7 nov 2013

"OLLOS DE AULA" Nº10 (NOVEMBRO)

O Nº 10 DE "OLLOS DE AULA",A REVISTA QUE EDITA A CGENDL PARA AS FAMILIAS ABORDA ESTE MES A COEDUCACIÓN,O PROXECTO INTERDISCIPLINAR,O ACOSO ESCOLAR.
 
http://www.coordinadoraendl.org/ollosdeaula/Ollos%20de%20aula_n10_version_imprimir_a4_a_dobre_cara.pdf
(PREME NA IMAXE)

4 nov 2013

RECURSOS E LECTURAS PARA O MAGOSTO


O   luns  11 de Novembro, San Martiño ,celebraremos
 O    M A G O S T O
Nas seguintes ligazóns atoparedes moitos recursos para traballar o tema  nas aulas (contos, unidades didácticas, lim,......) e tamén as lecturas que recomendamos e que podedes atopar na biblioteca.
(Preme nas imaxes para acceder á páxina)
                  https://sites.google.com/site/recursosparaomagosto/

 Biblioteca
"Víctor Sáenz"
https://sites.google.com/site/tempodeoutono/
   
Biblioteca  
"Outeiro de Matilda"
 http://www.webdenorberto.com/recursos/magosto/recursos_e.htm
Web de Norberto
http://www.pinterest.com/nlg4/magosto/


 Orientación  
Condesa
http://gl.wikipedia.org/wiki/Magosto


Wikipedia
U N I D A D E S   D I D Á C T I C A S

http://galicia.swred.com/castanhas_galicia.htm

Galicia  
Espallada
               http://www.edu.xunta.es/centros/cepigrexavaladares/system/files/ud_magosto.pdf
    UNIDADE DIDÁCTICA
 "O Magosto"
 Cep Plurilíngüe
   Igrexa-Valadares
 (Vigo)
             http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Magosto.pdf
  
 
     UNIDADE DIDÁCTICA
  "O Magosto"
    Ceip Galán  
(Arteixo)
C O N T O S     E     L I M
http://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/ACASTANA/castana.html
 

A castaña que reventou de risa
 
ANA MARTÍNEZ REY
http://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/castaneira/contocastaneira.html

A castañeira
 
ANA MARTÍNEZ REY
http://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/MAGOSTO/magosto.html

Celebramos  
o magosto

ANA MARTÍNEZ REY
P R E S E N T A C I Ó N
http://www.slideshare.net/letrasenrede/tempo-de-magostos

Tempo
de
 Magostos
L E C T U R A S

3 nov 2013

SAMAÍN 2013 NO SEIS

Como xa ven sendo tradicional no centro, coas Cabazas, que o  alumnado trouxo decoradas da casa, montamos unha gran Exposición chea de imaxinación e colorido.
 
E coma sempre non faltaron os doces feitos coa polpa cocida da cabaza.
Que ricosssss!!!!
Grazas Familias pola vosa colaboración!!!!!
O nenos e nenas adornaron a súa cabaza favorita e con elas decoramos a entrada.
Pequena reportaxe en imaxes

 

2 nov 2013

A BIBLIOTECA NO SAMAÍN

A última semana de Outubro convertemos
a Biblioteca nun espazo para tremer de medo
DECORÁMOLA
EXPOSICIÓN DE LECTURAS TERRORÍFICAS
     CONCURSO  II RELATOS TERRORÍFICOS
  NA HORA DO RECREO CONTOS DE MEDO
 O alumnado de 5º  contounos historias terroríficas de creación  propia
 
 Lourdes,profe de Inglés, contounos dúas historias
"A BRUXA REGAÑADENTES"
"FIZ,O COLECCIONISTA DE MEDOS"
O público, que encheu a biblio ,disfrutou con estas lecturas que estiveron acompañadas da entrega de caramelos.
 GRAZAS A TOD@S!!!!!!!!!!!!!!!

29 oct 2013

LECTURAS SAMAÍN 2013

Presentamos unha selección de Lecturas Terroríficas para estas datas.

Bruxas,vampiros,pantasmas,monstruos,.... forman a exposición que temos na biblioteca.
Anímate e visítanos

 Nos recreos haberá contacontos que nos farán tremer de medo!!!!!


27 oct 2013

AS MOCHILAS VIAXEIRAS INICIAN A SÚA ANDAINA

"Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos
andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos,
poña en funcionamento a maxia da lectura"
 Un curso máis  as  Mochilas Viaxeiras   inician a súa andaina esperando o seu disfrute por parte das Familias.
Son 21 mochilas  que viaxarán pola casas dende este mes ata o seu regreso á Biblioteca alá polo mes de xuño. Estarán unha semana nos vosos fogares.
O Contido  das  Mochilas  é diverso
*Contos, cómics, revistas, xogos,......
*Carta explicativa  
ás Familias do funcionamento e listado do material.
*Caderno Viaxeiro :
        No que as Familias escribirán as suxerencias, traballos, debuxos, fotos,etc...
Con todos estos cadernos faremos unha exposición ao final de curso.

Dende o Equipo de Biblioteca agardamos que vos gusten!!
Escomenza a viaxe!!!!!!     Boas lecturas!!!!!!!!!!!

26 oct 2013

SAMAÍN E EXPOSICIÓN CABAZAS


 
           Estimadas   Familias:
 
 
        Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o período máis importante do ano.
 
     Eran datas claves para reunirse nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
 
    Coma sempre,faremos unha EXPOSICIÓN coas caveiras que fagan na casa cos seus fillos e fillas.Hai que traelas o luns 28.Mentras as fan pódenlle contar contos sobre o tema e botarlle imaxinación e inventar outros.
 
    ¡Hai doces moi ricos que se fan coa polpa cocida da cabaza, ovos, fariña e azucre! Estamos dispostos a probalos se alguén os trae feitos. UUUUhhhhmmmm!
 
    Recollerán as cabazas o mércores día 30 para levalas á súa casa e disfrutalas alí.
 
 Samaín  2013
 

25 oct 2013

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares organizamos diferentes actividades.
 
-LECTURAS RECOMENDADAS
(Preme na imaxe para aumentar de tamaño )
-VÍDEOS
Educación Infantil
"Caillou va a la biblioteca"
 

1º Ciclo
"Leer te transporta"

2º e 3º Ciclo
"Los fantásticos libros voladores"


Entrega das Mochilas Viaxeiras que escomenzarán a súa viaxe e o Pase ao liberespazo.
 
 Os nov@s usuari@s de Educación Infantil  recibirán os carnets e as "Bolsas Viaxeiras" para iniciar o préstamo.
 
E  coma sempre non faltarán os agasallos (marcapáxinas e caramelos)