Mostrando entradas con la etiqueta Educación Documental. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación Documental. Mostrar todas las entradas

12 jun 2026

VIAXANDO POLO MUNDO DO CIRCO

Ao longo das últimas semanas, o alumnado de 5º de Primaria estivo inmerso nun proxecto de investigación arredor do mundo do circo, no que combinaron aprendizaxe, creatividade e expresión oral.


Nesta ocasión, cada neno e nena investigou sobre un aspecto concreto: os tipos de circo, as profesións, a vida no circo ou o circo como arte.

A partir da información recompilada, prepararon as súas intervencións para compartilas na aula, así as exposicións orais convertíronse nun momento clave  da actividade, no que o alumnado puido poñer en práctica as súas habilidades comunicativas, expresar as súas ideas e aprender tamén das achegas dos compañeiros e compañeiras.

O conxunto destas exposicións deron lugar á creación dun libro viaxeiro informativo sobre o mundo do circo.

11 jun 2026

CAMPAÑA CIRCO SEN ANIMAIS

O alumnado de 1º A centrou o traballo do PDI do circo deste curso en coñecer a orixe do circo moderno e, sobre todo, a evolución dos espectáculos circenses dede a perpectiva do uso de animaias silvestres. Investigamos como eran antes as funcións con "feras" e o moito que cambiaron os circos actuais, que apostan por alternativas creativas como animais animatrónicos ou hologramas.

Descubrimos que, por sorte, no noso país o uso de animais silvestres está prohibido pola Lei de Benestar Animal, pero tamén soubemos que noutros lugares do mundo aínda se permiten circos con animais. Isto pareceunos inxusto, porque todos os seres vivos deberían poder vivir libres no seu hábitat natural.

Moi sensibilizados coa causa, coñecemos tamén as duras condicións nas que moitos destes animais malviven e a importante labor das organizacións que os rescatan e readaptan en refuxios e santuarios. Por iso, decidimos poñer en marcha unha campaña no cole a favor da supresión dos circos con animais.

Prepararon unha exposición visual sobre o tema e unha recollida de sinaturas para todos os que queiran unirse a esta campaña.

“O circo é máis fermoso cando todos os animais son libres.”

9 jun 2026

O CIRCO AO LONGO DA HISTORIA

O alumnado de 5º de Primaria participou nunha actividade de investigación enmarcada no PDI, centrada na evolución do circo ao longo da historia.

A proposta comezou cunha actividade  motivadora en forma de xogo de pistas por estación. Organizados en grupos, os nenos e nenas tiveron que resolver diferentes retos empregando o seu inxenio, a lóxica e o traballo en equipo. Cada proba superada permitíalles conseguir unha parte da liña do tempo do circo, que posteriormente serviría como base para o traballo de investigación. Foi unha xornada moi dinámica e divertida, na que a participación activa foi protagonista.

Unha vez rematada esta primeira fase, cada grupo encargouse dunha etapa histórica do circo. A partir dunha investigación guiada, o alumnado recompilou información relevante sobre as características  da súa época. Os cambios máis significativos e os elementos máis representativos.

Como produto final, elaboraron un cartaz no que sintetizaron a información e acompañaron con imaxes ilustrativas, traballando así a capacidade de selección, organización e presentación dos contidos.

Para completar a actividade, cada grupo realizou a súa exposición oral, compartindo co resto da clase o aprendido. Deste xeito, construiron entre todos unha liña do tempo do circo, integrando as diferentes etapas e comprendendo a súa evolución dun xeito global.

14 mar 2026

AS MULLERES NO CIRCO

Durante a Semana da Muller, cada aula mergullouse nunha investigación fascinante sobre as Mulleres no circo ao longo da historia. Este proxecto enmárcase dentro do PDI do curso, que busca explorar diversos aspectos do Circo.

O noso obxectivo foi dar visibilidade ao papel fundamental que as mulleres desempeñan no mundo do circo. Descubrimos historias inspiradoras de valentía, talento e innovación, que merecen ser contadas e recoñecidas.

Algunhas das mulleres extraordinarias que investigamos, cada unha pioneira no seu campo:

-Madame Saqui: a raiña da corda frouxa.

-Mabel Stark: a dama dos tigres.

-Rosa Matilda Richter, «Zazel»: a primeira muller bala.

-May Wirth: a raiña da acrobacia ecuestre.

-Pinito del Oro, Miss Mara, Paulina Schumann...


26 may 2025

PDI 6º DE PRIMARIA: SARGADELOS

Ao longo deste curso, o alumnado de 6º de Primaria mergullouse na rica historia de SARGADELOS, unha parte integral do noso patrimonio cultural galego. Este tema formou parte do Proxecto Documental Integrado (PDI) do centro, titulado "Feira artesanal no Seis do Nadal", onde exploraron diversas manifestacións da artesanía tradicional galega.

O proxecto ofreceu aos nenos e nenas a oportunidade de descubrir a orixe e a evolución da recoñecida fábrica de cerámica de Sargadelos. Aprenderon sobre os seus elementos máis característicos e como estes se integran na identidade cultural de Galicia.

Unha das actividades principais foi a creación dunha vaixela personalizada. Cada alumno/a deseñou as súas propias pezas empregando as cores típicas de Sargadelos, especialmente o azul. Esta actividade permitiu ao alumnado expresar a súa creatividade mentres comprendían mellor o deseño e a estética da cerámica tradicional.

O alumnado tamén aprendeu a escribir os seus nomes empregando a tipografía característica de Sargadelos. Este exercicio achegounos ao mundo do deseño gráfico e axudou a comprender a importancia da identidade visual desta marca.

Realizamos ademais un traballo de simetría cunha Meniña de Sargadelos. O alumnado tivo que completar a figura a partir da súa metade, o que lles permitiu afondar en conceptos matemáticos dun xeito visual e artístico, mentres seguían explorando os motivos e deseños propios da cerámica de Sargadelos.

Ademais, coñecemos a costa galega e os seus faros a través das figuras de Sargadelos, que representan algúns dos máis emblemáticos. Para facer a aprendizaxe máis vivencial, elaboramos un circuíto eléctrico onde as figuras dos faros cobraban vida ao acender unha bombilla. Con esta actividade, unimos arte, xeografía e ciencia, traballando conceptos como o funcionamento dos circuítos eléctricos de maneira creativa e significativa.

Aproveitando a celebración do Entroido, levamos a temática un paso máis alá: o alumnado elaborou máscaras inspiradas en Sargadelos e caracterizouse con disfraces baseados na cerámica galega.

En conxunto, todas estas actividades serviron para coñecer e valorar o legado de Sargadelos, fomentando ao mesmo tempo a expresión plástica, a imaxinación, o pensamento matemático e científico e o respecto polo patrimonio galego. Este proxecto interdisciplinar enriqueceu o coñecemento dos nenos e nenas, ao tempo que cultivou un profundo aprecio pola cultura e tradicións galegas.

20 may 2024

FOTOGRAFÍA: CAROLINE SOUTH

Para rematar o proxecto documental deste curso, a fotografia, na clase de 5º de Edº Infantil traballaron unha última fotógrafa: Caroline South.

Unha fotógrafa inglesa que estudou arte e deseño, á que lle encanta facer composicións de elementos naturais, sobre todo, atopados. A través dunha presentación de fotos, coñeceron o traballo desta autora.

E nas vacacións de Semana Santa tiñan que recoller plásticos de cores das praias. Falaron e clasificaronnos segundo a súa cor.

Tamén investigaron sobre as cores do Arco da vella e crearon os seus propios con plástico.

Continuaron explorando o traballo da artista xogando cos plásticos de cor branca para crear composicións e mandalas.

Tamén crearon o marco para a súa foto e o decoraron con formas diferentes.

Remataron completando unha ficha sobre o traballo de Caroline. Debuxáronna, escribiron o seu nome e catro palabras claves: fotógrafa, creativa, composicións e arco da vella.

10 mar 2024

DÍA DA MULLER 2024

Con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, organizamos diversas actividades:

Exposición temática cunha selección de “Lecturas en feminino”, con biografías sobre mulleres científicas, escritoras, valentes, pioneiras, fortes,... en diferentes eidos da sociedade e, libros nos que as mulleres e as nenas son protagonistas, que estiveron a disposición do profesorado para poder traballar con elas.

Cada aula realizou unha investigación sobre mulleres galegas que destacan no eido audiovisual seguindo o PDI deste curso: fotógrafas, cineastas, actrices, xornalistas...

A partir da información crearon un producto final (poster, vídeo, actividade plástico-visual...) que foi exposto no vestíbulo do centro.

Edº Infantil: Mary Quintero

1º Primaria: Sofía Casanova e Mª Luz Morales
2º Primaria: Cándida Otero Fontán
3º Primaria: Mabel Rivera e Dorotea Bárcena
4º Primaria: María Pujalte, Chelo Loureiro e María Castro
5º Primaria: Mercedes Mariño e María Casares
6º Primaria: Sofía Casasnovas e Cristina Castaño

7 mar 2024

8M: MERCEDES MARIÑO E MARÍA CASARES

Nas aulas de quinto, con motivo do 8M, estiveron traballando as figuras de actrices galegas que abriron camiño a outras mulleres no mundo do teatro e do cinema.

O alumnado tivo que realizar unha investigación sobre as vidas de Mercedes Mariño e María Casares para posteriormente crear as súas biografías, aproveitando así para traballar esa tipoloxía textual.

Posteriormente elexiuse unha desas biografías e coa aplicación Chatterpix crearon un vídeo que narra a biografía destas dúas grandes mulleres e das cales podedes desfrutar nos seguintes vídeos:

MERCEDES MARIÑO

MARÍA CASARES

1 mar 2024

PROXECTO FOTOGRAFÍA 2º: ROBERT CAPA

As  clases de 2º de Primaria continúan traballando no proxecto documental de fotografía.

Despois de coñecer a Vivian Maier e a Luis Ksado, achegámonos a outro fotógrafo que Olai Sendón nos presenta no seu libro “A fotógrafa Perpetua”, porque as súas fotos ademais de contar historias explican o mundo e axudan a recordar as cousas e a xente que se foron deixando atrás.

Aproveitando que o reto da biblioteca para este segundo trimestre é “Imaxina! Narrativas de Paz” e, partindo da foto “Muerte de un miliciano” de Robert Capa, fixemos como Olaia, a nosa propia reinterpretación empregando diferentes elementos.

Robert Capa é o pseudónimo que empregaban dous fotógrafos, Endre Ernő Friedmann e Gerda Taro, para publicar as súas reportaxes fotográficas sobre conflictos bélicos.

Agradecer ás familias a súa inestimable colaboración e implicación por este ilusionante proxecto no que estamos inmersas neste curso.