A escritora Érica Esmorís visitou o noso centro para ter un encontro literario co alumnado de 4º de Primaria e así conversar sobre o seu libro “Patio de luces”, obra galardoada co XI Premio Ciudad de Málaga.
Unha historia que nos leva a explorar as
vidas dos habitantes dun pequeno edificio de cinco andares. Con humor, emoción
e aventura, o libro ensinanos que non sempre podemos fiarnos das apariencias convidándonos
a mirar máis alá do superficial.
Despois dunha cálida presentación por parte do
alumnado, Érica compartiu a inspiración para escribir esta historia. A idea xurdiu
de algo tan cotiá como observar a roupa tendida nun patio de luces.
Este acto levoulle a reflexionar sobre o valor da comunidade e os lazos
que se tecen entre os veciños e veciñas, destacando a importancia de respetar a
diversidade e aceptar as diferencias para formar unha comunidade solidaria.
Durante o encontro, tamén se falou dos personaxes, como o avó de Lea,
porteiro dun edificio, que nos permitiu conversar sobre esta profesión que, a
día de hoxe, está en extinción.
Rematou asinando nos libros do alumnado. Grazas Érica por compartir esta
xornada con nós!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario