6 mar 2025

MARTA VILLAR CO CLUB DE LECTURA

O 6 de marzo no Club de Lectura de Adultas “Ás seis no Seis”, contamos coa presenza da xornalista e escritora Marta Villar, gañadora da XLI edición do Premio Xerais de Novela coa obra que nos veu comentar: “Detective Ferruchi”.

Marta compartiu unha tarde co noso club desbordando simpatia e anécdotas do conxunto de personaxes que poboan Umeiro e que, como a propia autora explicou, mostran a diversidade que atopamos na vida cotiá porque, non esquezamos, a vida ten unha mestura de persoas e cincunstancias de diferente tipo.

Co libro logra dar voz a colectivos minoritarios e tratar de rachar cos prexuicios que, desafortunadamente, todavía están presentes na nosa sociedade. Ao mesmo tempo, homenaxea ás traballadoras do textil da súa terra natal sen esquecer outros temas cercanos á autora como poden ser a emigración e a relación cos avós.

Para finalizar, agasallamos a Marta cuns detalles, entre os que adquiriu unha especial un dedal feito coa impresora 3D, tan relacionado co libro, feito co gallo do proxecto de artesanía que se desenvolve no centro ao longo deste curso.


Como xa vén sendo habitual no club, o colofón foi compartir un café con doces caseiros e froita de tempada antes de que Marta asinara os nosos exemplares do libro.

Non podemos estar máis que agradecidas á xenerosidade de Marta polo tempo e as historias compartidas.

5 mar 2025

OBRADOIRO DE DESEÑO DE XOIAS 3D

Neste mes de febreiro, o alumnado de 3º EP puido achegarse ao fascinante mundo da xoiería. 

A XOIARÍA antes e agora de MariaJo

O primeiro paso foi descubrir o proceso tradicional de deseño dunha xoia artesanal, para a continuación descubrir como na actualidade este oficio vai cambiando coa incorporación de ferramentas de deseño e impresión 3D.


Despois, chegou o momento de experimentar facendo os seus propios deseños de colgantes cun programa de deseño 3D e empregando símbolos celtas, moi típicos na artesanía galega. 

Unha vez rematadas as súas creacións, eliximos algúns deseños e imprimimos un modelo para cada alumno. 

4 mar 2025

PASAPORTES LECTORES

As diferentes clases están cubrindo os seus Pasaportes Lectores, é dicir, un pasaporte no que cada neno/nena recolle os traballos que realizan (caligramas, resumos, escrita creativa, debuxos...) sobre os libros lidos ao longo do curso e seguindo o Itinerario Lector.

3 mar 2025

UN ENTROIDO CON MOITA ARTESANÍA

Despois dunha semana de moito traballo e de cumprir os mandadiños do Meco, o Entroido do Seis chega ao seu día!!!

O venres 28 de febreiro, os ficios encheron de cor o noso centro. Música, bailes e ritmo marcaron un entroido moi artesanal!!!

Os disfraces elaborados seguindo o proxecto anual, Feira artesanal: sargadelos, xoieiros/as, mariñeiros/as, redeiros/as, cesteiros/as, merdeiros/as, artesáns, sombreireiros/as.

Primeiro desfilamos no pavillón. A comparsa da Anpa foi a primeira en abrir o desfile e, a continuación, as distintas clases foron desfilando ao ritmo das cancións elexidas con coreografías e bailes.

Pasarrúas polo barrio de Coia e regreso ao centro onde demos lectura do testamento do meco que foi queimado na fogueira.

Rematamos degustando os doces tradicionais destas datas: filloas, orellas…

Grazas ás familias pola vosa colaboración!!!


28 feb 2025

FAMILIAS LECTORAS

Rematamos este mes de febreiro coas familias que viñeron contar contos á biblioteca.

Grazas por compartir as lecturas e o voso tempo con nós!!!

Marina, nai de Paulo, 5º Edº Infantil, contounos “Monstr3s”, un álbum ilustrado para abrazar os medos.

Carolina, nai de Natalia, 2º de Primaria, escolleu “Hola, tranquilidad!, que trata a xestión das emocións negativas que poden crear os problemas nos nenos e nenas. Na clase do seu fillo, Maxi, 5º de Primaria, aproveitando que ese día, 11 de febreiro, celebrábase o Día da Muller e a Nena na ciencia, faloulles de “Marie Curie”, a científica que gañou dous Premios Nobel.

Diego, pai de Erea, 5º Edº Infantil, contou unha nova aventura de Daniela pirata e a tripulación do Caimán Negro que terán que enfrontarse a terribles perigos para librarse da malvada cíclope que está aterrorizando os mares.

María Teresa, avoa de Adrián, 4º Edº Infantil, contounos ¿A qué sabe la luna?. Os animais da selva amosarán que as cousas compartidas sempre saben moito mellor.

Ingrid, nai de Xiana, 2º de Primaria, a historia de “El hechicero chapucero” que non sabía facer encantamentos, nin maxia, nin feitizos.

Eva, nai de Leo, 5º Edº Infantil, a historia dun pitiño “Cocorico”, que vive feliz coa súa nai e como deciden facer un biscoito e un convidado sorpresa que aparece para comer a metada dese biscoito.

Aurora, nai de Marta, 2º de Primaria, “A colleita de ratiño”, un álbum con fermosas imaxes nas que podemos observar os cambios de estación e a súa influencia nos seres vivos. Na clase do seu fillo Andrés, 4º de Primaria, relatounos a historia do touro “Ferdinando”, referente do pacifismo e a prol do naturalismo.

27 feb 2025

XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA

O Club de Lectura de Adultas "Ás seis no Seis" continua a súa andaina, reuníndose o mércores 26 de febreiro para falar do Premio Xerais de Novela 2024 “Detective Ferruchi”, xa que contaremos coa presenza da autora, Marta Villar, o vindeiro 6 de marzo.

Cando escomenza esta historia pensas que é unha novela negra pero a medida que imos avanzando na súa lectura descubrimos que a investigación dun crime é o elemento que permite tratar temas moi diversos da sociedade actual (a emigración, as mulleres que traballaron en cooperativas textís para Inditex, os colectivos minoritarios, a menopausa, o consumismo...). Unha novela con moitos personaxes con personalidades moi diferentes que nos sumerxen no acontecer diario das súas vidas.

Na semana de entroido non podían faltar os doces destas datas: filloas, chulas e orellas endulzaron as nosas conversas.

26 feb 2025

CHARLA SOBRE MÁSCARAS DE ENTROIDO

O luns 24 de febreiro recibimos a visita de Uxía Cid, nai do centro que se adica ao mundo da ilustración e da artesanía.

Aproveitando que estamos na semana do Entroido  falounos  de como debuxa e ilustra as máscaras. Nesta ocasión, explicounos o proceso creativo da máscara dos FELOS, os materiais que se empregan e os artesáns que interveñen na súa elaboración.

Proporcionounos moita información sobre os Felos, a súa localización, vestimenta, que fan nos días de entroido...

O alumnado de 5º de Edº Infantil, 2º e 4º de Primaria desfrutaron con esta experiencia. Moitas grazas pola túa visita!!!

Posteriormente, o alumnado debuxo e pintou as súas máscaras de Felo.

24 feb 2025

CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA

Para a celebración do Día de Rosalía realizamos diversas actividades que nos permitiron coñecer a nosa grande escritora: lecturas, minilibros, retratos, marcapáxinas, programa de Radio...

A obra de Rosalía conforma a exposición bibliográfica que podemos atopar no vestíbulo e coa que poidemos achegarnos a súa figura.

No Recital do venres 21 de febreiro, na Hora de Ler,  Rosalía estivo moi presente nos versos do voluntariado da biblioteca, que recitaron unha selección de poemas rosalianos acompañados da zanfona e da guitarra e, a música, na voz dos nenos e nenas de 2º e 6º de Primaria que deleitaron aos presentes co ritmo de: “No bico un cantar",  "Alborada" e "Maio Longo”. Todo o alumnado do centro desfrutou desta fermosa actividade.


23 feb 2025

ROSALÍA DE CASTRO NA RADIO DO SEIS

Rosalía de Castro é a protagonista deste novo programa da Radio do Seis.

A clase de 4ºB preparou un programa con información e poemas sobre a vida e obra da nosa ilustre poetisa co gallo da sua celebración o 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro.

Desfrutádeo!!!

FELIZ DÍA DE ROSALÍA!!!

21 feb 2025

VISITA AO CONCELLO DE VIGO

O alumnado de 6º EP dentro do programa "Coñece o teu Concello" visitou as instalacións do Concello de Vigo para descubrir algunhas das tarefas que dende alí se realizan: xestión do tráfico, análise de augas públicas para garantir a súa salubridade, as distintas oficinas para a resolución de trámites como o padrón, o transporte público...

Pero ademais tamén visitaron o salón de plenos onde puideron descubrir como se leva a cabo unha sesión plenaria e incluso a chegaron a interpretar.  

Nesta visita os rapaces e rapazas puideron entregarlles en persoa a D. Abel Caballero algunhas propostas que pensaron que poden mellorar o noso barrio: paradas de autobús máis accesibles, un planetario, unha biblioteca pública, o soterramento da rotonda de Navia, a creación de comedores sociais e albergues ou o voluntariado foron algunhas das súas propostas. 

Oxalá algunha delas se faga realidade!