21 dic 2016

FELICITACIÓN DE NADAL

A COMUNIDADE EDUCATIVA DO SEIS DO NADAL DESÉXAVOS QUE NO ANO 2017 A EMOCIÓN DA LEDICIA ENCHA TODAS AS VOSAS VIDAS.

18 dic 2016

GUÍA DE LECTURAS DE NADAL

Nadal é tempo de ilusión, de agasallar, de soñar, de compartir , de lecer, de xogar,... e tamén de ler.

Estas son as lecturas que traballaremos á volta de vacacións centradas no proxecto deste curso, viaxando polo mundo e as emocións.
Tamén recollemos neste tríptico libros de Agustín Fernández Paz e recomendacións de poesía e música para ler en familia.

Contaremos coa presenza dos autores/as e contacontos que compartirán momentos especiais con nós para falarnos dos seus libros.
"Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro”
(Emily Dickinson)

E neste Nadal emociónate coa lectura!!!!

12 dic 2016

CHEGOU O NADAL

Para ambientar este tempo de nadal, creamos un recanto moi acolledor presidido por unha cheminea e unha butaca na que sentar a facer as nosas lecturas da selección que fixo a biblioteca sobre o Apalpador, os Reis Magos, Papa Noel , historias e contos do Nadal.

8 dic 2016

CAIXAS VIAXEIRAS

Esta semana comezaron a súa andaina dúas caixas cun tesouro viaxeiro: diversos  materiais nos que descubriredes , viaxando polo mundo, as emocións de coñecer outros modos de vivir.
Os voluntarios/as da biblioteca foron os encargados/as de levalas  e presentalas ás dúas primeiras clases que poderán disfrutar delas.

Estarán nas aulas unha semana e transcurrido ese tempo  viaxarán polas outras e así todos e todas poderemos vivir e sentir novas emocións.

Desexámosvos unha emocionante viaxe!!!!

6 dic 2016

NOVIDADES

Novas lecturas que temos na biblioteca e que agardan por vós: libros para viaxar e coñecer outras culturas, poesía, lecturas que nos emocionan, cómics,...
Emociónate e descubre!!!!!!

30 nov 2016

CULTURGAL 2016

"Cultura, Comunidade, Futuro"
Este é o lema da novena edición de CulturgalFeira das Industrias Culturais, que se celebrará os días 2, 3 e 4 de decembro de 2016 no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Ademais de poder achegarte aos máis de 80 stands adicados ao libro, música, teatro, audiovisual, infantil,.... 

Culturgal conta cun programa de ao redor de 120 actividades propias durante os tres días: concertos, espectáculos familiares, encontro con escritores/as , películas e outros productos culturais.

Acollerá tres espectáculos especiais protagonizados por SonDeSeu, Budiño e María Fumaça.

En Culturgal haberá lugar para a arte contemporánea a través da exposición " Pegadas na terra", na que 18 artistas galegos/as amosan diferentes vías de achegarse á natureza.

Existe un servizo de visitas guiadas en lingua de signos para aquelas persoas que o demanden.


Ligazón ao PROGRAMA:

28 nov 2016

O PAPAGAIO: XORNAL ESCOLAR MENSUAL

Xa temos na nosa biblioteca os números 1 e 2  do xornal escolar mensual "O Papagaio" de Edicións Moito Conto.


Nel trátanse temas como: actualidade, banda deseñada, ecoloxía, ciencia, tecnoloxía, historia, cultura,.....


Pasade pola biblioteca e botádelle un ollo!!!

27 nov 2016

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ao longo desta semana estivemos traballando o tema nas aulas con contos , presentacións e vídeos cos que reflexionamos.
Escribimos distintas mensaxes e a pancarta co lema "Coordinámonos para vivir sen violencia de xénero".
O venres 25, despois do recreo, todas e todos fomos ao pavillón para facer un acto colectivo.
 Colocados  por grupos, o alumnado de segundo a sexto representou unha escenografía con vasos de cores e coa que manifestamos o noso rexeitamento ao maltrato.
Cando soaba a música o alumnado de infantil e primeiro levantaban os lazos .

Cada curso foi deixando os lazos pequenos nunha caixa mentras o alumnado de sexto cubría un lazo grande.

Despois colocamos no vestíbulo do centro a montaxe co lazo e as mensaxes.


21 nov 2016

LECTURAS E RECURSOS PARA O 25 N

Estas son as lecturas que recomendamos para traballar e reflexionar sobre o tema e que podedes atopar en exposición  na biblioteca.


Información e recursos nas seguintes ligazóns:

-Recompilación da Biblioteca Víctor Sáenz
-ONU

16 nov 2016

O NOSO MAGOSTO

O día de San Martiño o tempo acompañounos e poidemos  disfrutar da festa do Magosto.
Adornamos a entrada cun mural coas castañas viaxeiras que decoraron o alumnado e as familias.

Primaria saltou ao ritmo das combas  e educación infantil e primeiro organizaron varias estacións de xogos: levar a castaña nunha culler e encestala nun cubo, tragacastañas,....

Todos xuntos bailamos "A bicicleta". E como remate o xogo dos globos en parellas.

Despois de tanto  esforzo, chegou a hora de comer as castañas que nos tiñan preparadas as mestras!! Riquísimas!!! A repoñer forzas e a tiznarnos as caras!!!!

Foi unha xornada moi divertida!!!!