29 mar 2017
27 mar 2017
IAGO LÓPEZ VISITA O SEIS
O martes 21 contamos
con Iago López , contacontos e autor do libro "O Cociñeiro Martiño".
Iago, transformouse no cociñeiro Martiño, o protagonista do seu libro, para facer disfrutar ao alumnado de 1º e 2º.
Nunca cinco ingredientes e a elaboración dun biscoito deron tanto de si.
"No palacio real andan
buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha persoa que saiba guisar, asar
e cocer para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e
condicións… Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero antes
debe conseguir os ingredientes que precisa".
Para elo contou coa
axuda e a colaboración dos nenos e nenas que se convertiron nos personaxes da historia.
Grazas pola túa
visita!!
26 mar 2017
PRIMAVERA DAS LETRAS
A
Real Academia Galega acaba de poñer en marcha a segunda edición do proxecto web
Primavera das Letras, unha iniciativa
coa que pretende fornecer a comunidade educativa de infantil e primaria de
recursos didácticos e lúdicos arredor do protagonista do Día das Letras Galegas
de cada ano. Co propósito de que todos os potenciais usuarios e usuarias poidan
coñecer esta ferramenta.
Carlos Casares, o escritor que será homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2017, e o
seu universo vital e literario son o eixe das propostas didácticas deste ano.
Un dos obxectivos de Primavera das Letras é promover que a aprendizaxe arredor
desta celebración non se limite aos días previos ao 17 de maio. Deste xeito,
desde finais do mes de febreiro estanse a publicar novas fichas didácticas e
contidos interactivos.
A
web da Academia, academia.gal, recolle na sección Letras Galegas un percorrido
biográfico e imaxes da vida de Carlos Casares, e tamén ofrecerá durante estes
meses reportaxes e entrevistas sobre a figura homenaxeada.
Fonte:RAG
12 mar 2017
XVIII SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Dende o 10 de marzo ata o 2 de abril desenvólvese,
no Pazo de Cultura de Pontevedra, o XVIII
Salón do Libro Infantil e Xuvenil, este
ano baixo o lema "O mundo que queremos".
O lema, lonxe de ser unha utopía,
pretende aunar aportacións reais, tanxibles e factibles para
construir ese mundo mellor. Englobando temas como o coidado do medio ambiente, a saúde, a integración e a igualdade, cuestións como accesibilidade e a mobilidade, o respecto , a
inmigración ou a vellez, a solidariedade, a investigación en
todos os seus ámbitos etc.
Son diversas as actividades abertas
a todos os públicos: contos, espectáculos, teatro,....
HORARIO
De luns a venres: De 17:00 a 20:00 h.
Os sábados, domingos e festivos: De 11:00 a
14:00 e de 17:00 a 20:00 h
Todo o programa, aquí.
19 feb 2017
MANDADIÑOS DO MECO
un home viaxeiro
todo emocionado
de ver o mundo enteiro"
Neste Entroido emocionante e viaxeiro imos ver que manda o Meco
18 feb 2017
ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS
O 14 de
febreiro recibimos a Ledicia Costas. Tivo un encontro
co Club de lectura,16 alumnos/as de 6º de primaria: tocaba posta en común coa
súa obra "Escarlatina, a cociñeira defunta".
Preparamos especialmente a súa visita: unha das alumnas caracterizouse como Escarlatina, outros fixeron debuxos dos personaxes, outros prepararon algunhas receitas do seu libro,..
E conseguimos sorprendela, pois nada máis ver a caracterizada de Escarlatina quixo fotografarse con ela.
O encontro tivo lugar na sala Rosalía, onde a agardaban as receitas elaboradas polos membros do club de lectura.
Descubrimos moitos dos seus segredos: que lle fascina a temática relacionada coa morte, que é moi larpeira, que escribe dende os trece anos,.....contounos anécdotas e poidemos facerlle todas aquelas preguntas sobre os personaxes, as ilustracións,...que levabamos preparadas.
Anticipounos que xa está traballando no seu próximo libro que terá que ver cunha tradición nosa ,o samaín.
Houbo tempo tamén para asinar no libro de visitas do centro e nos exemplares de Escarlatina e Esmeraldina.
E, coma sempre que nos visita, soubonos a pouco.
Moitas grazas Ledicia por compartir connosco o teu tempo e achegarnos a túa experiencia literaria. Ata a próxima!!
Preparamos especialmente a súa visita: unha das alumnas caracterizouse como Escarlatina, outros fixeron debuxos dos personaxes, outros prepararon algunhas receitas do seu libro,..
E conseguimos sorprendela, pois nada máis ver a caracterizada de Escarlatina quixo fotografarse con ela.
O encontro tivo lugar na sala Rosalía, onde a agardaban as receitas elaboradas polos membros do club de lectura.
Descubrimos moitos dos seus segredos: que lle fascina a temática relacionada coa morte, que é moi larpeira, que escribe dende os trece anos,.....contounos anécdotas e poidemos facerlle todas aquelas preguntas sobre os personaxes, as ilustracións,...que levabamos preparadas.
Anticipounos que xa está traballando no seu próximo libro que terá que ver cunha tradición nosa ,o samaín.
Houbo tempo tamén para asinar no libro de visitas do centro e nos exemplares de Escarlatina e Esmeraldina.
E, coma sempre que nos visita, soubonos a pouco.
Moitas grazas Ledicia por compartir connosco o teu tempo e achegarnos a túa experiencia literaria. Ata a próxima!!
16 feb 2017
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2017
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como
aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que
agasalle un libro en galego e unha flor.
Alén do
acto central, que terá lugar ás 12:00 do domingo 19 de febreiro no Panteón de
Galegos Ilustres, a AELG en colaboración coa súa base asociativa está
organizando por todo o país lecturas públicas da obra de Rosalía de Castro.
En todos estes actos lerase o tradicional
manifesto da AELG, que este ano elaborará a escritora Ledicia Costas.
En Vigo
Para
expandir o poder da súa palabra entre a xente nova, a AELG convida a celebrar o
Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con estas accións colectivas de
difusión da súa obra.
Para Educación
Infantil e Primaria a AELG propón que cada alumna/o elabore unha máscara de
Rosalía de Castro. Posteriormente faríanse fotos do alumnado caracterizado
de Rosalía acompañado das súas persoas maiores, portando entre ambos un pequeno
cartel cun verso rosaliano da escolla da alumna ou alumno. A documentación
gráfica sería subida á rede polo centro de ensino antes do 24 de febreiro, coa
etiqueta #RosalíaTe.
Fonte: AELG
Fonte: AELG
14 feb 2017
LIBROS NOVOS
Estas son as novidades deste mes de febreiro que están en exposición na biblioteca e que xa podedes levar en préstamo para as vosas casas.
Agardamos que vos gusten!!!!
13 feb 2017
DÍA DA PAZ 2017
O luns 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz co lema
"Tod@s baixo o mesmo sol"
Ao
longo desa semana desenvolvemos actividades relacionadas co tema con lecturas, cancións, escribimos a palabra paz en varios idiomas, debuxos, mensaxes, ...
traballando valores como a amizade, solidariedade, respeto, compromiso, axuda,
convivencia, ...e recordando a necesidade da Paz no mundo.
Ilustramos a canción "Beixo, abrazo e apreixón" de Mama Cabra.
Con camisetas brancas e calcetíns pintados coas cores do arco da vella xuntámonos no pavillón para cantar "El mismo
sol".
Entre todos/todas montamos un mural en forma de sol cos nosos sorrisos.
30 ene 2017
DÍA DA ILUSTRACIÓN 2017
O
día 30 de xaneiro, coincidindo co nacemento de Daniel Rodríguez Castelao,
celébrase o Día da Ilustración.
As
bibliotecas públicas galegas organizan diversas actividades: obradoiros de cómic
e ilustración, exposicións, mostras bibliográficas,...
(Preme
na imaxe para acceder á programación)
Este ano, como novidade, iníciase unha serie de homenaxes a
autores históricos galegos que comeza co debuxante, caricaturista e humorista
gráfico Álvaro Cebreiro (A Coruña, 1903-1956).
A AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) elaborou un
vídeo para a difusión da súa vida e obra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)