A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP SEIS DO NADAL DESÉXALLES UNHAS BOAS FESTAS E QUE O 2016 NOS TRAIA UN MUNDO MELLOR!!!!!!
20 dic 2015
17 dic 2015
GUÍA DE LECTURAS DE NADAL
Un
curso máis por estas datas ofrecemos unha escolma de libros que serán de
lectura obrigatoria cando escomence o novo ano.
Contaremos
coa presenza dos autores/as e contacontos que compartirán momentos especiais con nós para
falarnos dos seus libros.
Neste
nadal, viaxes e lecturas!!!!
13 dic 2015
BEA CAMPOS, PEGADAS DE CONTO
Un ano máis participamos na Campaña
Impórtanos, e o xoves 10 de decembro contamos coa presenza de Bea Campos, que
deixou pegada nos nenos e nenas de cinco anos que escoitaron os seus contos.
La semillita, a banda de Vilacendoi, un gorila e un agasallo diferente, son historias
que fomentan o coidado do medio ambente, o respecto polo diferente e pola diversidade e o consumo responsable.
E coma sempre, a través do máxico mundo dos contos pasámolo moi ben e tamén
......aprendemos.
Fixémoslle entrega dun agasallo. Grazas Bea!!!!
Máis información da Campaña Impórtanos na páxina
9 dic 2015
O APALPADOR
Nos últimos anos
estase a recuperar a mítica personaxe do Apalpador que achega agasallos aos nenos e nenas nestas
datas de Nadal.
Se
queredes coñecer a súa historia preme na páxina web do Apalpador.
Na
páxina da Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e dinamización Lingüística tedes moitos recursos.
O Apalpador ou Pandigueiro
Canción
de Malvela
Pasade pola biblioteca para ler os libros que temos sobre o Apalpador (Preme nas
imaxes).
O Apalpador
Antón
e o Apalpador
O Apalpador e a castaña máxica
2 dic 2015
CULTURGAL 2015
"Presume
de Culturgal"
Ese é o lema da oitava edición de Culturgal, Feira das Industrias
Culturais, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de decembro de 2015 no Pazo
da Cultura de Pontevedra.
A
palabra en todos os ámbitos será a protagonista da oitava edición: literatura,
tecnoloxía, música, foros e encontros.
Ademais
de poder achegarte aos máis de 80 stands dedicados a libro, música, teatro,
audiovisual, infantil, tecnoloxía e máis, Culturgal conta cun programa de ao
redor de 120 actividades propias durante os tres días: concertos, espectáculos familiares,
encontros con escritores, estreas de filmes e moito máis.
Ligazón
ao PROGRAMA:
1 dic 2015
LEMBRANDO A XOSÉ NEIRA VILAS
O venres
27 de novembro finou o escritor Xosé Neira Vilas
"Eu
son Balbino. Un rapaz de aldea.
Coma quen di,un ninguén.
E ademais, pobre",
Son as primeiras verbas coas que comeza o libro máis lido e
traducido da literatura galega
Coma quen di,un ninguén.
E ademais, pobre",
Son as primeiras verbas coas que comeza o libro máis lido e
traducido da literatura galega
"Memorias dun neno labrego"
A
historia de Balbino é a testemuña da vida rural en Galicia nun tempo pasado.
Ten máis
obras como "O espantallo amigo","Cabaliño de buxo, "A
Marela Tarabela,...
Nas
seguintes ligazóns atoparedes máis información :
E que
mellor homenaxe que ler as súas obras na biblioteca
30 nov 2015
ACTIVIDADES 25 DE NOVEMBRO
Con apócemas,
conxuros e palabras máxicas conmemoramos o Día contra a Violencia de xénero.
Baseado no programa da Rioja
Infantil ata
terceiro prepararon apócemas.
1ºEscribimos
os ingredientes en papeliños que gardamos nunha bolsa .
2ºEscribimos, debuxamos e pintamos nun folio A3 con forma de caldeiro os ingredientes da nosa apócema
para logo poñer no expositor.
Cuarto,quinto
e sexto elaboraron conxuros e palabras máxicas para os bos tratos que colocamos no
libro.
Con todo
preparado o mércores 25 xuntámonos no ximnasio nun acto colectivo no que fomos lendo as nosas apócemas e conxuros e completando o expositor da Igualdade e dos bos tratos.
24 nov 2015
LECTURAS PARA A IGUALDADE
Mañá
25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero , organizaremos un acto colectivo.
Enfocaremos
a conmemoración deste día cara á igualdade e a coeducación como aspectos
fundamentais para previr a violencia de xénero.
A biblioteca fai unha selección de lecturas sobre o tema e que podedes atopar en exposición.
* Contos"A Igualdade conta"de Edicións Embora
* Rosa Caramelo.Ed. Kalandraka
* Unha feliz catástrofe.Ed. Kalandraka
*
A historia dos bonobos con lentes. Ed.Kalandraka
* Nin un biquiño á forza
* O libro dos porcos.Ed. Kalandraka
* Artur e Clementina.Ed. Kalandraka
* Colección"Contos da Igualdade"de Baía edicións
* Y dejó escapar sus ojos. Creotz ediciones
13 nov 2015
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
Dende a Consellería promóvose a celebración de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

O autor do manifesto
é o
científico e divulgador da Universidade de Santiago, Jorge Mira, quen
lembra no seu fermoso texto que "o
galego, tanto pola riqueza que lle dá o seu milenio de historia, como pola súa
condición de porta aberta a centos de millóns de persoas da lusofonía, é
vehículo esencial para transportar masivamente a ciencia e o labor dos moitos
científicos de excelencia que temos en Galicia."
Recompilación
de recursos sobre a lingua galega e a ciencia realizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística
Folleto informativo que recolle diversas actividades nas bibliotecas públicas.
12 nov 2015
MAGOSTO 2015
O
luns poidemos celebrar o Magosto e disfrutar desta festa na
que a castaña foi a protagonista.
As
familias aportaron leña e castañas e os nenos e nenas trouxeron de casa colares
de follas, diademas, sombreiros.
Mentras
os nenos e nenas xogaban as mestras
foron as encargadas de preparar as fogueiras e asar as castañas.
O
alumnado de primaria, ao ritmo de varias cancións, saltaron á comba e infantil
organizou varios xogos, circuito, culler con cuchara e tragacastañas.
E
como remate o baile dos globos, buscamos unha parella e co globo colocado entre os dous bailamos e tentamos
explotalo.
Despois de xogar e cos nosos cestiños e cucuruchos tocaba comer as castañas
que estaban boísimas!!!!
E o toque final, tiznar a cara e bailar!!!!
Pasámolo xenial!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)