17 nov 2012

O MAGOSTO NO SEIS

O 9 de Novembro celebramos
 
 O     M  A  G  O  S  T  O
 
Decoramos a entrada do cole  cun mural e coa castañeira e o castañeiro.
 
Tamén escribiron adiviñas,ditos,refráns, cantigas e os máis maiores inventaron xogos coas castañas.
Fixemos Xogos Populares :
 peóns , bolos , , á corda , ó pano e ás canicas.
En Educación Infantil montamos un circuito e xogamos ao xogo da culler.
 
Asamos castañas , tiznámonos, bailamos,.....
Pasámolo moi ben !!!!!!!!!!!!!!!!!!
 


11 nov 2012

Nº 2 DA REVISTA "OLLOS DE AULA"

         Este o Nº 2 (Novembro) da Revista "OLLOS DE AULA",elaborada pola Coordinadora Galega  de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística  dirixida ás Familias.

                 (Preme na imaxe para acceder á Revista)

6 nov 2012

LECTURAS PARA O MAGOSTO

      ESTAS SON AS LECTURAS QUE RECOMENDAMOS PARA O MAGOSTO E QUE PODEDES ATOPAR EN EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA.

O MAGOSTO-
COLECTIVO "OLLO DE SAPO"
A BONECA E A CASTAÑEIRA
OS BOLECHAS FAN UN MAGOSTO
OS PEQUENOS BARBANZÓNS
"CASTAÑAS CON PORCO BRAVO"
O MAGOSTO

5 nov 2012

O MAGOSTO: LIM

"A CASTAÑEIRA"
ANA MARTÍNEZ REY

"A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA"
ANA MARTÍNEZ REY

"CELEBRAMOS O MAGOSTO"
ANA MARTÍNEZ REY

"MAGOSTO"
CEIP JUAN FERNANDEZ LATORRE




4 nov 2012

O MAGOSTO:RECURSOS

O vindeiro venres 9 de Novembro celebraremos
"O MAGOSTO"
Nas seguintes ligazóns atoparedes RECURSOS  para traballar nas aulas
(Unidades didácticas, refráns, ditos, adiviñas, cantigas,.......)
        WEB DE NORBERTO
 
 
       RECURSOS DA BIBLIOTECA "VÍCTOR SÁENZ"
 
     RECURSOS DA BIBLIOTECA  "OUTEIRO DE MATILDA"
 
      GALICIA ESPALLADA
        UNIDADE DIDÁCTICA "O MAGOSTO"
CEP PLURILINGÜE IGREXA-VALADARES (VIGO)
 
 
      UNIDADE DIDÁCTICA "O MAGOSTO"
CEIP GALÁN (ARTEIXO)

2 nov 2012

"EXPOAUGA DO TERROR"-SAMAÍN 2012 NO SEIS


CHEGOU  O SAMAÍN I ,COMA SEMPRE,NA ENTRADA DO COLE, COAS CAVEIRAS QUE FIXERON AS FAMILIAS,MONTAMOS UNHA GRAN EXPOSICIÓN  CHEA DE IMAXINACIÓN E COLORIDO.
 
DEGUSTAMOS  DOCES FEITOS COA POLPA COCIDA DA CABAZA.UHHHHHHHHHHHHHHH!!!
                      QUE RICOSSSS!!!!!!!!


GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!

O ALUMNADO ADORNOU UNHA "PINGA DE AUGA TERRORÍFICA" I CON ELAS DECORAMOS A ENTRADA.

PRESENTACIÓN EN IMAXES



28 oct 2012

24 DE OUTUBRO,"DÍA DA BIBLIOTECA"


           Aínda que a nosa Biblio xa abriu as súas portas o 1 de Outubro,
o 24 "Día das Bibliotecas",
fixemos un acto para conmemorar esta data.

     ACTIVIDADES
-Lectura do "Pregón da Biblioteca".
-Reflexión colectiva por aulas
"¿Que é unha biblioteca?"
Escribimos  nunha "pinga" para colgar dunha nube chea de libros.
 
 
 
-Vimos o video:" Me gusta leer"
 
     E  para rematar entrega dun Agasallo (marcapáxinas e caramelos  para o alumnado).
 
          En Educación Infantil fixemos  tamén entrega dos carnets aos nov@s usuari@s e as "Bolsas Viaxeiras" para iniciar o préstamo da fin de semana.

    Foi unha xornada moi especial!!!!!!
 


25 oct 2012

23 oct 2012

SAMAÍN: "RECURSOS LIM"

O XOGO DE SAMAÍN

 
                             LIM
 
LIM COLABORATIVO O SAMAÍN/O OUTONO
 

 
"CHEGOU O SAMAÍN"-ANA MARTÍNEZ REY
 
 
"SAMAIN"-EEI TARRÍO-SAMIEIRA
 
 
"MARCELINA E A NOITE DO SAMAÍN"- EEI O GRUPO
 
 
"SAMAÍN"-EEI MONTE DA GUÍA
 

 LIM DO CONTO "CORRE CORRE, CABACIÑA"
NAIARA CASTILLO

 

22 oct 2012

SAMAÍN:ORIXE E RECURSOS

          Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o período máis importante do ano.
Eran datas claves para reunirse nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
     Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña.
    O cristianismo, adoptando o ano novo dos celtas e a súa festa á honra dos mortos, designaría o primeiro de novembro como día de Todos os Santos, e no século XII, ao día seguinte como día de Defuntos.

   Se queres saber máis cousas sobre o Samaín,
visita as seguintes páxinas:
Wikipedia
 
Vieiros da escola
Cabazas do Samaín
 
 Páxinas con moitos Recursos:
*Biblioteca Outeiro de Matilda
 
Web de Norberto

 
*Biblioteca Víctor Sáenz