26 abr 2013

UNHAS PINGAS DE MAIO,UN MAIO DE PINGAS E UN MAIO DO ....SEIS


O  Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do noso centro : “ O  FIADEIRO  quere  solicitarlle unha vez máis a súa colaboración para pedirlle material para facer o luns 29,  o Maio do Seis ( PINGAS DE AUGA ) e espantar os meigallos ata o ano que ven, aproveitando que xa chegou a primavera  e igual hai unha boa fin de semana para saír ao campo a recoller de todo.

           Serven todo tipo de flores: calas, pampillos, margaridas, uces, carqueixas, e moitas xestas. Logo, fiuncho, fentos e outros vexetais para enchelo. Cascas de ovos en boas condicións, cascas de laranxas, bugallos, landras,etc. Se fan cos seus fillos e fillas cadeas de flores ensartadas no fío, estaría moi ben. Se alguén quere escribirnos  unhas coplas tamén serían ben recibidas.Aproveiten para decirlle como se chama todo o material que traen.

                          Facer un debuxo dun maio detrás desta folla –para aproveitar o papel- recortalo  e poñerémolo  nunha exposición na entrada. A botarlle imaxinación.!!!

                   Moitas grazas pola  súa constante colaboración!!!!!!

Cada primeiro de maio, a vexetación sae á rúa en forma de "Maio", unha construción de diferentes formas feita con elementos vexetais en función da zona na que se elabora e que pode ser enxebre ou artístico.

      Os historiadores non conseguen porse dacordo á hora de datar a da orixe dos maios. Hai quen a sitúa no Paleolítico, momento no que xorden os cultos agrarios como hai quen a sitúa no Neolítico, co nacemento da agricultura.

     Aínda que non están moi claras as súas orixes parece indiscutible a celebración do espertar da natureza,a protección de vexetais e animais,o inicio do amor nun contexto dinamizado pola ledicia diante do alborexar da vida nova.

       Os maios acompáñanse habitualmente de coplas cun compoñente satírico que facían relevancia a calquera feito social que acontecese no último ano.



    Coas coplas acontecía igual que coas formas e os materiais de construción dos propios maios, hai moitas estructuras, figuras e variantes.

En Galicia hai varias Manifestacións:

-Manifestacións agrarias
-Manifestacións pecuarias
-Manifestacións mariñeiras
-Manifestacións lúdicas
-Manifestacións amorosas
-Manifestacións cristiás ou cristianizadas

Máis información na páxina de
 GALICIA ESPALLADA

No hay comentarios:

Publicar un comentario