29 dic 2012

NADAL NO "SEIS"


      Este é un resumo  dalgunhas das actividades que realizamos no cole durante o mes de Nadal:
Adornamos  a entrada co  BELÉN ("Fantasía sobre a auga") e a ÁRBORE ( Con material de refugallo,botellas  recortadas e pintadas), decoración navideña de PINGAS, NUBES e  FOLERPAS en colaboración coas familias de infantil.Decoramos os corredores e as aulas.
    Actividades sobre O APALPADOR :
Investigación documental, decoramos a  súa figura con materiais diversos, escribímoslle as CARTAS  e unhas REGUEIFAS , visitou  a Infantil e Educación Especial.
 


28 dic 2012

POR NADAL,ADOPTA UN LIBRO


     "Por nadal,adopta un libro"
       foi a campaña que levamos a cabo na última semana e tivo moi boa acollida entre o alumnado.
      Esta idea vimola noutras bibliotecas e pareceunos moi interesante e unha boa maneira de facer expurgo na biblio.
     Trátase de libros procedentes do expurgo da biblioteca,libros que están ,en desuso,que non gustan,....e que están nos andeis sen ningunha función así que decidimos dalos en adopción ao alumnado. Cada alumn@ colleu o libro que máis lle gustou e o levou para casa.
 

14 dic 2012

GUÍA DE LECTURAS PARA O NADAL

"POR NADAL.....PINGAS E LIBROS"


ESTA É A GUÍA DE LECTURAS RECOMENDADAS PARA O NADAL.
POLO NADAL OFRECEMOS UNHA ESCOLMA DE LIBROS QUE SERÁN DE LECTURA OBRIGATORIA CANDO ESCOMENCE O 2013.
SEGURO QUE AO APALPADOR,PAPA NOEL OU ÓS REIS MAGOS COMPRACERALLES ATENDER AS PETICIÓNS DE LIBROS!!!!!!!!!!!!!!!
LEMBRADE QUE UN LIBRO SEMPRE É UN BÓ AGASALLO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!


 
 
 

9 dic 2012

OLLOS DE AULA Nº3

     Xa podedes ver a o Nº 3(Decembro 2012) de OLLOS DE AULA, a revista da Coordinadora dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dirixida ás familias.Neste número danos  pautas para a compra dos agasallos de Nadal, recomendacións(música,lectura,exposicións),......

(Preme na imaxe)

5 dic 2012

O APALPADOR


        Nos últimos anos estase a recuperar a mítica personaxe do Apalpador, unha personaxe que vivía nas altas montañas das serras orientais de Galiza e que nos días do inverno baixa ás aldeas e vilas dos vales para apalparlles a barriguiña ás meniñas e aos meniños por ver se comeran ben durante todo o ano, achegándolles castañas e agasallos feitos a man.
     O Apalpador, de profesión carboeiro, mora nas devesas das montañas do Caurel e outras serras orientais da Galiza e caracterízase fisicamente por ser un xigante bonachón que viste boina e traxe esfarrapado e con remendos, fuma en pipa e se alimenta con baias salvaxes e os porcos bravos que caza no monte.
      Recuperar o Apalpador é un acto de reivindicación das nosas tradicións e dun consumo solidario e responsable.
 
 
        O Apalpador é moi lambeteiro e se @s nen@s lle deixan un calcetín ou uns zapatos con algo doce para axudarlle a andar toda a noite visitando todas as casas de todos @s nen@s galegos, el entrégalles os agasallos de madeira, tea e cartón que fixo coas súas mans no tempo de lecer do resto do ano. Ao Apalpador gústanlle máis os xoguetes feitos á man con materiais naturais como a madeira ou o barro, cheos de cariño e respectuosos co medio ambiente, que aqueles de plástico, automáticos e con pilas que gastan moita enerxía e empobrecen os nenos e nenas doutras partes do planeta.
 

Máis información na páxina oficial do Apalpador:

PÁXINA OFICIAL DO APALPADOR
 
  (Preme na imaxe)

LIM



 
CRA "RAIÑA ARAGONTA"
 
   
                                

 
 COORDINADORA DO ENDL DO BARBANZA
 
 

 
CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN
 
 

 
 CEIP "OUTEIRO DAS PENAS"
 
 

2 dic 2012

RECURSOS " O NADAL"


Na  páxina da
"Coordinadora Galega de Equipos de  Normalización e Dinamización  Lingüística"
atoparedes moitos recursos para traballar o tema nas aulas: contos, refráns, teatro, o apalpador, cartas,......

WEB  DE  NORBERTO
 
 
 
 BIBLIOTECA
 "O RECANTO DE MIK"




"NADAL EN GALICIA"


 

BIBLIOTICS


 
 LIM
"CELEBRAMOS O NADAL"
ANA MARTÍNEZ REY
EDUCACIÓN INFANTIL

LIM
 "BO NADAL"
BELÉN JUNQUERA
 
 
NAVIDAD VEDOQUE

 

28 nov 2012

CULTURGAL 2012


    Chega a quinta edición de CULTURGAL, a Feira das Industrias Culturais.
Celébrase dende o 30 de Novembro ata o 2 de Decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.     
Culturgal 2012  leva como lema
"A casa da Cultura Galega é a túa casa,
 ti tes a chave".  
 
     Constitúe o espazo de encontro e difusión do sector cultural galego, arte, música, literatura, cine, teatro, televisión, danza, circo, maxia e novas tecnoloxías.
                                 Este é o PROGRAMA

27 nov 2012

25 DE NOVEMBRO:"PINGAS POLA IGUALDADE"


Para conmemorar esta data,
propuxemos unha serie de actividades para traballar nas aulas:
Educación Infantil e Educación Especial
 Conto
"Rosa caramelo" de Adela Turín.  
  
 
1ºCiclo
  Conto
"Artur e Clementina" de Adela Turín.   
                                        
           
2º Ciclo
En pingas elaboramos frases alusivas ao tema.

3º Ciclo
-Rebumbio de ideas sobre o tema.
-Elaboración do Manifesto.
 

Todas e todos dámonos apertas ao ritmo da
 "Rumba das apertas".
Antes do recreo fixemos un acto simbólico :
1.-Lectura do Manifesto por parte do alumnado de 6º.
2.--Entrega  do lazo violeta.
Unha mostra do que escribiron @s alumn@s de 6º.


   Pingas pola Igualdade
  A violencia non é unha solución,é un problema,só pode traumatizar, matar, violar;non chegues ata eses extremos, primeiro falade como persoas que somos, non como animais.
  Se te maltratan non cales, Proclama,ás veces,a confianza non é boa,non deixes que escupan na túa alma,non esperes na ventá unha solución;os teus ollos delatan todo o que che ocorre,¡Non cales!¡Fala sen medo!Sendo home ou muller que non te coma o medo.
  Témonos que concienciar e a toda a poboación do mundo enteiro,non agardes a estar morta para que che dean a razón.Fala,que tes voz!
  Loita, se valente, mira en fronte, levántate, loita contra a violencia de xénero!!!!
A solución é tarefa de tod@s.

  Pingas pola Igualdade
   As mulleres levamos centos de anos sufrindo polas persoas que críamos que nos querían.
   Sufrindo golpes no noso corpo ou na nosa confianza e autoestima.
  Se caes nesas areas movedizas,non deixes que te traguen ata rematar coa túa vida. Sube das profundidades, rexurde do teu sono e escapa dese horror do que só ti podes saír.
   Non morras polo amor que te mata.
  Toma o control da túa vida,non permitas que as súas palabras corten as túas cordas vogais para que non o digas,para que non o proclames.
    Non permitas que alguén roube a túa alma.
    Este día  é para isto, para berrar, para recargar esa batería que el descargou, para salvarche e volver a ser túa, non súa,.....
 

  As nenas e nenos de 6º
      Queremos reivindicar a todas as nenas e mulleres de todo o mundo.
       Como decía  Isaac Asimov:
         "A violencia é o último recurso do  incompetente".

  Os nenos e nenas de 6º
            Desexamos que:
-Ninguén sexa maltratad@.
-Ningún bico á forza.
-Non á violencia, non á humillación, non á discriminación.
 


25 nov 2012

EXPOSICIÓN INSTRUMENTOS "SONAMOS"

  Na entrada do cole está montada unha exposición de
Instrumentos Musicais orixinais realizados con materiais de refugallo na que @s alumn@s de 6º e Educación Especial amosaron a súa imaxinación e creatividade.
Grazas  a todas i todos pola colaboración.!!!!!!

 
 Presentación en imaxes