UN MAIO DO .....SEIS
O Equipo de Normalización e Dinamización
Lingüística do noso centro : “ O
FIADEIRO” quere solicitarlle unha vez máis a súa
colaboración para pedirlle material para
facer o luns 30, o Maio do Seis ( A Porta do
Atlántico – As Travesas ) e espantar os meigallos ata o ano que ven
aproveitando que xa chegou a primavera e pode haber unha boa fin de semana para saír ao campo a
recoller de todo.
Serven todo tipo de flores: calas,
pampillos, margaridas, uces, carqueixas, e moitas xestas. Logo, fiuncho, fentos
e outros vexetais para enchelo. Cascas de ovos en boas condicións, cascas de
laranxas, bugallos, landras,etc. Se fan cos seus fillos e fillas cadeas de
flores ensartadas no fío, estaría moi ben. Se alguén quere escribirnos unhas coplas
tamén serían ben recibidas.
Facer
un debuxo dun maio detrás desta
folla –para aproveitar o papel- recortalo
e poñelo nunha exposición na entrada. A
botarlle imaxinación.!!!
Moitas grazas pola constante colaboración!!!!!!
Os historiadores non conseguen porse dacordo á hora de datar a da orixe dos maios. Hai quen a sitúa no Paleolítico, momento no que xorden os cultos agrarios como hai quen a sitúa no Neolítico, co nacemento da agricultura.
Aínda que non están moi claras as súas orixes parece indiscutible a celebración do espertar da natureza,a protección de vexetais e animais,o inicio do amor nun contexto dinamizado pola ledicia diante do alborexar da vida nova.
Os maios acompáñanse habitualmente de coplas cun compoñente satírico que facían relevancia a calquera feito social que acontecese no último ano.
Coas coplas acontecía igual que coas formas e os materiais de construción dos propios maios, hai moitas estructuras, figuras e variantes.
Un pouco de historia sobre "As festas do ciclo de Maio"
En Galicia hai varias Manifestacións:
-Manifestacións agrarias:Alumear o pan(Outes,Rois e Negreira),os ramos(xestas ou codesos nas terras despois de sementalas).
-Manifestacións pecuarias:Enfeitar con flores o gando,as cortes ou apeiros de labranza.
-Manifestacións mariñeiras:Ramos nos barcos ou maios en forma de barco.
-Manifestacións lúdicas:Os arcos(nas prazas e camiños),a árbore de maio(árbore moi alta con pólas só no curuto no que se colgaba un boneco),os maios(maios humanos-persoas cubertas de ramiños e flores-,maios figurados-figuras cónicas ou piramidais cubertas con ramiños e flores,arredor dos cales se cantan coplas-a As Maias-pagás(nenas pedindo froitos e diñeiro) e cristiás(altares engalanados con flores diante da Virxe).
-Manifestacións amorosas:Os primeiros días de maio eran moi axeitados para o amor e a galantería.Os mozos fanlle as beiras ás mozas e namóranas.
-Manifestacións cristiás ou cristianizadas:O Santoral(moitos santos fixéronse cargo da protección de cultivos,animais e sementes),Ramos,cruces e benzóns(a auga bendita,a poliña de oliveira..),As cruces de maio(O 3 de maio foi mudando para facer a exaltación de santa Cruz),Ramos procesionais(procesións portando ramiños e ofrecéndollos aos santos e a Virxe),escenificacións relixiosas(Só se conservan en Laza-Ourense- é unha representación de Adán e Eva mesturado con danzas e os mouros e os cristiáns).
Máis información en "Galicia Espallada"
No hay comentarios:
Publicar un comentario