11 abr 2013

PASE AO LIBERESPAZO

"Descubrimos que os libros se relacionan uns con outros de mil maneiras, levan uns a outros por mil camiños, comunícanse -por amplos corredores ou portas secretas- como as salas dun pazo inmenso, forman parte dun organismo vivo e en continuo desenvolvemento, son follas dunha mesma árbore. Descubrimos a literatura, nunha palabra. Non como materia escolar, non como catálogo de títulos e autores, senón como mundo animado, como universo. Descubrimos a galaxia Gutenberg, o liberespazo, moi anterior ao ciberespazo e mellor cartografado, aínda que non por iso menos rico en sorpresas e aventuras. E ao converternos en libernautas accedemos, entre a infancia e a adolescencia, ao noso primeiro territorio libre."
 
 Carlo Frabetti

Se queres ser "libernauta " e viaxar libremente polo "liberespazo " só tes que pasar pola Biblioteca e coller o teu Pase :

-Cubrir os datos dos libros que vas lendo.
-Colorear as lúas para indicar canto che gustou o libro.
-Escribir dúas palabras que che lembren a historia.
 Cando o teñas rematado entregao na Biblio . Sellaremos o pase e  participarás no sorteo de libros e moitos máis agasallos.
 
ANÍMATE E PARTICIPA!!!!!!!!!!!!!

10 abr 2013

RECURSOS DÍA DO LIBRO


Nas seguintes ligazóns atoparedes Recursos para traballar o tema nas aulas:
RECOMPILACIÓN BIBLIOTECA
"O RECANTO DE MIK"

RECOMPILACIÓN BIBLIOTECA
 VÍCTOR SÁENZ

RECOMPILACIÓN BIBLIOTECA
OUTEIRO DE MATILDA
                    

7 abr 2013

OLLOS DE AULA DE ABRIL

Neste mes de Abril,a revista destinada ás familias do alumnado  céntrase  nos libros e na lectura.

 
(Preme na imaxe)

3 abr 2013

INVITAD@S NA BIBLIOTECA EN ABRIL

 INVITAD@S NA BIBLIOTECA EN ABRIL,
MES DOS LIBROS E DA LECTURA:
ANXO MOURE

FINA CASALDERREY

MARCOS CALVEIRO

ABRAHAM CARREIRO

2 abr 2013

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO


Hoxe é o "DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO".
O autismo  é un espectro de trastornos caracterizados por graves déficits do desenrolo,permanente e profundo que se manifesta nos tres primeiros anos de idade e  que afecta a socialización,a comunicación,a imaxinación,a planificación e a reciprocidade emocional e evidencia conductas repetitivas e inusuais.
A Asamblea das Nacions Unidas declarou por unanimidade o 2 de Abril como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, para por en relevo a necesidade de axudar a millorar as condicións de vida dos nen@s e adultos que sofren este trastorno.
Máis información nas seguintes ligazóns:
PÁXINA OFICIAL
FUNDACIÓN MENELA
PORDEREITO
(Asociación para a integración das persoas con autismo)

EL VIAJE DE MARÍA
Unha curtametraxe de animación realizado polo debuxante Miguel Gallardo, pai dunha nena con autismo.
               

LIBROS

FÁLAME
Ed.Kalandraka

COLECCIÓN MAKAKIÑOS
Ed.Kalandraka en colaboración  coa Asociación Baión de Tratamento
do Autismo (BATA)


31 mar 2013

2 DE ABRIL: "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL"


 
Desde 1967, o 2 de Abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do "Día Internacional do Libro Infantil" co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís ,libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas.
 
Cada ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto a autores de diferentes países. Nesta ocasión, a autora do texto é a mexicana PAT MORA e o ilustrador do cartel é o estadounidense ASHLEY  BRYAN.
 
A través da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) podemos acceder ao poema de Pat Mora.
 
Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.

Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.

Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.

Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.

29 mar 2013

LECTURAS SOBRE A AUGA


 ESTAS SON ALGUNHAS DAS LECTURAS QUE TEMOS NA BIBLIOTECA SOBRE A AUGA,TEMA DO PROXECTO DOCUMENTAL DESTE CURSO.
LIBROS INFORMATIVOS E DE CONSULTA
 
LIBROS DE FICCIÓN

 

22 mar 2013

22 DE MARZO:"DÍA MUNDIAL DA AUGA"


 O  22 de Marzo celébrase
O DÍA MUNDIAL DA AUGA
 2013 foi declarado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas como 
"Ano Internacional
da cooperación na esfera da auga

O Día Mundial da Auga intentará construir un consenso en torno á cooperación en materia de agua e dar forma ás necesidades e accións que deberán acompañar a súa xestión sostible.
Máis información na Páxina Oficial
e no sitio web Water Cooperation 2013
(Preme na imaxe)

Este curso o tema ou proxecto documetal do cole é A Auga,co lema
"A pinga no Seis,algo máis ca auga"

21 mar 2013

O XARDÍN DAS LEMBRANZAS


Hoxe,21 de Marzo, Día da Árbore, aproveitamos  para inaugurar o que será no futuro
 
O XARDÍN DAS LEMBRANZAS
 
Neste xardín, cada ano,no comezo do terceiro trimestre,os cursos de prantarán unha árbore que quedará como  lembranza do seu paso polo colexio.
 
Na parede do ximnasio, o alumnado pintará un mural no que deixarán as súas pegadas.




Hoxe prantaron dous Camelios e cando veña o bo tempo farán o mural.
 
"O SEIS MÁIS CA UNHA ESCOLA"

19 mar 2013

21 DE MARZO:"DÍA DA POESÍA"

O 21 de Marzo,celebramos o"Día Mundial da Poesía".A decisión de proclamar esta data como día mundial da poesía foi adoptada pola UNESCO  en París no 1999 .
(Preme na imaxe)
O principal obxectivo desta acción é soster a  diversidade dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades respectivas.


      Por outra parte,ese día ten por obxecto axudar e dar un impulso social á poesía invitando a reflexionar sobre o poder da linguaxe e a capacidade creadora de cada persoa.

R E C U R S O S

     RECOMPILACIÓN DA BIBLIOTECA
"O RECANTO DE MIK"


     RECOMPILACIÓN DA BIBLIOTECA
"OUTEIRO DE MATILDA"


ORELLA PENDELLA



 A C T I V I D A D E S

A biblioteca organiza as seguintes actividades:
 
-Exposición de libros de poesía de diversos autores na biblioteca.

 
 
 
 
 
 
 
 

-Selección de varios poemas sobre a auga
(representación plástica e  exposición dos mesmos)

-O xoves 21 na HORA DE LER:"Lectura de poemas nas aulas"

VÍDEO
Poema "O RÍO"
 de MANUEL MARÍA cantado por Suso Vaamonde