6 abr 2014

ANXO MOURE E A XACIA LUVIÑAS

Por segundo ano e coincidindo coa celebración do Día do Libro, visitounos Anxo Moure,"Pescador de contos",que fixo a ledicia de grandes e pequen@s e disfrutar dunha sesión na que cantamos, bailamos, demos cariciñas, apertas, repetimos e aprendemos palabras e nomes de lugares,trasmitíndonos fermosas mensaxes sobre o respeto e o coidado do medio ambente, o entorno, a natureza e a paz.
Chegou co se batuxo(barca tradicional do río Miño)cheo de aparellos(unha xacia,unha cana de pescar,unha pandeireta,un trasno,......).
Este barqueiriño coa súa cana pesca contos que logo cociña.Alimentan a nosa imaxinación quedando nos nosos corazóns e a través das nosas palabras poden voltar nadar nos ríos,nas lagoas e bañarse nas fervenzas.
Contos e historias que falan de ríos,do lobo garabelos,das árbores,da paz,......e da "Xacia Luviñas",a xacia das cariciñas,mulleres-peixe que viven nos ríos e o barqueiriño que coidan a natureza .
E como recordo do seu paso polo noso cole fixémoslle entrega dun agasallo,firmou os libros aos alumn@s e tamén no libro de lembranzas.
Grazas Anxo por compartir con nós momentos inesquecibles!!!!!!!
Anxo Moure escribiu"O Carballo con botas" e"A xacia Luviñas"
Máis información na seguinte páxina:
Preme na imaxe
http://www.contosolidarios.org/contosolidarios.htm
Presentación en imaxes da xornada

2 abr 2014

2 DE ABRIL,DÍA DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

A Asamblea das Nacións Unidas declarou por unanimidade o 2 de Abril como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, para por en relevo a necesidade de axudar a millorar as condicións de vida dos nen@s e adultos que sofren este trastorno.
Máis información nas seguintes ligazóns:
PÁXINA OFICIAL

FUNDACIÓN MENELA

PORDEREITO
(Asociación para a integración das persoas con autismo)
No cole puxemos globos nas ventás
 
Recomendamos a lectura do libro
FÁLAME
 
Unha aproximación poética e cercana ao fenómeno do autismo, dende o punto de vista da infancia. A comunicación e a comprensión mutua non son tarefa doada, mais nada é comparable á singularidade de Sara: abstracción, ausencia, misterio, soidade, tenrura, enfado, afecto,...
E a colección Makakiños
Ed.Kalandraka en colaboración  coa Asociación Baión de Tratamento
do Autismo (BATA)

1 abr 2014

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO INFANTIL

Para coñecer a figura e a obra de H.C. Andersen  presentamos estas actividades Lim  elaboradas por Julia González do Ceip Mestres Goldar. Para acceder preme na imaxe.

http://engalego.es/panel/alm/chs/bibliocole/lim_andersen1/lim_andersen.html
Para celebrar o Día do Libro Infantil propoñemos :
 
    Ler o texto :"Carta aos nenos do mundo"
  
   Lemos contos de AndersenO parrulo feo, a sireiña, o traxe novo do emperador, o soldadiño de chumbo, a princesa e o guisante,....
 
      Teremos a visita de ANXO MOURE .Na seguinte ligazón atoparedes información :
    Contos solidarios
     Por un mes de Abril cheo de lecturas!!!!!

31 mar 2014

INVITAD@S NA BIBLIOTECA EN ABRIL

Invitad@s na biblioteca no Mes de Abril,mes dos libros e da lectura:
Anxo Moure, Inacio Vilariño, Anxo Fariña, Silvestre Gómez Xurxo, Alicia Borrás, Miro Magariños e Fran Alonso.
 

29 mar 2014

2 DE ABRIL,DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Dende 1967,o 2 de Abril ,coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen ,o IBBY  promove a celebración do  "Día Internacional do Libro Infantil".

Cada ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto a autores de diferentes países. O texto "Carta aos nenos do mundo"   é da escritora e editora irlandesa Siobhán Parkinson , e a imaxe é da ilustradora irlandesa  Niamh Sharkey.
 
GALIX ,a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil ,e a  OEPLI ,Organización española para o libro infantil e xuvenil, difunden este material.

24 mar 2014

27 DE MARZO,DÍA DO TEATRO

O 27 de marzo celebramos o Día Mundial do Teatro.
Foi creado no ano 1961 polo Instituto Internacional  do Teatro (ITI).
Cada ano,unha figura destacada do teatro escribe a Mensaxe  que é difundida internacionalmente.
Este ano o elixido é o dramaturgo  Brett Bailey.
A mensaxe na seguinte ligazón:
Páxina interesante con moitos recursos
No cole vimos realizando diferentes obras de teatro para celebrar os Festivais de Nadal e de Fin de Curso.
Dende o ano 2004  participamos  no proxecto "Interteatro: pequenos actores nas aulas". Consiste no intercambio de obras de teatro entre diferentes centro de Educación Infantil e Primaria de Vigo.O obxectivo principal do teatro escolar é educar e fomentar o desenvolvemento de habilidades e capacidades persoais e intelectuais a través dunha actividade pedagóxica e lúdica.

No mes de maio participamos nas Xornadas Escolares Municipais de Teatro de Vigo.
Recollemos aquí os carteis dalgunhas obras de teatro que realizamos .

 
 

19 mar 2014

21 DE MARZO,DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE

O 21 de marzo celebramos o Día da Poesía e tamén o Día da Árbore.
Na biblioteca temos exposta  unha selección de libros de poesía
Propoñemos as seguintes actividades:
Decorar a nosa Árbore Poética con poemas de ciencia.
O venres 21, na  Hora de Ler, aproveitando o bo tempo, sairemos ao patio a ler poemas debaixo das árbores. 
Entregaremos unha Mochila Poética por aula con  libros de poesía e actividades.
Poemando ciencia:
-Escoller un dos poemas propostos e ilustralo.
-Facer acrósticos coa palabra ciencia.
O alumnado de 6º plantará tres camelios no Xardín das Lembranzas 
Nas seguintes ligazóns atoparedes recursos para traballar o tema nas aulas:

18 mar 2014

CONTACONTOS

O venres 14 de Marzo,o alumnado de cinco anos realizou unha actividade "A tea de araña", enmarcada dentro do programa de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
 Está baseada no conto de Xoán Babarro,
"A tea de araña que todo o apaña. 
Contaron a historia que aparece recollida no libro e explicaron as características dos diferentes animais que caen na arañeira por medio de figuras de material reciclado.
Despois cada neno  e nena representou a un animal do conto empregando xestos e sons para que o resto dos compañeiros/as o identificaran.
Remataron cunha actividade plástica.
Pasámolo moi ben!!!

17 mar 2014

VISITA DE ANA ALONSO

Hoxe,o alumnado de 2º,compartiu unha sesión coa escritora ANA ALONSO,autora do libro que leron,"UNA CARTA MUY RARA".
Ana falounos de cando escomenzou a escribir, do seu percorrido como escritora, da colección Pizca de Sal, da historia e dos personaxes,....despois, fixéronlle moitas preguntas sobre o libro.
 E como recordo do seu paso polo noso cole fixémoslle entrega dun agasallo,asinou os libros aos alumn@s e tamén no libro de lembranzas.Grazas !!!!
Se queredes saber máis información sobre Ana Alonso entrade na páxina web
 
Lut,o mago das palabras,ten visita.Os Reis Magos viñeron velo!!!Recibiran unha carta moi rara e necesitan a súa axuda para entender o que di.Conseguirá Lut aclarar o misterio????

14 mar 2014

OLLOS DE AULA Nº13 (MARZO)

O Nº 13 DE "OLLOS DE AULA",A REVISTA QUE EDITA A CGENDL PARA AS FAMILIAS ABORDA ESTE MES :
 A IMPORTANCIA DUN BO ALMORZO,AS ADAPTACIÓNS CURRICULARES,LENDO PARA MEDRAR ,RECOMENDACIÓNS PARA LER E PASEAR.
http://www.coordinadoraendl.org/ollosdeaula/Ollos%20de%20aula_n13_version_imprimir_a4_a_dobre_cara.pdf
(PREME NA IMAXE)