Baixo a carpa do Seis, o curso chega a súa última función. As luces acéndense e os 18 colaboradores e colaboradoras de 6º de Primaria despídense tras un ano cheo de ilusión e compromiso na biblioteca.
Baixo a carpa do Seis, o curso chega a súa última función. As luces acéndense e os 18 colaboradores e colaboradoras de 6º de Primaria despídense tras un ano cheo de ilusión e compromiso na biblioteca.
Soa o redobre de tambores… chega o gran final da tempada radiofónica!
Hoxe despedimos o curso cun programa preparado por tres voces: Leonardo, Enya e Octavio, alumnado do Club de Lectura, encargados de poñer o final a un ano cheo de historias, aprendizaxes e emocións baixo o lema do noso PDI "O Gran circo do Seis".
A carpa do circo péchase por vacacións, pero a maxia das historias e da aprendizaxe continúa.
Ata o vindeiro curso… e que siga o espectáculo!
O alumnado de 1º A centrou o traballo do PDI do circo deste curso en coñecer a orixe do circo moderno e, sobre todo, a evolución dos espectáculos circenses dede a perpectiva do uso de animaias silvestres. Investigamos como eran antes as funcións con "feras" e o moito que cambiaron os circos actuais, que apostan por alternativas creativas como animais animatrónicos ou hologramas.
Descubrimos que, por sorte, no noso país o uso de animais silvestres está prohibido pola Lei de Benestar Animal, pero tamén soubemos que noutros lugares do mundo aínda se permiten circos con animais. Isto pareceunos inxusto, porque todos os seres vivos deberían poder vivir libres no seu hábitat natural.
Moi sensibilizados coa causa, coñecemos tamén as duras condicións nas que moitos destes animais malviven e a importante labor das organizacións que os rescatan e readaptan en refuxios e santuarios. Por iso, decidimos poñer en marcha unha campaña no cole a favor da supresión dos circos con animais.
Prepararon unha exposición visual sobre o tema e unha recollida de sinaturas para todos os que queiran unirse a esta campaña.
“O
circo é máis fermoso cando todos os animais son libres.”
Durante os meses de abril e maio, as familias do Seis participaron activamente na Hora de Ler, achegándose ás aulas e biblioteca para compartir contos co alumnado. Pais, nais, avós e avoas convertéronse en contadores e contadoras de historias, facendo desa hora unha aventura chea de emcoiósn, palabras e imaxinación compartida.
Cada
visita transformou a aula e a biblioteca nun
pequeno escenario onde os libros cobraban vida. Houbo contos clásicos, relatos
inventados, historias de risa e de soños. O alumnado escoitou, participou e
descubriu que ler tamén é un acto de encontro e afecto.
Esta iniciativa, promovida pola biblioteca escolar, reforzou o vínculo entre escola e familia, e fixo da lectura un espazo común de aprendizaxe e pracer. A Hora de Ler converteuse así nun tempo máxico onde as voces das familias fixeron vibrar as páxinas dos libros.
Queremos agradecer a todas as familias que nos acompañastes durante estes meses, compartindo connosco esas lecturas que tanto desfrutamos e que nos permitiron pasar momentos moi agradables e cheos de complicidade. Grazas por participar nesta fermosa experiencia. Agardámosvos no vindeiro curso!
A clase de 6º C preparou un programa para conmemorar o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente. Nesta ocasión contaron coa colaboración dos nenos e nenas de 6º de Infantil A, para compartir as novidades do festival de fin de curso, que se celebrará o 18 de xuño.
Durante o programa, reflexionouse sobre a importancia de coidar o planeta, reducir o lixo e respectar a natureza.
Desfrutádeo!!!
Durante o mes de maio, a nosa biblioteca encheuse de imaxes, risas e emocións coa celebración dun ciclo de cine en galego. Foi unha oportuidade para gozar do audiovisual na nosa lingua e redescubrir pequenas xoias que gardan os arquivos do Xabarín Club.
Os nenos e nenas de Infantil e
primeiros cursos de Primaria mergulláronse nas aventuras dun osiño entrañable: "As aventuras de Paddington". Nesta historia, o señor Gruber agasállalle a Paddington unha caixa de maxia para que aprenda os segredos dos grandes magos. Entre risas e ilusións, o público máis novo gozou dunha sesión chea de fantasía e amizade.
O alumnado de cursos superiores tivo a oportunidade de descubrir unha serie rodada en Galicia: "Os argonautas". A protagonista, Alba, chega á vila de Rodas para pasar o verán coa tía Helena. O que semellaba un tempo aburrido e solitario convértese nunha aventura chea de misterio, amizade e descubrimentos. A rapazada quedou tan intrigada que prometeu seguir a historia para saber que acontecera ese verán insquecible.
Durante o mes de maio, a Bibliolab centrou as súas actividades en dúas temáticas: o pensamento computacional e a celebración das Letras Galegas, dedicado a Begoña Caamaño. A través de xogos e creacións, o alumnado mergullouse no universo literario e tecnolóxico, combinando imaxinación e aprendizaxe.
Coas tarxetas de imaxes relacionadas coa vida e obra de Begoña Caamaño, realizouse un xogo de buscar parellas.
Cada participante decorou marcapáxinas de Begoña Caamaño e tamén se utilizou o lapis 3D para crear outros.
Empregando unha lupa vermella descubrimos o texto oculto en diferentes tarxetas. Despois, cubriuse unha ficha de investigación con toda a información atopada.
Inspirándose nas novelas de Begoña Caamaño, o alumnado escolleu un taboleiro temático e, cos dados de historias, inventou contos para narrar oralmente aos compañeiros e compañeiras.
En Primaria, as historias foron programadas
con Scratch online ou Scratch Jr, transformando a narración en animacións interactivas.
Nas obras de Begoña Caamaño mestúranse espazos reais e fantásticos. Para explorar este aspecto, realizouse un xogo de circuitos eléctricos: con cables, uníase cada imaxe co seu nome. Se a luz se acendía, significaba que a resposta era correcta. Ademais, completouse unha sopa de letras con termos e lugares das súa novelas.
As heroínas das historias de Begoña tamén tiveron o seu espazo nos xogos de taboleiro:
-Xogo tipo parchís: as personaxes movíanse polo taboleiro seguindo as frechas, empregando o dado numérico, ata chegar á meta da súa cor.
-Xogo de pensamento computacional: unha versión avanzada do parchís, na que se traballaron os bucles e condicións, aplicando conceptos básicos de programación.
Na obra “Circe ou o pracer azul”, Begoña inspirouse en personaxes da mitoloxía grega. Nesta historia Penélope, a raíña de Ítaca, e Circe, a deusa e raíña de Eea, intercambian cartas nas que comparten os seus segredos, aventuras e ameazas que sofren os seus territorios. Tiramos o dado, colocamos as pezas e programamos o CODING SET para conseguir coller a todos os personaxes.
Na obra “Morgana en Esmelle”, Begoña inspirouse nas lendas da Idade Media coñecidas como materia de Bretaña ou Ciclo Artúrico. O alumnado escolleu un dos tres xogos propostos nas tarxetas e programou ao Tale-bot, guiando a Morgana e os cabaleiros de Artur polas súas misións.
Queremos compartir convosco un traballo moi
especial que realizou a clase de 3 anos B con motivo da celebración do Día das
Letras Galegas. Os nosos pequenos e pequenas prepararon un programa de radio dedicado
a homenaxear a Begoña Caamaño.
Ao longo deste programa, descubriremos a vida da escritora e xornalista viguesa, e desfrutaremos da música de Uxía, que acompaña esta fermosa homenaxe.
Agardamos que o desfrutedes!!!
A clase de 1ºB de Primaria preparou este podcast co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, adicado este ano á escritora Begoña Caamaño.
A través dunha entrevista divertida e imaxinativa a Begoña, os nenos e nenas dan vida á autora, descubrindo aspectos da súa vida, obra e compromiso coa lingua galega, o feminismo e a cultura.
Agardamos que o desfrutedes!
Leo, Julia, Fidelia e Isaac, voluntarios e voluntarias da biblioteca, prepararon este programa con motivo da nosa participación no VIII Concurso de Podcasts Radio na Biblio. Queremos render homenaxe á escritora e xornalista galega Begoña Caamaño, co gallo da celebración das Letras Galegas 2026.
Neste
podcast descubriremos un pouco máis sobre a súa vida, a súa traxectoria
profesional no xornalismo e o seu compromiso coa lingua e coa cultura de
Galicia. Ademais, faremos un percorrido polas novelas que escribiu, "Circe
ou o pracer do azul" e "Morgana en Esmelle".
Con
este programa queremos achegar a figura de Begoña Caamaño e compartir a importancia da súa obra e do seu legado.
Agardamos que o desfrutedes!
O xoves 7 de maio o alumnado de 3º de Primaria recibiu a visita de Damián Alonso, actor de dobraxe e formador da asociación Ponte...nas Ondas!, que impartiu un Obradoiro de Radio cheo de aprendizaxe e diversión.
Primeiramente, Damián explicou as técnicas básicas de locución: ton, ritmo e como modular a voz para transmitir emocións e manter a atención da audiencia. O alumnado practicou diferentes exercicios para mellorar a súa expresión oral e a súa confianza co micrófono.
A continuación, chegou o momento de crear o guión e a escaleta do programa que ían gravar. Cada grupo achegou ideas, redactou textos e organizou as intervencións, poñendo en práctica o traballo en equipo e a creatividade.
Pero tamén se converteron en técnicos de sons. Aprenderon a manexar a mesa de mesturas, controlar os micrófonos, axustar o volume e empregar o programa Audacity para gravar e editar o seu propio podcast.
Unha mañá diferente, chea de descubrimentos, aprendizaxe e moita ilusión arredor do mundo da comunicación. Grazas, Damián, por compartir connosco a túa paixón pola radio e inspirarnos tanto!
A clase de 3ºA de Primaria chega cunha nova edición da Radio do Seis, dedicada nesta ocasión a unha das festas máis fermosas e tradicionais da nosa terra: a Festa dos Maios.
Coa
chegada da primavera, a natureza énchese de vida, de cor e de alegría, e os
Maios convértense nun símbolo dese renacer. Esta celebración, de orixe moi
antiga, está ligada ao mundo agrícola e serve para dar a benvida ao bo tempo e
agradecer os froitos que a terra nos ofrece.
A
través desta tradición tamén mantemos vivas os costumes populares, fomentamos a
convivencia e fortalecemos o sentimento de comunidade. Os cantos, as flores e
as creacións cheas de imaxinación fan dos Maios unha festa única e moi
especial.
Agardamos que desfrutedes desta nova entrega!
Durante o mes de abril, a Bibliolab encheuse de maxia para celebrar o mes do libro. As historias convertéronse en portas abertas á imaxinación, e cada actividade foi un pequeno truco cheo de ilusión, humor e creatividade. A través dos libros, descubrimos que a maxia pode estar en calquera lugar: nas palabras, nos números, na natureza e mesmo nos xogos.
Con “Era unha vez un dominó” e os dados, inventáronse contos cheos de fantasía e aventuras.
Inspirados en “El ilusionista amarillo”, de Bruno Munari, transformámonos en auténticos ilusionistas: lemos, xogamos coas cartas e descubrimos xogos diferentes a través de códigos QR. A maxia estaba nas nosas mans e tamén nas nosas ideas.
A historia de “O mago Goma”, fixo aparecer sorrisos e soños gardados nunha caixa de cristal. Inspirámonos nel para xogar con “Rimando ando”, creando versos divertidos, e co xogo “Quen é quen”, describindo personaxes máxicos con moito enxeño.
En “Tito fai de mago”, a variña máxica foi a protagonista desta sección. Con ela, fixemos aparecer o coello da chistera pronunciando a frase máxica que Tito nos ensinou. Decoramos un floreiro con flores primaverais, tirando os dados e seguindo as instrucións que guiaban cada paso do noso feitizo creativo.
O libro “Dez coelliños”, de Maurice Sendak, inspirou xogos de lóxica e cálculo. Xogamos con taboleiros, Ranitas, Suma 15 e Math Blox, demostrando que os números tamén poden facer trucos sorprendentes cando se xoga con eles.
Con “Os magos das formas”, de Anxo Fariña, observamos o mundo doutro xeito, descubrindo as formas agochadas nos obxectos do día a día. As actividades con bloques lóxicos e o xogo “Eduludo Formas” axudaron a ver que todo pode transformarse se se mira con ollos de mago.
O libro “Abececirco”, levounos a un circo cheo de letras e personaxes máxicos. Buscamos páxinas con artistas e criaturas fantásticas, xogamos a facer familias co xogo de cartas “Mini Family” e creamos acrósticos cos nomes dos personaxes do circo. As palabras convertéronse en auténticos trucos de maxia.
Para rematar, viaxamos “O meu país máxico”, un xogo de mesa: dominó, xogos de equilibrio e de observación. Cada partida foi unha nova oportunidade para rir, aprender e seguir soñando.
Na Bibliolab, a maxia dos libros segue viva en cada historia, en cada xogo e en cada sorriso que nace ao abrir un libro.
Durante o mes de abril, para celebrar o Día do Libro, o noso Cine da Biblio encheuse de aventuras, risas e moita imaxinación. Este ano, o protagonista foi o noso ilustre escritor Miguel de Cervantes e a súa obra máis coñecida: “El Quijote”.
Os nenos e nenas máis pequenos gozaron coa proxección dos “Lunnis de leyenda”, que lles amosaron quen foi Cervantes e quen era ese cabaleiro soñador chamado Don Quijote de La Mancha. Entre cancións e contos, descubriron que ler tamén é unha forma de viaxar e de soñar esperto.
Os maiores mergulláronse nun capítulo da serie “Don Quijote de La Mancha”, onde se narra a famosa aventura do barco encantado. A emoción foi en aumento ata o final, cando todos se preguntaron: onde estaba o barco encantado? A resposta, como ben aprendeu Don Quijote, estaba na imaxinación.
Estas sesións de cine deixáronnos unha gran ensinanza: a imaxinación é o mellor barco para viaxar por mares de historias. E, como Don Quijote, tamén nós podemos soñar con aventuras imposibles cada vez que abrimos un libro.
O alumnado de 5º de Educación Infantil A e 2ºA de Educación Primaria elaborou un podcast moi especial para celebrar o Día do Libro.
Nesta ocasión, uníronse para compartir unha
historia chea de imaxinación e aprendizaxe: “A escada vermella”. Neste
relato, as nenas e nenos contan a historia dunha escada que non serve só para
subir, senón tamén para soñar. A través das súas voces, o conto cobra vida e
convídanos a descubrir como cada chanzo pode levar a novos mundos, aventuras e
emocións.
O 23 de abril celébrase o Día
Internacional do Libro, unha data que lembra a importancia da lectura, da
palabra escrita e da creatividade.
No noso centro, esta celebración é unha oportunidade para compartir historias, descubrir novos contos e dar protagonismo ás voces do alumnado. Desfrutádeo!!!
A biblioteca organiza durante este mes de abril o IX Mercado Solidario de Libros usados, unha actividade que forma parte do programa Bibliotecas Escolares Solidarias.
O obxectivo principal deste mercado é dar unha segunda vida aos libros procedentes do expurgo da biblioteca, promovendo ao mesmo tempo valores de responsabilidade e solidariedade entre o alumnado. Trátase dunha excelente oportunidade para compartir, axudar e contribuír a un mundo máis xusto.
-Datas: Do 21 de abril ao 8 de maio
-Lugar: Vestíbulo do centro
O alumnado poderá levar un libro a cambio de achegar alimentos non perecedoiros (fariña, azucre, pastas, conservas...). Deste xeito, cada intercambio convértese nun xesto solidario.
A actividade está organizada polo voluntariado da
biblioteca durante os recreos, de 11,30h a 12,00h.
Todos os alimentos recadados serán doados
ao Banco de Alimentos de Vigo, contribuíndo así a apoiar ás persoas que máis o necesitan.
Grazas pola vosa colaboración nesta iniciativa
solidaria!!