31 mar 2014

INVITAD@S NA BIBLIOTECA EN ABRIL

Invitad@s na biblioteca no Mes de Abril,mes dos libros e da lectura:
Anxo Moure, Inacio Vilariño, Anxo Fariña, Silvestre Gómez Xurxo, Alicia Borrás, Miro Magariños e Fran Alonso.
 

29 mar 2014

2 DE ABRIL,DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Dende 1967,o 2 de Abril ,coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen ,o IBBY  promove a celebración do  "Día Internacional do Libro Infantil".

Cada ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto a autores de diferentes países. O texto "Carta aos nenos do mundo"   é da escritora e editora irlandesa Siobhán Parkinson , e a imaxe é da ilustradora irlandesa  Niamh Sharkey.
 
GALIX ,a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil ,e a  OEPLI ,Organización española para o libro infantil e xuvenil, difunden este material.

24 mar 2014

27 DE MARZO,DÍA DO TEATRO

O 27 de marzo celebramos o Día Mundial do Teatro.
Foi creado no ano 1961 polo Instituto Internacional  do Teatro (ITI).
Cada ano,unha figura destacada do teatro escribe a Mensaxe  que é difundida internacionalmente.
Este ano o elixido é o dramaturgo  Brett Bailey.
A mensaxe na seguinte ligazón:
Páxina interesante con moitos recursos
No cole vimos realizando diferentes obras de teatro para celebrar os Festivais de Nadal e de Fin de Curso.
Dende o ano 2004  participamos  no proxecto "Interteatro: pequenos actores nas aulas". Consiste no intercambio de obras de teatro entre diferentes centro de Educación Infantil e Primaria de Vigo.O obxectivo principal do teatro escolar é educar e fomentar o desenvolvemento de habilidades e capacidades persoais e intelectuais a través dunha actividade pedagóxica e lúdica.

No mes de maio participamos nas Xornadas Escolares Municipais de Teatro de Vigo.
Recollemos aquí os carteis dalgunhas obras de teatro que realizamos .

 
 

19 mar 2014

21 DE MARZO,DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE

O 21 de marzo celebramos o Día da Poesía e tamén o Día da Árbore.
Na biblioteca temos exposta  unha selección de libros de poesía
Propoñemos as seguintes actividades:
Decorar a nosa Árbore Poética con poemas de ciencia.
O venres 21, na  Hora de Ler, aproveitando o bo tempo, sairemos ao patio a ler poemas debaixo das árbores. 
Entregaremos unha Mochila Poética por aula con  libros de poesía e actividades.
Poemando ciencia:
-Escoller un dos poemas propostos e ilustralo.
-Facer acrósticos coa palabra ciencia.
O alumnado de 6º plantará tres camelios no Xardín das Lembranzas 
Nas seguintes ligazóns atoparedes recursos para traballar o tema nas aulas:

18 mar 2014

CONTACONTOS

O venres 14 de Marzo,o alumnado de cinco anos realizou unha actividade "A tea de araña", enmarcada dentro do programa de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
 Está baseada no conto de Xoán Babarro,
"A tea de araña que todo o apaña. 
Contaron a historia que aparece recollida no libro e explicaron as características dos diferentes animais que caen na arañeira por medio de figuras de material reciclado.
Despois cada neno  e nena representou a un animal do conto empregando xestos e sons para que o resto dos compañeiros/as o identificaran.
Remataron cunha actividade plástica.
Pasámolo moi ben!!!

17 mar 2014

VISITA DE ANA ALONSO

Hoxe,o alumnado de 2º,compartiu unha sesión coa escritora ANA ALONSO,autora do libro que leron,"UNA CARTA MUY RARA".
Ana falounos de cando escomenzou a escribir, do seu percorrido como escritora, da colección Pizca de Sal, da historia e dos personaxes,....despois, fixéronlle moitas preguntas sobre o libro.
 E como recordo do seu paso polo noso cole fixémoslle entrega dun agasallo,asinou os libros aos alumn@s e tamén no libro de lembranzas.Grazas !!!!
Se queredes saber máis información sobre Ana Alonso entrade na páxina web
 
Lut,o mago das palabras,ten visita.Os Reis Magos viñeron velo!!!Recibiran unha carta moi rara e necesitan a súa axuda para entender o que di.Conseguirá Lut aclarar o misterio????

14 mar 2014

OLLOS DE AULA Nº13 (MARZO)

O Nº 13 DE "OLLOS DE AULA",A REVISTA QUE EDITA A CGENDL PARA AS FAMILIAS ABORDA ESTE MES :
 A IMPORTANCIA DUN BO ALMORZO,AS ADAPTACIÓNS CURRICULARES,LENDO PARA MEDRAR ,RECOMENDACIÓNS PARA LER E PASEAR.
http://www.coordinadoraendl.org/ollosdeaula/Ollos%20de%20aula_n13_version_imprimir_a4_a_dobre_cara.pdf
(PREME NA IMAXE)

13 mar 2014

MARISA IRIMIA E O KAMISHIBAI

Hoxe contamos coa presenza de Marisa Irimia (Ilustradora,contacontos e animadora de lectura), que impartiu unha sesión de Kamishibai para o alumnado de.
Primeiro falounos da orixe do kamishibai,os elementos de que consta,como se colocan as láminas,....e despois contounos dous contos.
Animounos a inventar e escribir contos e historias para contalas en Kamishibai.
Que ben o pasamos!!!!
O Kamishibai , é unha palabra xaponesa que significa "teatro de papel",é unha forma de contar contos moi popular en Xapón.
 
Consiste nun teatriño, con diferentes láminas de papel, e un texto por detrás, que o narrador vai lendo.
Fomenta a lectura e a escritura; incentiva a imaxinacion e a creatividade.

10 mar 2014

XV SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

Salón do Libro Infantil e  Xuvenil de Pontevedra cumpre 15 edicións.
Do 14 de Marzo ao  5 de Abril ,no Pazo da Cultura de Pontevedra, estamos convidad@s  a  degustar un suculento  MENÚ cheo de actividades, contos, espectáculos, obradoiros, presentacións, concertos e moito máis.
http://www.salondolibro.org/
(Preme na imaxe)
A temática deste ano é  COCIÑANDO CONTOS”.A lume lento,como todo o saboroso.Como as receitas das nosos/as avós/oas, cargadas de historias, de grandes xuntanzas en torno a unha mesa,de tradición. De ingredientes de primeira calidade, sementados con traballo e recollidos con esforzo, cociñados con agarimo.
O Programa neste enlace

9 mar 2014

SEMANA DA PRENSA

Do 10 ao 14 de Marzo, celebramos
 "A SEMANA DA PRENSA"
Nas seguintes ligazóns atoparedes recursos e actividades  para traballar o tema nas aulas.
 
BiBlogcañiza
 
http://biblogcaniza.blogspot.com.es/p/semana-da-prensa-do-12-ao-15-de-marzo.html 
Biblioteca "Outeiro de Matilda" 
https://sites.google.com/site/traballamosaprensa/
Biblioteca"O Recanto de Mik"
 
https://sites.google.com/site/recursoseducativostematicos/ 
Durante esta semana haberá na biblioteca prensa variada(local,rexional,deportiva,......)
Lembrade que no lateral dereito do blog  co título    " KiosKo - prensa" tedes  un enlace permamente aos principais xornais en formato dixital.
Lim do "Ceip Cespón"
http://dl.dropboxusercontent.com/u/50994681/prensa/lim.swf?libro=prensa.lim

7 mar 2014

RECURSOS "DÍA DA MULLER TRABALLADORA"

O 8 de Marzo celebramos  o Día Internacional da Muller Traballadora.
http://atlasdossonhos.blogspot.com.es/2012/03/recursos8-de-marzodia-da-muller.html
(PREME NA IMAXE)
Nas seguintes ligazóns atoparedes recursos e moitos materiais para traballar  nas aulas.
 
Orientación Condesa
http://www.pinterest.com/nlg4/d%C3%ADa-internacional-da-muller/
Album de Mulleres Galegas
http://www.culturagalega.org/album/
 
Biblioteca
 "Víctor Sáenz"
https://sites.google.com/site/recursosmullertraballadora/
 
Biblioteca
"Outeiro de Matilda"
https://sites.google.com/site/igualdadecoeducacion/

Unidades didácticas Infantil e Primaria STEG

 

 

   
Bibliotecas Escolares de Galicia
8 de marzo,Día Internacional da Muller
https://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/u2/ndice.jpg

5 mar 2014

ENTROIDO NO SEIS

Por fin chegou o esperado venres de Entroido e o Seis encheuse de deporte : pelotas de baloncesto, tenistas, equitación, variedades deportivas, playmobil deportistas, natación, ximnastas, rugby e animadoras,un espectaculo  cheo de colorido e imaxinación.
Edº Infantil-Pelotas de baloncesto
1º-Tenistas
2º-Equitación
3º-Variedades deportivas
3º-Playmobil deportistas
4º-Natación
5º-Ximnastas
6º-Rugby e animadoras
Xa disfrazad@s baixamos ao pavillón e ao son da música iniciamos o noso desfile. 
A Pancarta
 " Escola pública de tod@s e para tod@s"
 encabezou o noso pasarrúas polo barrio.
De regreso ao cole,lectura do Testamento e queima do Meco que simboliza o noso rexeitamento á Lomce.
E para rematar a festa,degustación de doces típicos deste época (orellas, filloas, flores,...) e BAILONGO !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Grazas a tod@s e ás familias pola  constante colaboración!!!!!
Aquí tedes a nosa reportaxe deste día.Esperamos que disfrutarades tanto coma nós!!! 

4 mar 2014

OBRADOIRO DE COCIÑA DE ENTROIDO

Xa é costume que polo Entroido organicemos un Obradoiro de Cociña. Este curso foron  Carmen,Angeles,Eva e Puri as mestras e cociñeiras que prepararon a receita de ROSQUILLAS.
Previamente cada clase preparou a masa e posteriormente,por grupos,baixaron á entrada onde tiñamos todo organizado:recordamos a receita,os ingredientes,o proceso de elaboración e por último a degustación.
Que boas estaban estas rosquillas!!! Riquísimas!!!! Moitas grazas!!!! 

3 mar 2014

RESUMO DOS MANDADIÑOS

 A semana de entroido foi moi divertida . Dende  o luns estivemos seguindo os mandadiños do Meco que estaban na entrada do cole. Cada día tivemos que traer algo: na cabeza e nos pés,unha camiseta vermella e un lazo no pelo,un pixama e o seu osiño  e rematamos cuns antifaces reciclados.