29 sept 2015

BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓNS

"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares.

A imaxe do cartel responde á interpretación que deste lema fixo o ilustrador e autor de cómic FRAN BUENO.

O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.  (Recollido da páxina de  Bibliotecas Escolares)

28 sept 2015

BENVIDA CURSO 2015/2016

Benvid@s a un novo curso cheo de ilusións, proxectos, historias e viaxes.
Baixo o lema “Viaxando co Seis”, trataremos de achegar ao alumnado a diferentes realidades, lugares, monumentos, música, bailes,…e todo o que teña que ver coa cultura de cada zona. 

Viaxaremos por Galicia e España, vendo, explorando, escoitando,….enriquecendo as súas aprendizaxes e a súa personalidade.
A entrada do cole xa está decorada con materiais e unha selección de lecturas sobre o tema.

O vindeiro 1 de Outubro a biblioteca abre as súas portas con moitas sorpresas e actividades.

Escomenza a viaxe!!!!!!!

29 jun 2015

PLAN PROXECTA "O MONTE VIVO"

Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria durante o curso 2014-2015  participamos no Plan Proxecta, “ O Monte Vivo”, realizando actividades de diversa índole.

Comenzamos cunha charla impartida por un axente forestal sobre protección do medio ambente natural fronte aos incendios forestais e coñecer a importancia da función productiva, ambiental e social do monte fomentando así o respeto pola natureza.

Realizamos unha visita guiada ao humidal de A Bouza , preto do noso centro, onde nos explicaron a flora e fauna propia dese ecosistema.



Tamén fixemos traballos individuais de textos argumentativos sobre ese humidal.

Investigación documental na biblioteca


Para finalizar o noso proxecto visitamos o Parque Forestal de Bembrive acompañados por tres axentes forestais que nos explicaron: a fauna,  a flora e todos os aparellos que eles utilizan ante un incendio.


28 jun 2015

LECTURAS PARA O VERÁN

Tempo de vacacións, de praia,…para descansar, xogar, viaxar…pero tamén para ler.
Estas son as lecturas que recomendamos  para o tempo de lecer.
 Bo verán e lecturas refescantes!!!!!
(Preme nas imaxes para velas en grande)

24 jun 2015

CONTOS EN FAMILIA

Fotos que recollen os momentos que as familias contaron contos na biblioteca no mes de maio e parte de xuño.

Moitas grazas a tod@s e agardámosvos para o vindeiro curso!!!!!!Feliz Verán!!!!!!!


23 jun 2015

SALÓN DO CÓMIC

Como remate do proxecto documental deste curso, na entrada do cole montamos o Salón do Cómic cos  traballos que realizaron sobre os distintos personaxes (Mafalda, Asterix e Obelix, Hug e Rochiña, Zipi e Zape,...).
 




As aventuras do Seisiño, libro colectivo no que cada clase debuxou en formato cómic as distintas aventuras do Seisiño e da súa familia.

22 jun 2015

OLLOS DE AULA Nº 22 (XUÑO 2015)

O Nº 22 de "OLLOS DE AULA"
  aborda este mes:

Interesantes artigos sobre os estándares de aprendizaxe, necesidade de proxectos de sensibilización  coeducativa, repasar no verán e recomendacións literarias.
(Preme na imaxe)

17 jun 2015

LEDICIA COSTAS CO CLUB DE LECTURA

A principios de xuño, o Club de Lectura  recibía a Ledicia Costas, autora de “Escarlatina, a cociñeira defunta” (Premio Merlín de literatura infantil 2014), o último libro que leran e que lles encantou.
Tiñámoslle unha sorpresa, os alumnos/as trouxeron diversos postres (piruletas, biscoito, brownie, madalenas, flan de chocolate,…) que prepararan na casa coas receitas que aparecen no seu libro.
Ledicia, nunha charla moi amena, foinos contando moitas cousas sobre o argumento, as personaxes, en que se inspirou,…e anécdotas, respostando a todas as preguntas que lle fixemos.
Asinoulle a cada un na súa libreta e co seu selo nun exemplar para a biblioteca e no libro de lembranzas.

Pero non podía marchar sen probar os nosos postres que estaban boísimossss!!! Grazas Ledicia!!!!

25 may 2015

OBRADOIRO DE ROBÓTICA

O pasado xoves 14 de maio, dentro das actividades da Semana Matemática, os dous grupos de 6º do cole tivemos a visita dun grupo de 22 alumnos e alumnas de 4º ESO da asignatura de Tecnoloxía do IES Valadares. Viñan a explicarnos o que é aRobóticae a ensinarnos a programar robots. Nada máis e nada menos!! 
Dividímonos en grupos de 3 alumnos con 2 monitores. Cada un destes grupos tiñamos un posto de traballo co noso portátil e o noso robot. Despois dunha pequena explicación para entender a linguaxe de programación e unhas cantas probas, empezamos a manexar o programa e a probalo no robot. Foi increíble!! Os robots facían o que lles pediamos, cos seus motores, cos seus sensores...todo funcionaba coma nos queriamos! Xa tiñamos superada a primeira fase de toma de contacto e coñecemento da programación.
Na segunda fase, os monitores xa nos axudaban menos. Puxéronnos uns desafíos para que os robots fosen quen de realizar. Tiñamos que pensar como darlles as instruccións para que cumpriran os retos. Foi moi emocionante: pensar, discutir, programar e probar no robot, volver a retocar e a reprogramar e...outra vez a probar... Cando por fin conseguiamos que o robot superase o reto, un dos xuíces achegábase ao grupo e daba o visto bo e xa podiamos pasar o seguinte desafío. Tódolos grupos chegamos ao último nivel, ao máis difícil.
Esa mañá, traballamos moito, estivemos moi concentrados, aprendimos moitas cousas novas e divertímonos un montón. Foi unha moi boa experiencia cos rapaces da ESO que nos axudaron e ensinaron tanto. Ogallá poideramos repetila experiencia!!

21 may 2015

TRABALLOS SOBRE AS LETRAS GALEGAS

Na Semana das Letras Galegas,estivemos traballando sobre o autor homenaxeado
 XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE.
No vestíbulo do centro, colocamos o seu retrato feito por un alumno de sexto.

Visitamos os carteis do Cep Salustiano Rey Eiras que estan expostos polos corredores do cole.

Para achegarnos a súa vida e obra proporcionamos  diversos recursos para que o profesorado poidera traballalo nas aulas.

Confeccionamos un díptico sobre o autor homenaxeado que se entregou ás familias.

Continuando co proxecto documental deste curso,caracterizamos aos homenaxeados das Letras Galegas como personaxes de cómic.
Fixemos actividades en liña, actividades lim,retratos,…
Recollemos nesta presentación unha pequena escolma dos distintos traballos que fixemos.