Poesía, contos, música,.... son as nosas
recomendacións para que pasedes unhas boas vacacións e unhas lecturas moi, moi
refrescantes!!!! Feliz verán!!!
21 jun 2018
GUÍA LECTURAS PARA O VERÁN
No monte ou na praia, ao sol ou á sombra,... calquera
espazo, calquera momento é bo para coller un libro e desfrutar da súa lectura
neste verán.
18 jun 2018
ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA
Este
curso chegaron á nosa escola
seis pequenos robots co propósito de
levar a cabo unha auténtica revolución. Foron quen de facelo? …atent@s
Para
comezar, fíxose unha charla para todo o profesorado que tiña como finalidade ver
qué eran estes pequenos robots, qué significaba a palabra Escornabot, que
posibilidades e emprego podíamos darlle no noso traballo, coñecer algunhas
actividades, experiencias e propostas que xa se levaban a cabo e eran unha
realidade noutros centros. Para rematar esta primeira xornada presentamos un dos pratos fortes do noso proxecto: As
Semanas Robóticas. Por agora todo un éxito, xa que todo o profesorado mostrouse
interesado e participativo.
As
semanas robóticas tiñan como obxectivo
que todo o alumnado coñecera os Escornabots e ver a implicación con eles. Para
ela organizouse un traballo en cadea coas diferentes aulas, na que os
rapaces e rapazas, explicarían uns a outros que son os Escornabots e a súa filosofía:
-Faino ti mesmo…e faino con outros, montarían os Escornabots, farían
taboleiros, poderían xogar, creación de carcasas e cada clase elixiría un nome
para os diferentes robots. Comezou o alumnado de 3ºB, e foron dende 6º aos máis
cativos de 3 anos.
Rematamos
as Semanas Robóticas cunha votación por todo o alto na biblioteca para elixir
os seis nomes definitivos, os axudantes de biblioteca tomaron rexistro,
recontaron votos e acta de todo os participantes. Polo que os nosos Escornabots
xa tiñan cadaquén o seu nome: R2D2, ALBONDIGUILLA, TERCIBOT, PUPABOT, LILI, BAT ….
Posteriormente, volvémonos xuntar todo o profesorado para coñecer os resultados da
avaliación das semanas robóticas, na que tod@s concluimos que fora todo un
éxito, todo o alumnado participou moi activamente e moi motivado, quedándolle
ganas de máis. Nesta xuntanza, o profesorado tamén puido practicar con
diferentes xogos, feitos polo equipo da biblioteca, e coñecer a ubicación que, tanto xogos como robots, terán para o seu emprego co alumnado.
E así
chegaron para quedarse os Escornabots no noso colexio. Agora todo o profesorado
e alumnado, na súa hora de asignación da Biblioteca, pode empregar e traballar
con estes pequenos robots, Escornabots, que si revolucionaron polo menos
durante unhas semanas a vida da nosa escola e que tod@s esperamos que de cara ao curso que ven sigan a conquistar aos nosos alumnos e alumnas e lles axuden a
aprender mellor, a aprender diferente, a aprender a través do xogo e as
tecnoloxías. Seguide atentos ao noso blogue!!!!
14 jun 2018
CADERNOS VIAXEIROS
A viaxe das mochilas chegou ao seu fin e xa están na nosa biblioteca.
Os materiais que proporcionamos tiñan por obxectivo
desenvolver a imaxinación, despertar as emocións e favorecer as súas propias
obras de arte.
-Receitas, para favorecer a
creatividade na cociña.
-Poesía, para inspirar e crear
arte con ritmo e movemento.
-Comics, para imaxinar e crear
historias con personaxes fantásticos.
Con dúas propostas:
-Convidamos a ser LANDARTISTAS: facer creacións con paus, pedras,
froitos,... e outros elementos da natureza (land-art), facerlle unha foto e
pegala no caderno para que todos e todas poidamos desfrutar desa creación.
-PINTAR, empregando diferentes técnicas en función do nivel, Miró (debuxo
automático) para infantil, 1º e 2º, Matisse (pintura con tesoiras) para 3º e
4º, Andy Warhol (litografías) para 5º e
6º.
11 jun 2018
LECTURAS COMPARTIDAS NA BOUZA
Este
é o terceiro curso que realizamos unha actividade de lectura compartida co Cep
Celso Emilio Ferreiro.
O
lugar escollido é o parque da Bouza, preto dos dous centros.
Os maiores
de terceiro do
Celso leron aos de infantil de tres anos do Seis.
Buscaron un
recanto para ler comodamente e desfrutar da merenda e dun tempo de
xogo. Pasámolo moi ben!!!
O remate da xornada foi o
intercambio de marcapáxinas!!!