7 jul 2016

LECTURAS PARA O VERÁN

Xa estamos en vacacións tempo de descanso, de xogos, de pasear pola praia, de sol,....tempo de lecer , de aventuras, de viaxes,....e tamén de
 momentos para desfrutar coa lectura dun libro.
Esta é unha escolma de libros para estas datas
Boas vacacións!!! E neste verán non esquezas meter na túa maleta un libro!!!

8 jun 2016

VISITA DE FINA CASALDERREY

Hoxe recibimos a visita de Fina Casalderrey que compartiu co alumnado de quinto unha sesión para falar do seu libro "A historia da bicicleta dun home lagarto".
Fina falounos das súas experiencias e da importancia das palabras e das verbas,... respostando  ás diversas preguntas que o alumnado lle fixo : en que se inspirou para escribir o libro, sobre os personaxes e a historia,...

Fixémoslle entrega dun agasallo e asinou nos exemplares dos alumnos/as e no libro de lembranzas.
Grazas Fina por compartir con nós o teu tempo!!!!


1 jun 2016

LECTURAS COMPARTIDAS NA BOUZA

Para celebrar o mes do libro , o alumnado de terceiro do Cep Celso Emilio Ferreiro e o alumnado de catro e cinco anos do Seis do Nadal, fixemos unha actividade de lectura compartida no parque da Bouza.
Os grupos de terceiro recitaron poemas de Cantarolas de Xosé Neira Vilas e os grupos de infantil recitaron "Parece unha rosa" de Rosalía e "O astronauta" de Manuel María. Despois os maiores apadriñaron os máis pequenos lendo un libro en galego.

Rematamos esta bonita xornada agasallándonos uns marcapáxinas!!!


22 may 2016

CONTACONTOS

O xoves 19 de maio o alumnado de primeiro disfrutou dun contacontos da man de Iago López nunha actividade de animación á lectura co libro "Augusta e os seus medos".
Augusta é unha nena que está chea de soños, pero é tan medrosa que non consegue que ningún se lle cumpra. Ten medo a voar, medo a que se rían dela, medo a probar cousas novas...Un día, cansa de sentirse así, pídelles axuda aos seus pais. A partir dese momento, terá que pasar diferentes probas para decatarse de que a única forma de superar os medos é enfrontándose a eles.
Pasamos un rato moi divertido!!!!

19 may 2016

TRABALLOS SOBRE AS LETRAS GALEGAS

Na Semana das Letras Galegas, estivemos realizando diversas actividades sobre o autor homenaxeado MANUEL  MARÍA
No vestíbulo do cole montamos murais que decoramos cos seus poemas e libros . Un retrato feito por un compañeiro  xa xubilado e unha dedicatoria de Manuel María cando visitou o centro no ano 1992.

Para achegarnos a súa vida e obra proporcionamos  diversos recursos para que o profesorado poidera traballalo nas aulas.
Confeccionamos un díptico sobre o autor que se entregou ás familias.
Realizamos caligramas, ilustramos e fixemos debuxos dos seus poemas, recitamos os seus versos, retratos, actividades en liña,...

Recollemos nesta presentación unha pequena escolma dos distintos traballos

16 may 2016

BERENGUELA DE MANUEL MARÍA

Para celebrar o Día das Letras Galegas o venres 13 de maio, o alumnado de 5º B interpretou e puxo en escea unha adaptación da obra de Manuel María:
"Berenguela. Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo"
Fixérono xenial!!!!
Tamén participaron con esta mesma obra nas VII Xornadas Municipais  de Teatro Escolar no Auditorio do Concello.
Unhas imaxes da súa representación no cole

12 may 2016

VISITA DE FRAN ALONSO

Onte Fran Alonso falounos de cales eran as catro patas da poesía: a palabra, o silencio, a música e a maxia.
Con estes catro elementos e moita poesía engaiolou ao alumnado de 3º que leu o libro  
"O meu gato é un poeta".
Ao longo da súa exposición Fran empregou diversos obxectos e música que acompañaron ao recitado dos poemas interactuando co alumnado e facéndoos partícipes con sons, repetindo estribillos,...
Leunos poemas de Uxio Novoneyra e de Manuel María.
Houbo tempo para facer preguntas e para que os nenos e nenas recitaran e rapearan diferentes poemas do seu libro.
Rematamos a súa visita coa entrega dun agasallo e asinando nos libros dos alumnos/as.

Grazas Fran!!!!

11 may 2016

SABELA GAGO NO SEIS

O 10 de maio contamos coa presenza de Sabela Gago, que realizou unha maravillosa actividade de contacontos para o alumnado de 6º.
Contando coa axuda de tres alumnos/as e do resto do alumnado, colaborando como técnicos de efectos, elaborou e escenificou un conto.
Traballou dun xeito lúdico e práctico o modo axeitado para elaborar textos: sen esquencer o plantexamento, nu e desenlace, transformando ao alumnado en personaxes de conto con elementos tan sinxelos como gorros e anacos de tea.

Logrou a implicación de tod@s e mantivo a intriga do desenlace ata o final.

Grazas Sabela!!! Pasámolo xenial!!!


9 may 2016

CONTACONTOS CON RAQUEL QUEIZÁS

Hoxe o alumnado de educación infantil disfrutou dunha contacontos moi especial, Raquel Queizás. Viu coa súa maleta cargada de historias e contos cheos de maxia.
Aventuras dunha pinga de auga, O oso gruñón e Un xarrón da China, foron as historias contadas que falan de emocións e de sentimentos.
Os nenos e nenas participaron facendo xestos, sons, saíndo e sendo os protagonistas do conto, bailando, ....
Pasámolo xenial!!! Grazas Raquel !!!

8 may 2016

MANUEL MARÍA, LETRAS GALEGAS 2016

Xa estamos en maio, mes no que celebramos as LETRAS GALEGAS. Este ano está adicado a MANUEL MARÍA. 
Levamos traballando todo o curso os seus poemas pero fixemos unha selección de recursos para coñecer máis en profundidade a súa vida e obra.

Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
Seminario Galán
Secretaría Xeral de Política Lingüística
Real Academia Galega: "Primavera das Letras"
Casa-Museo  Manuel María
Páxina de Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega(AELG)
Todo o centro imos recitar o poema  
"O Carro"
Lim sobre "O Carro Galego"  de Concepción Arias 
Ceip A Magdalena
"O Carro" musicado por
 Fuxan os Ventos