28 nov 2012

CULTURGAL 2012


    Chega a quinta edición de CULTURGAL, a Feira das Industrias Culturais.
Celébrase dende o 30 de Novembro ata o 2 de Decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.     
Culturgal 2012  leva como lema
"A casa da Cultura Galega é a túa casa,
 ti tes a chave".  
 
     Constitúe o espazo de encontro e difusión do sector cultural galego, arte, música, literatura, cine, teatro, televisión, danza, circo, maxia e novas tecnoloxías.
                                 Este é o PROGRAMA

27 nov 2012

25 DE NOVEMBRO:"PINGAS POLA IGUALDADE"


Para conmemorar esta data,
propuxemos unha serie de actividades para traballar nas aulas:
Educación Infantil e Educación Especial
 Conto
"Rosa caramelo" de Adela Turín.  
  
 
1ºCiclo
  Conto
"Artur e Clementina" de Adela Turín.   
                                        
           
2º Ciclo
En pingas elaboramos frases alusivas ao tema.

3º Ciclo
-Rebumbio de ideas sobre o tema.
-Elaboración do Manifesto.
 

Todas e todos dámonos apertas ao ritmo da
 "Rumba das apertas".
Antes do recreo fixemos un acto simbólico :
1.-Lectura do Manifesto por parte do alumnado de 6º.
2.--Entrega  do lazo violeta.
Unha mostra do que escribiron @s alumn@s de 6º.


   Pingas pola Igualdade
  A violencia non é unha solución,é un problema,só pode traumatizar, matar, violar;non chegues ata eses extremos, primeiro falade como persoas que somos, non como animais.
  Se te maltratan non cales, Proclama,ás veces,a confianza non é boa,non deixes que escupan na túa alma,non esperes na ventá unha solución;os teus ollos delatan todo o que che ocorre,¡Non cales!¡Fala sen medo!Sendo home ou muller que non te coma o medo.
  Témonos que concienciar e a toda a poboación do mundo enteiro,non agardes a estar morta para que che dean a razón.Fala,que tes voz!
  Loita, se valente, mira en fronte, levántate, loita contra a violencia de xénero!!!!
A solución é tarefa de tod@s.

  Pingas pola Igualdade
   As mulleres levamos centos de anos sufrindo polas persoas que críamos que nos querían.
   Sufrindo golpes no noso corpo ou na nosa confianza e autoestima.
  Se caes nesas areas movedizas,non deixes que te traguen ata rematar coa túa vida. Sube das profundidades, rexurde do teu sono e escapa dese horror do que só ti podes saír.
   Non morras polo amor que te mata.
  Toma o control da túa vida,non permitas que as súas palabras corten as túas cordas vogais para que non o digas,para que non o proclames.
    Non permitas que alguén roube a túa alma.
    Este día  é para isto, para berrar, para recargar esa batería que el descargou, para salvarche e volver a ser túa, non súa,.....
 

  As nenas e nenos de 6º
      Queremos reivindicar a todas as nenas e mulleres de todo o mundo.
       Como decía  Isaac Asimov:
         "A violencia é o último recurso do  incompetente".

  Os nenos e nenas de 6º
            Desexamos que:
-Ninguén sexa maltratad@.
-Ningún bico á forza.
-Non á violencia, non á humillación, non á discriminación.
 


25 nov 2012

EXPOSICIÓN INSTRUMENTOS "SONAMOS"

  Na entrada do cole está montada unha exposición de
Instrumentos Musicais orixinais realizados con materiais de refugallo na que @s alumn@s de 6º e Educación Especial amosaron a súa imaxinación e creatividade.
Grazas  a todas i todos pola colaboración.!!!!!!

 
 Presentación en imaxes


21 nov 2012

OBRADOIRO DE REGUEIFA


      Esta semana  tivemos no cole  un
 Obradoiro de Regueifas .
E unha actividade da Concellería de Normalización Lingüística do Concello.
     O alumnado de 6º  disfrutou desta xornada e achegouse  á improvisación oral, ao ritmo, rima, aos xogos de palabras... a través da regueifa da man de
 Luis O Caruncho e Pinto de Herbón.
 
 
¿Que é unha regueifa?
A A regueifa é un desafio en verso entre dúas ou máis persoas que disputan usando a retranca, o humor e moita creatividade. Forman parte da tradición oral galega.
 

Unha mostra da nosa Regueifeira  "Loli Valencia"
 
Caruncho e Pinto de Herbón 
de regueifas maxistral
vennos dar unha lección
pra todo o Seis do Nadal.

 
De tódolos regueiferos
que hoxe en día hai en Galicia
Caruncho e Pinto de Herbón
eiquí en Coia,que ledicia!
 
Caruncho madruga moito
eso véselle nos pés
mirádelle pos zapatos
non sabe que color é.
 
Para unha motoserra
o Pintiño de Herbón
cando era un rapaz
inventou unha canción.
 
Máis información nas seguintes ligazóns:
-Vieiros da escola.
-Regueifa.org

20 nov 2012

DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS


     En 1959, as Nacións Unidas aprobaron unha “Declaración dos Dereitos do Nen@”, que incluía 10 principios.

     Posteriormente aprobouse o texto final da "Convención sobre os Dereitos do nen@”,
o
20 de Novembro de 1989, que é un tratado internacional con 54 artigos que recoñecen que todas as persoas menores de 18 anos teñen dereito a ser protexidos,desenvolverse e participar activamente na sociedade.
 A Biblioteca organiza  unha Exposición de fondos sobre o tema e algunhas das Lecturas  que recomendamos son:


Nas seguintes ligazóns podedes atopar  recursos para traballar o tema nas aulas:
      Recompilación de recursos
" Biblioteca Víctor Sáenz"
 
  Rayuela.org

18 nov 2012

A TROPA DE TRAPO

O xoves  22  recibiremos a visita de

A TROPA DE TRAPO 

 e o seu espectáculo

"ANTÍA, WAMBA  E  O  REGATO  PEQUENO"
 

Antía é unha nena galega que vai merendar ao parque. Wamba é un mozo do Congo que vende de todo no Top Manta para poder sobrevivir. Unha carreira, un tropezo e un bocadillo van unir as súas vidas e van compartir o que nese momento levan enriba : Antía, a súa merenda, e Wamba, as súas historias

Ao longo do espectáculo, Wamba contaralle a Antía catro historias que falan de África e de Europa, do que nos sobra e do que nos falta, de compartir de verdade, de valorar o importante, de rir, de mirar con esperanza ao futuro… contos para bailar e cantar, para xogar, pero tamén para sentir e pensar.

Máis información na páxina

17 nov 2012

O MAGOSTO NO SEIS

O 9 de Novembro celebramos
 
 O     M  A  G  O  S  T  O
 
Decoramos a entrada do cole  cun mural e coa castañeira e o castañeiro.
 
Tamén escribiron adiviñas,ditos,refráns, cantigas e os máis maiores inventaron xogos coas castañas.
Fixemos Xogos Populares :
 peóns , bolos , , á corda , ó pano e ás canicas.
En Educación Infantil montamos un circuito e xogamos ao xogo da culler.
 
Asamos castañas , tiznámonos, bailamos,.....
Pasámolo moi ben !!!!!!!!!!!!!!!!!!
 


11 nov 2012

Nº 2 DA REVISTA "OLLOS DE AULA"

         Este o Nº 2 (Novembro) da Revista "OLLOS DE AULA",elaborada pola Coordinadora Galega  de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística  dirixida ás Familias.

                 (Preme na imaxe para acceder á Revista)

6 nov 2012

LECTURAS PARA O MAGOSTO

      ESTAS SON AS LECTURAS QUE RECOMENDAMOS PARA O MAGOSTO E QUE PODEDES ATOPAR EN EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA.

O MAGOSTO-
COLECTIVO "OLLO DE SAPO"
A BONECA E A CASTAÑEIRA
OS BOLECHAS FAN UN MAGOSTO
OS PEQUENOS BARBANZÓNS
"CASTAÑAS CON PORCO BRAVO"
O MAGOSTO

5 nov 2012

O MAGOSTO: LIM

"A CASTAÑEIRA"
ANA MARTÍNEZ REY

"A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA"
ANA MARTÍNEZ REY

"CELEBRAMOS O MAGOSTO"
ANA MARTÍNEZ REY

"MAGOSTO"
CEIP JUAN FERNANDEZ LATORRE