O luns 19 de maio, o alumnado de 2º de Primaria tivo a oportunidade de participar nun interesante obradoiro de cestería, organizado dentro do programa Biblioteca Creativa.
A actividade titulada "Quen fai un Cesto, fai un Cento" foi dirixida por Electra Menéndez, creadora do proxecto Pedras de Papel, unha profesional con ampla experiencia en historia, arqueoloxía e difusión do patrimonio cultural, ademais de ser unha creativa e artesá do papel.
Electra Menéndez guiou aos nenos e nenas nunha viaxe creativa pola arte da
cestería, ensinándoos a fabricar cestos empregando papel como material
principal.
Os/as pequenos/as artesáns aprenderon a importancia da paciencia e a precisión,
descubrindo que facer un cesto require tanto habilidade como creatividade.
Paso a paso, os nenos e nenas seguiron as instrucións de Electra para dar forma ao
seu propio cesto.
O obradoiro foi unha experiencia enriquecedora para todos e todas. A alegría e o entusiasmo dos nenos e nenas mentres creaban os seus propios cestos de papel foi palpable, demostrando que realmente desfrutamos do proceso creativo e tamén reforzou a importancia de reutilizar materiais e respectar o medio ambiente. Grazas Electra!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario