26 nov 2011

25 DE NOVEMBRO:CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

"MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"
(25-11-2011)
A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP “SEIS DO NADAL”
MANIFÉSTASE EN CONTRA DA VIOLENCIA:

-De  XÉNERO, usaremos o respeto,a liberdade e o dereito á denuncia e á protección.
-Da  DISCRIMINACIÓN, usaremos a igualdade.
-Do  RACISMO, usaremos a integración.
-Do  MALTRATO MORAL, usaremos o dereito á  dignidade.
-Do  SEXISMO, usaremos a semellanza.
-Do  ABUSO, usaremos a moderación.
-Do  ACOSO, usaremos a nosa voz máis defensora.
-Das  AMEAZAS, usaremos o noso amparo e resgardo.

   A@s agredid@s levarémoslles a nosa comprensión e confianza.

 Para conmemorar o 25 de Novembro,o alumnado do terceiro ciclo(5º e 6º) traballaron este tema.O alumnado de 6º elaborou o anterior manifesto.

No resto das aulas escribiron peticións,slogáns,frases e mensaxes  sobre o tema.

  Unha mostra dalgunha das mensaxes escritas polos alumn@s:

“Se te están maltratando,soluciona os teus problemas falando e non pegando.”
“Di NON á violencia”
“Non fagas o que non queres que che fagan a ti”
“Menos maltrato e violencia,máis cariño e axuda”.
“Os mesmos dereitos para tod@s”.

   Elaboramos unha PANCARTA co  lema:

 “TOD@S  XUNTOS  NUN  ACIO  CONTRA 
 A  VIOLENCIA  DE XÉNERO”
 Fixemos un acio de globos violetas.

          Antes do recreo fixemos un acto simbólico, co seguinte programa:

1.-Lectura do Manifesto.
2-Colocación das mensaxes por parte do alumnado no acio de globos.
3-Entrega ao alumnado e profesorado do lazo violeta.
                          

     * Durante o acto sonou a canción “Malo” de Bebe.

   * Como remate do acto colocamos a pancarta no exterior do cole.



20 nov 2011

DEREITOS DOS NEN@S-RECURSOS

      En 1959, as Nacións Unidas aprobaron  unha “Declaración dos  Dereitos do Neno”, que incluía 10 principios.


       Posteriormente aprobouse  o  texto final da "Convención sobre os Dereitos  do neno”,  O  20 de Novembro de 1989, que é un tratado internacional con 54  artigos que recoñecen que todas as persoas menores de 18 anos teñen dereito a ser protexidos,desenvolverse e  participar activamente na sociedade.


  Na Biblioteca temos unha exposición  sobre o tema.


 Máis información   recursos  nos seguintes enlaces:
             -Recursos da Biblioteca Víctor Sáenz.

                 -Rayuela.org(páxina web dos dereitos dos nenos)

Entre os libros  que temos na biblioteca recomendamos:


-"Os dereitos do neno e a nena". Editorial Bahía.

-"El caso de Lorenzo". Editorial Juventud.

-"Cuentos del derecho y del revés". Manos Unidas.

-"Una escuela como la mía". Editorial Blume.

-"Los derechos del niño". Editorial Susaeta.
            Se premes na imaxe podes ver os seguintes "vídeos":

-"Derechos de los niños".Los Lunnis para Unicef.


-"Derechos del niño"(MAFALDA)



13 nov 2011

MOCHILAS VIAXEIRAS

      Un curso máis as Mochilas Viaxeiras  inician a súa andaina esperando o seu disfrute por parte das Familias.

    Son 22 mochilas que viaxarán pola casas dende este mes ata o seu regreso á biblio ala polo mes de xuño.

   As Mochilas  estarán unha semana nas vosas casas, chegarán os xoves e voltarán ao xoves seguinte ao cole.


   Como Familia  é importante:
  • Puntualidade  á hora de entregar a mochila.
  • Comprobar que o seu contido  está completo e coidado despois do seu uso.
  • Desfrutar  xuntos do material que se vos empresta.
       O Contido das Mochilas  é diverso:

*Nota ás Familias.

*Materias diversos :
               - Libros de diversa temática e sobre o tema do curso.
               . Os Bolechas: -"A Reconquista de Vigo"
                                           -"Aniversario na Ría de Vigo"
                                           -"Unha sortella no fondo da Ría de Vigo"
               ."Vigo na historia".
*Puzzles :
       -Os Bolechas:"A Porta do Sol".
       -Os Bolechas:"A historia de Vigo".
       -Parque Nacional Illas Cies.

*Caderno Viaxeiro :
       No que as familias escribirán:
         -O seu nome.
         -A data na que recibe a mochila e a entrega de volta ao cole.
         -O que lle gustou dos materiais,un debuxo,foto,....sobre Vigo.
Con todos estos cadernos faremos unha exposición ao final de curso.



MOCHILAS  VIAXEIRAS  2011 - 2012

2 nov 2011

RECURSOS PARA O MAGOSTO

    Despois do Samaín,xa nos preparamos para o "MAGOSTO".
    O celebraremos o día de San Martiño,venres 11 de Novembro.


 Aquí  tedes enlaces interesantes para saber máis cousas sobre esta festa.

    -O castiñeiro, a castaña,o magosto

 http://gl.wikipedia.org/wiki/Magosto    

   -Recursos con textos,contos,refráns,adiviñas,..

 http://www.webdenorberto.com/recursos/magosto/recursos_e.htm
   -Compilación de recursos da Biblioteca Víctor Sáenz:

  https://sites.google.com/site/recursosparaomagosto/
   -Actividades en liña:


1 nov 2011

O SAMAÍN NO SEIS

       Coma todos os anos enviamos ás familias unha nota con información e enlaces sobre o SAMAÍN. Coas caveiras que fixeron as familias montamos unha Exposición.

   Grazas familias pola vosa colaboración!!!!!!

   Tamén trouxeron doces feitos coa polpa cocida da cabaza. Uuhhhhhhhmmmm!!!Que ricossssss!!!!!!
    O alumnado decorou en papel a súa cabaza favorita  i con elas decoramos o cole.
    Aquí deixamos unha mostra da “Exposición

 "SAMAÍN   EN  VIGO  2 0 1 1"


31 oct 2011

LECTURAS PARA O SAMAÍN

        Durante a última semana de outubro ambientamos a biblioteca con adornos de medo e unha  exposición de contos relativas ao Samaín que o alumnado puido disfrutar nos recreos e na hora de biblioteca.
  " S   A  M  A  Í  N   2 0 1 1 "


        * Entre as lecturas recomendamos :

       COLECCIÓN “O BAÚL DOS MONSTROS"
                                             
           " A CASA DO RATO RENATO"
                                                      

"CORRE CORRE CABACIÑA"

 " O GRAN LIBRO DOS MEDOS DO RATO PEQUENO"


"OS BARBANZÓNS:A NOITE DE SAMAÍN"


25 oct 2011

BENVIDA AO CURSO 2011-2012

            Benvid@s a tod@s a un novo curso.
                           Este ano temos como tema colectivo "VIGO".
       Pretendemos que o noso alumnado coñeza a cidade na que viven para poder disfrutala e polo tanto ter un sentimento máis forte de pertenza a nosa cidade.
       Apreciar e disfrutar das manifestacións artísticas,culturais,deportivas,.... da nosa cidade.
       Investigaremos as parroquias,os monumentos, os museos,o mar,os deportes,a industria,a Reconquista,.....

   “VIGO”,  ALGO   MÁIS   CA   UNHA   CIDADE
    
        E   O   “SEIS “,  ALGO   MÁIS   CA   UNHA  ESCOLA”


              Unha pequena mostra dos traballos feitos polo alumnado,
no que amosan a súa creatividade,imaxinación,........

28 jun 2011

LECTURAS PARA O VERÁN

   Chegan as vacacións, é tempo para descansar,xogar,viaxar,...pero tamén para ler.

   Como todos os cursos suxerimos títulos para que poidades  ler no verán.
  Tamén podedes atopar lecturas para o tempo de lecer neste enlace www.sol-e.com
Bo verán e Felices Lecturas!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

EDUCACIÓN INFANTIL
 
TÍTULO: "O PASEO DE ROSALIA"
AUTORA: Pat Hutchins
EDITORIAL: Kalandraka







TITULO: "El libro"
Autor: Hervé TULLET
EDITORIAL: Kokinos


1º CICLO PRIMARIA


Titulo: "PARA FACER O RETRATO DUN PAXARO "
        Autor: Jacques PrèverT
      Editorial: Factoria K de libros.




Título: "A PRINCESA SABELA"
 Autora: Cornelia Funke. 
 Editorial: Xerais.




2º e 3º CICLO DE PRIMARIA


 Título: "MI VECINO DE ABAJO"           
Autor: Daniel Nesquens
Editorial: Sm







Título:"NOAH  BARLEYWATER  ESCAPA DA CASA"                 
Autor: John Boyne
 Editorial:Factoria K de libros


               

27 jun 2011

12 jun 2011

CALENDARIO DE REFRÁNS POPULARES.

     Este curso o tema que traballamos no cole é XOGOS,CANTIGAS E CONTOS POPULARES. Durante todo o curso, as actividades que se realizaron no centro xiraron en torno e este tema.
Dende a biblioteca plantexamos a Unidade Didáctica:
"Literatura galega de tradición oral", centrada nos Contos, Lendas, Refráns, Adiviñas, de maneira que cada ciclo especializouse nun xenero literario diferente.

En Educación Infantil fixemos un Calendario dos meses do ano cos Refráns Populares.