29 sept 2012

CURSO 2012-2013


BENVID@S  A  TOD@S  A UN NOVO CURSO

ESTE ANO TEMOS COMO TEMA COLECTIVO
" A  AUGA"

            PRETENDEMOS QUE O NOSO ALUMNADO ACADE UN MAIOR COÑECEMENTO SOBRE A AUGA E A SÚA INFLUENCIA NO CONTORNO NATURAL,SOCIAL E CULTURAL,NA SÚA INTERACCIÓN , NAS POSIBILIDADES DE CONSERVACIÓN ,O SEU USO DUN XEITO RACIONAL E RESPONSABLE.

           COÑECER E VALORAR O PATRIMONIO QUE TEN RELACIÓN COA AUGA (MUIÑOS, BALNEARIOS, LAGOAS,...)

           INVESTIGAREMOS O CICLO DA AUGA, OS SEUS USOS, DEPORTES, MANIFESTACIÓNS CULTURAIS, POEMAS, REFRÁNS, CONTOS,...........

" A   PINGA   NO   SEIS "


5 jun 2012

DÍA DO MEDIO AMBIENTE NO LAGARES

Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria participamos nas actividades organizadas pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo con motivo da celebración o 5 de Xuño do Día Mundial do Medio Ambiente.
Realizamos os obradoiros de:
"Recoñecemento de especies invasoras"

"Construción de niños de paxaros"

"Análise de augas"

"Reciclaxe"

Como remate colaboramos co grupo de voluntarios e voluntarias de Camiño a camiño na retirada da planta invasora “amor de home” da beira do río Lagares.


Pasámolo moi ben, aprendemos moito e o Excmo. Sr. Alcalde Don Abel Caballero prometeu invitarnos a unha chocolatada para agradecer o noso esforzo e traballo.

4 jun 2012

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA 2012

       A alimentación é un tema fundamental ao longo da vida das persoas.
 E imprescindible unha dieta rica e equilibrada que nos aporte os nutrientes necesarios para levar a cabo as actividades diarias.
  
     A Consellería do Medio Rural e do Mar en colaboración ca Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,a Consellería de Sanidade e Anfaco-Cecopesca,están promovendo unha campaña para dar a  coñecer as múltiples virtudes das conservas de produtos do mar.

                                   

Realízase a través dun obradoiro
"PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA".

    O obradoiro desenvolvese en dúas partes:

-Charla na que se falou dos valores nutritivos das conservas de produtos do mar,..
-Elaboración de bocatas con conservas do mar por parte do alumnado.As especies mariñas en conserva,xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais,cereais,lácteos,....serviran para elaborar os bocatas.



O alumnado de terceiro de primaria participou neste obradoiro


Que bocatas máis ricos!!!!!!!!!!

Máis información na Páxina Web (xogos,receitas,......) 

27 may 2012

VISITA DE TERESA GONZÁLEZ COSTA

O VENRES 25 DE MAIO CONTAMOS COA PRESENCIA DE
TERESA   GONZÁLEZ   COSTA

        Dirixida ao alumnado de 4º de Primaria .
      Ao longo da sesión falou  do seu libro "A filla do ladrón de bicicletas",da historia,dos personaxes,....e respostou ás preguntas do alumnado,firmou os exemplares e recibiu como agasallo un diploma e unha camiseta.
     Grazas!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

"A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS",
 Premio Merlín  2010.

"Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas, vive coa súa tía, dona Perfecta, nunha vila mariñeira. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que consegue abraiar, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo".

23 may 2012

EXPOSICIÓN SOBRE VALENTÍN PAZ ANDRADE

     Previamente e durante a Semana das Letras Galegas,estivemos traballando sobre o autor homenaxeado VALENTÍN PAZ ANDRADE.
    Ao longo destes días visitamos os cartaces do Ceip ADR Castelao-Rianxoque estan expostos polos corredores do cole.
    Cada ciclo preparou algún aspecto destacado da súa vida e obra.
   Tamén fixemos actividades en liña, actividades lim e outras.
    EDUCACIÓN INFANTIL FIXO RETRATOS
PRIMEIRO CICLO,OS SEUS POEMAS
SEGUNDO CICLO,AS SÚAS OBRAS
 TERCEIRO CICLO,A SÚA BIOGRAFÍA
 Recollemos nesta presentación unha pequena escolma dos distintos traballos que fixemos.


22 may 2012

OBRADOIROS

                  A través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo,poidemos participar no mes de Maio  en  dous  OBRADOIROS
CONTOS DO MEDIO
    Este obradoiro foi desenrolado por Faia-Educación Ambiental  e dirixido ao alumnado de Educación Infantil de catro anos.
            A través dos contos e historias , achegamos aos nenos e nenas ao medio ambente, aos seus valores e a nosa lingua.
    Os protagonistas son o carballo, a landra, o bugallo, ...as flores,....

 
            Máis información na páxina de
 Faia-Educación ambiental: http://faia.gl/
  
              OBRADOIRO DO MAIO
    Impartido por un membro da Asociación Veciñal Casco Vello.Dirixido ao  alumnado de Terceiro de Primaria.
      Pasámolo moi ben!!!!

Máis información na páxina do Casco Vello

15 may 2012

CONTACONTOS: "MARIO TOMÁS"

O luns 14 contamos coa presencia de
 "MARIO TOMÁS"
"Mario Tomás López comeza a súa andaina teatral no teatro amateur de Lugo en 1984, sendo cofundador da asociación Chévere e participando nos diferentes espectáculos e obradoiros da asociación ata 1987. Formouse en Alemaña, París e Madrid con profesionais da talla de Jacques Lecoq, ou coa directora do teatro Tembr de Moscova, entre outros moitos. 
      Actor en espectáculos clásicos como La vida es sueño, El burlador de Sevilla ou Bodas de sangre, por só nomear algúns, Mario Tomás tamén é e foi director e axudante de dirección doutros moitos, tales coma TROYA SIGLO XXI para o festival de teatro clásico de Mérida (2002) ou a versión e posta en escena dos TRES PORQUIÑOS E ALGÚN OUTRO (2007). 
     Titiriteiro desde 1997 con numerosos espectáculos por toda a xeografía do Estado, tamén colaborou en series como “Aquí no hay quien viva” (2005) e foi a voz da personaxe de Bach no programa El conciertazo en TV-2 (2002/2004). 
      En 2005 crea a compañía de monicreques Tirititempo, coa cal ten estreado xa varios espectáculos: Os Tres Porquiños e Algún Outro, A Illa do Tesouro e Setesete."

Información en:
O alumnado de 1º e 2º de Primaria disfrutaron coas súas historias e os seus personaxes.


Logo firmou no libro de visitas i como agasallo entregámoslle  unha camiseta e un diploma.
Grazas!!!!!!!!!!!!!!!!!


 

 

13 may 2012

VISITA DE ANXO FARIÑA

O venres 11 contamos coa presencia do escritor e ilustrador
"ANXO FARIÑA"

         Compartiu unha sesión co alumnado de 6º de Primaria.
      Falounos sobre un dos seus libros "A CHAVE DA ATLÁNTIDA",que recibiu o premio Merlín de Literatura infantil 2011.
     Contounos entre outras cousas que o inspirou para escribir este libro:os seus desexos de cativo,as Illas Cíes,...
    Amosounos ilustracións que fixo para este libro e contounos como elaborou aos personaxes principais.
    Falou tamén doutras obras que ilustrou,o libro "TI NON XOGAS" de Silvestre Gómez Xurxo ou outro das súa colección "OS MEGATOXOS ".

 (Preme na imaxe)
     Logo chegou a quenda para as preguntas dos cativos e cativas.Quixeron saber,entre outras cousas,se lle gustaba ler de pequeno,cando comenzou a debuxar,cantos libros ten publicados,....
    Finalmente deleitounos facendo unha ilustración dun dos nosos alumnos caracterizado coma un auténtico robot.

    Firmou os exemplares do seu libro A Chave da Atlántida e no libro de invitad@s.


Máis información sobre Anxo Fariña no
                                  "Blog Os Megatoxos"
Os Megatoxos
(Preme na imaxe)
Na súa Páxina web
Anxo Fariña, migranha
(Preme na imaxe)
Presentación en fotos da sesión con Anxo Fariña

12 may 2012

O MAIO DO SEIS

ENTRE TOD@S FIXEMOS O NOSO MAIO.

    AS FAMILIAS APORTARON: CALAS,PAMPILLOS,MARGARIDAS,UCES,
CARQUEIXAS,XESTAS,FIUNCHOS,FENTOS,...


     POUCO A POUCO FOMOS MONTANDO 
 A PORTA DO ATLÁNTICO.

AO DÍA SEGUINTE CANTÁMOSLLE  
AS COPLAS AO NOSO MAIO.


7 may 2012

MÁIS RECURSOS "VALENTÍN PAZ ANDRADE"

COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA.
(PREME NA IMAXE)

WEB DE NORBERTO

(PREME NA IMAXE)