O venres 23 de maio, o alumnado de 2º de Primaria tivo a oportunidade de participar nun encontro literario coa escritora Irene Alonso Gasalla, quen compartiu a súa obra "Refugallo o espantallo".
Foi unha xornada chea de
aprendizaxe e diversión, na que Irene interactuou de maneira activa cos nenos e
nenas, fomentando a súa curiosidade e creatividade.
A sesión comezou coa presentación a cargo de Denis e Heitor, un acto que a
autora confesou ser a primeira vez que acontecía, quedando moi satisfeita e
encantada coa calidez e entusiasmo dos pequenos presentadores.
Irene iniciou a súa charla introducindo
o tema da reciclaxe preguntando ao alumnado polas catro cousas que levaba
feitas con materiais reciclados: os pendentes, o anel, a bufanda e o bolso.
Explicou que ela tamén é afeccionada a recoller materiais de refugallo para
darlles unha nova vida.
Unha das actividades máis interesantes foi a clasificación de varios obxectos en función do tempo que tardan en degradarse, como bolsas, latas… facéndonos reflexionar sobre o impacto ambiental dos residuos.
Durante o encontro, Irene preguntoulles polos animais que aparecen na súa
historia, acompañando a pregunta cun divertido xogo de memoria onde debían
identificar imaxes de animais que formaban parte ou non do relato.
Lemos xuntos o apartado de inicio do libro, onde se fala de
"Lecer".
Outro momento especial foi cando Irene mostrou unha pedra, en forma de corazón, que decorara. Inspirados por esta idea, o alumnado amosou as súas propias pedras decoradas, compartindo a súa creatividade coa autora.
Para finalizar, Irene propuxo
un xogo no que a rapazada debía ler frases e decidir se estaban ben ou mal.
Esta actividade fomentou a reflexión crítica e a comprensión lectora.
Tamén se lles deu a oportunidade de facer preguntas sobre a protagonista Comba e
a historia do libro.
Mentres Irene asinaba
exemplares, os nenos e nenas puxéronse mans á obra para crear as súas propias
buxainas usando tapóns de botellas e palillos, unha actividade que reforzou a
importancia da reciclaxe e a reutilización.
Moitas grazas, Irene, por ensinarnos a importancia de coidar o medio ambiente e de reciclar!!! Foi unha experiencia enriquecedora que todos e todas desfrutamos moito!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario