoñeremos un reto para facer nos vosos fogares. Se o logrades, conseguiredes por cada reto un selo. Cando completedes o voso
pasaporte, ademais de ser uns/unhas grandes detectives recibiredes unha
sorpresa.
Animádesvos???
Os retos estarán vinculados ao proxecto anual, o baile.
Aquí, o primeiro reto,
agardamos as vosas respostas. Ánimo!!!
Desde 1997, cada 24 de outubro celebramos o Día
da Biblioteca, unha iniciativa impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, en
colaboración co Ministerio de Cultura e todas as Administracións autonómicas.
A Dirección Xeral do Libro e Fomento da
Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria,
impulsa a celebración do Día das Bibliotecas,este 24 de outubro de 2020. A edición deste ano, baixo o lema "Bibliotecas, sempre ao teu carón"céntrase en destacar o importante papel que
xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao
entretemento en calquera lugar e circunstancia." Trátase
de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias
tan complexas como as que estamos a vivir.
As
bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha
ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e
apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que están sempre ao noso carón.
A
biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os
nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras,
que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses
lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses
lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.
O Día das Escritorasé unha iniciativa promovida pola Biblioteca
Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres
Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación
Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das
escritoras a través da historia.
Esta celebración lévase a cabo o luns máis próximo á festividade de Teresa
de Jesús, o 15 de outubro.
AV Edición celébrase este ano 2020, o 19 de outubro, baixo o lema “O esforzó
cotián das mulleres”.
“Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miudo
esporeada por unha conciencia esencial do esforzo”, como explica Elvira Lindo,
comisaria desta edición 2020.
Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das
escritoras galegas, ben a través dunha exposición de libros, ben lendo
fragmentos dos mesmos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura, a
través de actividades de investigación, exploración ou creación…
“Tócanos facer as cousas ás agachadas, que
non se note que estamos, porque somos invisibles como o ar. O que non saben, ou
non pensan, é que o ar se coa en todos os recantos precisamente porque non se
ve. Así facemos nosoutras.”
XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA
ESCOLARé olema que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade propón
ás Bibliotecas Escolares Galegas para este curso 2020/2021.
Quere poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar
para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que
programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa.
Cada libro que o alumnado ten a oportunidade de ler é unha ocasión
para ampliar a súa imaxinación e aumentar os seus coñecementos, de aí a
importancia da selección de lecturas que se pon ao seu alcance.
A ilustradoraBea Lema interpreta o lema e nos ofrece unha
imaxe evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e
construir.
Convida a explorar todas as posibilidades da lectura: en calquera
soporte, en calquera formato, con calquera finalidade; lecturas textuais e
icónicas; imaxes fixas e en movemento; lectura de gráficos, planos, mapas ou
infografías; lecturas individuais e lecturas compartidas, en silencio ou en voz
alta; lecturas de ficción e de información; lectura libre e guiada; lectura que
nos axude a comprender mellor o noso mundo e a lectura que nos axude a entender
o mundo dos outros…
Hoxe celebramos oDía Mundial dos Océanos. O
obxectivo é recordar o papel dos océanos na nosa vida cotiá, as accións para
protexer o océano e utilizar os recursos mariños dunha maneira sostible.
Os
océanos, verdadeiros pulmóns do planeta, son unha fonte importante de alimentos
e mediciñas e unha parte esencial da biosfera .
Video sobre a importancia
dos océanos
O lema deste ano 2020 é“Innovación para un océano sostible”.
Os residuos e o lixo, fundamentalmente
plásticos, que circulan polas superficies e que son arrastrados as súas
profundidades están a ocasionar un impacto sobre os ecosistemas mariños, a
fauna e sobre a nosa propia vida.
-Nos
últimos 40 anos, a cantidade de lixo mariño -só na capa superficial- aumentou
en máis dun 100%.
-O
plástico representaentre o 60 e 90% de
todos os refugallos mariños, coa particulariedade de que este material tarda
máis de 400 anos en descompoñerse no medio mariño.
-Calcúlase
que 13 millóns de toneladas de residuos plásticos acaban nos océanos cada ano, cifra
que equivale a verter no mar un camión de lixo cheo de plástico cada minuto. O
85% do lixo marítimo ten a súa orixe en terra.
RECOMENDACIÓNS LECTORAS (Preme nas imaxes)
PLASTICUS MARITIMUS.Unha especie invasora
Escrito
por Ana Pégo e Isabel Minhós Martíns. Ed. Kalandraka
É unha fermosa guía de campo para concienciar sobre a contaminación
por plástico e sensibilizar para un uso racional do mesmo
XELÍS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR
Escrito por Rosa Aneiros, ilustrado por Andrés
Meixide, Premio Merlín de Literatura Infantil 2019. Ed. Xerais.
Unha aventura para
poder salvar os océanos, na que os personaxes emprenderán a dura tarefa de
atrapar a illa de plásticos para evitar a desfeita ecolóxica do planeta.
O LIBRO DOS OCÉANOS
Escrito por Esther Gonstalla. Catroventos
Editora.
Un retrato detallado que nos
permite comprender mellor as relacións que existen entre a actividade humana e
os cambios que sofre o mar, un retrato que, alén de convidar á reflexión, se
converte nun recurso para a acción.
INVENTARIO ILUSTRADO DOS MARES
Escrito por Virginie Aladjidi. Ed. Kalandraka
Unha guía da rica biodiversidade
mariña que reúne un centenar de animais e plantas, algúns en perigo de
extinción.
Este é o resultado das propostas que plantexamos para facer os maios e as coplas. Uns maios diferentes e confinados feitos con materiais diversos, de reciclaxe,... que tiñades nos vosos fogares.
Bibliotecas Escolares publica a guía 15 anos de LIX Galegana que se recolle unha
selección dos libros que tiveron unha maior presenza nas bibliotecas escolares
galegas nestes primeiros quince anos do PLAMBE, que acompañaron ao alumnado
galego no seu paso pola escola e polo instituto neste período e que,
finalmente, teñen o recoñecemento das lectoras e dos lectores galegos.
Non están todos pero todos os que están son referentes de
lectura e forman parte do imaxinario do lector e da lectora que foi medrando
xunto coa rede de bibliotecas escolares galegas.
Son títulos que tiveron recoñecemento a nivel
galego, a nivel estatal e a nivel internacional. GUÍA 15 anos de Lix Galega DÍPTICO FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES
Unha das
actividades que plantexamos para a Semana da Letras Galegas foi facer entre todos
e todas O Muro das Palabras Xeitosas utilizando tetrabriks como base e creando
no mesmo unha Palabra en Galego que para nós fora especial. Este é o resultado das vosas aportacións. Moitas grazas pola vosa participación!!!