18 mar 2018

VISITA DE PACO NOGUEIRAS

O  alumnado de educación infantil disfrutou  dos  contos, música e  cancións de PACO NOGUEIRAS que nos visitou o pasado 14 de marzo.
Despois de recibir  unha carta comunicándonos a súa visita estivemos  facendo uns debuxos  e escribimos palabras  para darlle a benvida : música, risas, alegría, contos, baile!!!!
Presentounos  o seu novo libro disco "Radio Bulebule" e as historias que compartiu con nós foron "Nunú xoga", "Grisela" e "A horta de Simón". Grazas Paco!!!

5 mar 2018

SEMANA DA PRENSA

Do 5 ao 9 de Marzo celébrase a Semana da Prensa.
É unha conmemoración que aparece recollida no Calendario Escolar dende 1989 co fin de integrar os medios de comunicación na escola.

Os xornais serán a nosa ferramenta de traballo fomentando a súa lectura, a procura de información, a súa comunicación e permitiranos traballar as distintas competencias.

Na biblioteca atoparedes prensa variada (local, rexional, deportiva,..) e libros sobre o tema.

Recursos

El periódico y la noticia
 Programa Prensa-Escuela 
No lateral dereito do blog  co título  " KiosKo-Prensa" tedes un enlace permamente aos principais xornais en formato dixital.

4 mar 2018

LECTURAS EN FEMININO

Achégase o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, e a biblioteca fai  unha selección de lecturas para dar a coñecer mulleres galegas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos.

Colección "Mulleres Bravas da nosa historia"
 Urco Editora
Colección "MULLERES GALEGAS
Lela Edicións
"PIONEIRAS
 Ed. Xerais
E outros libros nos que as protagonistas son mulleres, nenas,....que contan as súas historias, viven aventuras, reivindican os seus dereitos,... e que nos permiten unha reflexión sobre o tema.
Podedes atopalas en exposición na biblioteca.

23 feb 2018

#AbrideAfiestra: DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro sumámonos á actividade proposta pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e durante toda esta semana estivemos preparando esa data para achegarnos á figura da nosa ilustre poetisa.

Abrimos as fiestras a Rosalía!!!!
Foron diversas as actividades que realizamos tendo presente o proxecto anual de centro Emocionarte.

Exposición de libros da autora
En Educación Infantil
Entregouselles unhas fiestras abertas  cunha representación iconográfica de Rosalía que  pintaron ao estilo pop-art , fixeron debuxos de Rosalía e retratos picassianos. Que grandes artistas!!!
En Primaria
Tendal poético de Rosalía
Mural feito con follas de diversas formas nas que escribiron  versos e palabras significativas.
"Rosalía, Superheroina cotiá da lingua galega"
A partir do artista galego Joseba Muruzabal que fai arte urbano (no seu traballo de avoas heroinas) , caracterizaron a Rosalía como unha heroina nos traballos cotiás.
Poema traballado en pictogramas"Adios ríos, adios fontes"
Avións de papel con versos de Rosalía
Marcapáxinas 
En música traballaron o poema "Rosalía Pequeniña" que un grupo de alumnos cantou  para o resto do centro. Fixérono xenial!!

18 feb 2018

ROSALÍA DE CASTRO: RECURSOS

Recompilación de recursos para achegarnos á vida e obra de Rosalía.

Fundación e Casa Museo Rosalía de Castro
Recompilación da Biblioteca Outeiro de Matilda
Minilibro sobre a vida de Rosalía do
 Ceip Plurilingüe Profesor Albino Núñez


Lim do Ceip Nosa Señora das Dores Forcarei


Selección de poemas de Rosalía editado polo Concello de Vigo

Canción con pictogramas elaborado polo Ceip  Plurilingüe "Anxo Da Garda". Poema : "Adios ríos, adios fontes".



17 feb 2018

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2018

Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.
O 24 de febreiro terá lugar o acto central do Día de Rosalía.
Alén deste acto central, a AELG, en colaboración coa súa base asociativa, organiza lecturas públicas da obra de Rosalía de Castro.
En todos estes actos lerase o tradicional manifesto da AELG, que este ano elaborou a escritora María Reimóndez.
Para expandir o poder da palabra de Rosalía de Castro entre a xente nova, a AELG convida a celebrar o Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra, ideadas a partir do manifesto da AELG.
                         #AbrideAFiestra  
Para Educación Infantil e Primaria propón que despois de facer un repaso da figura literaria da autora e dalgunhas lecturas que dean conta da pluralidade significativa da súa obra, o venres 23 de febreiro, cada alumno/a elabore nun soporte que poida ser pendurado nunha fiestra ( tea, cartolina ou similar), algún elemento iconográfico de Rosalía de Castro e/ou trascriba os seus versos soltos ou poemas para darlles luz e tentar facelos visibles.

Fonte: AELG

3 feb 2018

MANDADIÑOS DO MECO


Xa estamos no Entroido e con el os Mandadiños do Meco.
 Para a semana do 5 ao 9 de febreiro teremos que vir como el manda!!!
Grazas pola vosa colaboración!!!

2 feb 2018

DÍA DA PAZ 2018

Celebramos o Día da Paz cun acto colectivo. Despois do recreo e vestidos de cor amarela, fomos ao  pavillón  e,  colocados  en círculos,  cantamos e bailamos a canción "Girasoles" de Rozalén seguindo a coreografía que prepararon na aula de música.
Os  representantes  de cada clase foron colocando nuns taboeiros  os  xirasois que fixeran e que contiñan   frases coa letra da canción decoradas con caligramas, pictogramas,...


Rematamos facendo a lectura do Decálogo pola Paz.

Ao longo da semana pasada estivemos traballando e preparando o día da paz con lecturas, fixemos murais coas pombas que pintamos, poemas,...
O día 30, no martes de conto, alumnas/os de terceiro contaron "O  carameliño sen cor e sen sabor", unha historia que conta a tristeza dun pequeno caramelo que consegue coa axuda dos seus amigos a cor e o sabor que lle faltaban. Un libro que fala de amizade, compañerismo, solidariedade.