Mostrando entradas con la etiqueta Reciclaxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Reciclaxe. Mostrar todas las entradas

24 may 2025

VISITA DE IRENE ALONSO

O venres 23 de maio, o alumnado de 2º de Primaria tivo a oportunidade de participar nun encontro literario coa escritora Irene Alonso Gasalla, quen compartiu a súa obra "Refugallo o espantallo".

Foi unha xornada chea de aprendizaxe e diversión, na que Irene interactuou de maneira activa cos nenos e nenas, fomentando a súa curiosidade e creatividade.

A sesión comezou coa presentación a cargo de Denis e Heitor, un acto que a autora confesou ser a primeira vez que acontecía, quedando moi satisfeita e encantada coa calidez e entusiasmo dos pequenos presentadores.

Irene iniciou a súa charla introducindo o tema da reciclaxe preguntando ao alumnado polas catro cousas que levaba feitas con materiais reciclados: os pendentes, o anel, a bufanda e o bolso. Explicou que ela tamén é afeccionada a recoller materiais de refugallo para darlles unha nova vida.

Unha das actividades máis interesantes foi a clasificación de varios obxectos en función do tempo que tardan en degradarse, como bolsas, latas… facéndonos reflexionar sobre o impacto ambiental dos residuos.

Durante o encontro, Irene preguntoulles polos animais que aparecen na súa historia, acompañando a pregunta cun divertido xogo de memoria onde debían identificar imaxes de animais que formaban parte ou non do relato.

Lemos xuntos o apartado de inicio do libro, onde se fala de "Lecer".

Outro momento especial foi cando Irene mostrou unha pedra, en forma de corazón, que decorara. Inspirados por esta idea, o alumnado amosou as súas propias pedras decoradas, compartindo a súa creatividade coa autora.

Para finalizar, Irene propuxo un xogo no que a rapazada debía ler frases e decidir se estaban ben ou mal. Esta actividade fomentou a reflexión crítica e a comprensión lectora.

Tamén se lles deu a oportunidade de facer preguntas sobre a protagonista Comba e a historia do libro.

Mentres Irene asinaba exemplares, os nenos e nenas puxéronse mans á obra para crear as súas propias buxainas usando tapóns de botellas e palillos, unha actividade que reforzou a importancia da reciclaxe e a reutilización.

Moitas grazas, Irene, por ensinarnos a importancia de coidar o medio ambiente e de reciclar!!! Foi unha experiencia enriquecedora que todos e todas desfrutamos moito!!!

5 jun 2024

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Os nenos e nenas de 1ºA traballaron de forma activa o Día Mundial do Medio Ambiente que se celebra o 5 de xuño.

Este ano, o lema desta data é “As nosas terras. O noso futuro. Somos a #XeraciónRestauración”. Con este lema, búscase crear conciencia sobre a importancia de restaurar as terras degradadas, deter a desertificación e fortalecer a resiliencia á sequía.

Para celebrar esta data, a cativada de 1º A coñeceron a tres incribles activistas mediambientais: Jane Goodall, Wangari Maathai e Greta Thunberg e tamén realizaron diversas actividades para promover a acción e conciencia ambiental.

Gravaron o programa de radio, xunto ao alumnado de 5º Edº Infantil A, que pronto poderedes escoitar.

Reconvertendo paisaxes secas

Utilizando fotografías de diferentes paisaxes devastadas polas sequías, deron vida a un mundo cheo de esperanza e cor, demostrando a súa capacidade para imaxinar un futuro máis verde.

Pancartas polo medio ambiente

Con gran entusiasmo, os pequenos  e pequenas, crearon pancartas con mensaxes claras e contundentes para reivindicar a importancia de coidar o noso planeta.

A través das actividades, os nenos e nenas tomaron conciencia da importancia de protexer o noso planeta e adquiriron ferramentas para convertirse en axentes de cambio.

E como di Greta Thunberg, incluso os máis pequenos/as poden facer grandes cousas.

Xuntos podemos construir un futuro máis sostible!!!.

16 may 2023

BIBLIOLAB: LIBROS E HISTORIAS

Estas son algunhas das actividades que se desenvolveron na BiblioLab no mes de abril cuxa temática foi: libros, contos e historias.

Libros con realidade aumentada

Inventamos e contamos historias empregando os Story Cubes, picto-dados de contos clásicos.

Xogos de  mesa cooperativos: os tres porquiños, carapuchiña vermella, piggy story.

Papiroflexia: flores e bolboretas con libros de expurgo.

11 may 2023

O PLANETA QUE QUEREMOS

Recollemos nesta presentación as maquetas, murais e debuxos sobre “O Planeta que queremos”, que se realizaron polo Día da Nai Terra, traballando o Obxectivo ODS Nº13: Acción polo clima.

O Planeta que queremos de Biblioteca Seis do Nadal

22 abr 2020

22 DE ABRIL, DÍA DA TERRA


Hoxe cumprense 50 anos desde que se celebra o Día Internacional da TerraO promotor deste día foi Gaylord Nelson, que decidiu instaurar este día para concienciar á poboación dos problemas que nos afectan en torno a contaminación, a conservación do medio ambiente  e a necesidade de coidar o noso planeta e promover a armonía entre natureza e planeta.

O noso proxecto anual está centrado en “Cambiar o mundo” polo que ao longo deste curso traballamos sobre coidado do medio ambente, reducir, reciclar e reutilizar, xestión de residuos,…

Deixamos unha pequena mostra dos traballos que realizaron coas propostas das mochilas viaxeiras sobre Arte reciclado.
Podedes facer manualidades e marcapáxinas con materiais de refugallo que teñades por casa.
Lecturas 
Preme na imaxe e accederas ao conto 
"¿Qué le pasa al planeta"
Poesía "Arbolidades"

25 may 2017

RECICLA CON DINOSETO

A semana pasada tivemos unha visita moi especial: Dinoseto e Dinosetiño que nos ensinaron a correcta separación dos distintos residuos e materiais para a conservación  e protección do medio ambente  e a colaboración no coidado da nosa cidade.
O alumnado de primeiro e segundo puido desfrutar desta actividade organizada polo Concello de Vigo e aprender o rap da reciclaxe.

8 feb 2015

XOGA,APRENDE E RECICLA

Por segundo ano participamos no Programa Educativo Vigo Recicla sobre reciclaxe, para ensinar ao alumnado de 2º,3º e  a necesidade de separar os distintos residuos e materiais para a conservación e protección do medio ambente a través dun videoxogo.
Despois dunha breve explicación por parte da monitora, cada alumno/a xogou.
Tiñan que  levar os productos ata o contedor máis axeitado.Cantos máis acertos consigan máis cerca estarán de convertirse en superheroes da reciclaxe xunto a Recicliño e Recicliña.
Ao remate recibiron unha bolsa de reciclaxe con agasallos.