2 ene 2024

INVESTIGANDO SOBRE A LUZ

Durante o primeiro trimestre o alumnado de 5º realizou unha investigación sobre a luz, no marco do PDI do centro “OSEISMEDIA”. 

A luz é fundamental nun estudo de produción, nun espectáculo ou en calquera creación audiovisual, por iso o alumnado púxose en marcha para buscar información sobre que é a luz, as súas propiedades e o comportamento dos materiais ante esta. Tamén descubriu curiosidades como que é a bioluminiscencia, por que se crean as sombras ou quen inventou a bombilla, elemento que vai ser fundamental nas nosas creacións ao longo do curso.

 

A seguinte fase foi xuntarse por equipos para plasmar toda esa información en cartaces que locen nos corredores do cole para que os demais compañeiros e compañeiras poidan curiosear.


29 dic 2023

BIBLIOLAB: ADORNOS DE NADAL

Unha pequena mostra das actividades que se desenvolveron na BiblioLab no mes de decembro.

Empregamos diferentes materiais para elaborar os nosos adornos de Nadal (estrela, anxo, bolas…) e así decorar a nosa árbore. Cada actividade tiña un código QR para visionar o video explicativo para a súa elaboración.

28 dic 2023

UN NADAL DE CINE

Estas son algunhas das actividades coas que desfrutamos deste Nadal e que puxeron fin a este 1º Trimestre:

-O 2º ciclo (3º e 4º de Primaria) foi o encargado de adornar a entrada con fotografías dos distintos grupos e do persoal da nosa comunidade educativa.

A árbore decorada con elementos de cine: micros, claqueta,...

Reciclamos cd decorándoos con motivos navideños empregando diferentes tipos de materiais: goma eva, botóns, algodón, papeis... que foron colgados do teito.

-Exposición de lecturas, nas que os protagonistas son os personaxes máxicos desta data, Papa Noel, os Reis Magos...

-Festival de Nadal coa actuación dos grupos pares, 5º Edº Infantil, 2º, 4º e 6º de Primaria. Os nosos actores e actrices desfrutaron no escenario cantando e bailando!!!

-Visita da Apalpadora a Edº Infantil, 1º e 2º de Primaria. Este curso recibimos por primeira vez a visita da Apalpadora que baixou das montañas para acompañar aos nenos e nenas do cole e contarlles algunhas cousiñas co obxectivo de facer un mundo máis solidario e sostible.

Podedes ver as ilustracións feitas polo alumnado de 5º seguindo os pasos de Leandro Lamas para debuxar ao Apalpador. O resultado espectacular!!!

20 dic 2023

FELICITACIÓN DE NADAL CON SCRATCH

Como non podía ser doutro xeito para rematar o trimestre no obradoiro de robótica de 6º o alumnado creou tarxetas dixitais con Scratch para felicitar o Nadal. 

Se entrades na seguinte ligazón podedes ver un exemplo: 


Felicitación de Nadal '23


19 dic 2023

GUÍA DE LECTURAS NADAL 2023

Coma todos os anos por estas datas achegamos a nosa Guía de Lecturas cos libros que traballaremos nas aulas despois das vacacións de Nadal. Podedes incluilos nas vosas cartas ao Apalpador, Papa Noel e aos Reis Magos.

Contaremos coa presenza dos escritores e escritoras que compartirán co alumnado momentos para falar dos seus libros.

Tamén inclúe recomendacións para as familias e unha pequena homenaxe ao escritor Miguel López, o Hematocrítico, finado recentemente, cunha selección dos seus libros.

En dous formatos: nun tríptico e na presentación en Canva.

Colabora co comercio local e merca nas súas librarías!!!

Un libro sempre é un bo agasallo!!! 

Neste Nadal agasalla lecturas!!! 

Guía lecturas nadal 2023 de Biblioteca Seis do Nadal

9 dic 2023

1ª XUNTANZA CLUB DE LECTURA ADULTAS

O luns 27 de novembro reuniuse por primeira vez neste curso o Club de Lectura de Adultas “Ás seis no Seis”.

Incorporanse catro novas mulleres ao noso club. Nesta primeira ocasión, por diversos motivos, non poidemos xuntarnos todas.

Compartimos opinións sobre o libro “Non penses nun elefante rosa”, no que Antía Yáñez aborda o tema da saúde mental. Permitiunos coñecer e achegarnos a como é a vida de Laura, unha rapaza que ten TOC. A valoración foi moi diversa reflexionando sobre determinados temas que estan presentes no libro: a ansiedade, culpabilidade, amizade con Brais (un neno de 10 anos), o sufrimento, o amor, a relación coa familia...

Coma sempre acompañamos as nosas conversas cun café e algo doce.

Falamos das posibles lecturas deste curso: poesía (Yolanda Castaño), teatro (Paula Carballeira), narrativa… 

Escollemos o seguinte libro que imos ler, “Ninguén contará a verdade” de Pedro Feijoo.

Agardando pola vindeira reunión!!!

5 dic 2023

PROGRAMA DE RADIO "DÍA DA DISCAPACIDADE"

Xa está aquí un novo programa da nosa Radio Xornal Seis do Nadal.

Nesta ocasión os/as protagonistas son a clase de 5ºB, que nos falarán da Día da DisCapacidade.

Desfrutade desta nova entrega!!!


4 dic 2023

INAUGURACIÓN ESPAZOS CENTRO

O xoves 30 de novembro contamos coa presenza de varias Autoridades que asistiron á inauguración da Aula Croma, ampliación da Aula Multisensorial e a Cociña do Comedor.

O acto estivo presentado polo voluntariado de 6º da biblioteca que foron os encargados e encargadas de acompañalos na súa visita aos distintos espazos.

Agradecemos a presencia de todas as autoridades da Xunta, ao representante da Asesoría de Bibliotecas Escolares, a Foanpas e a nosa Anpa.