Mostrando entradas con la etiqueta Culturgal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Culturgal. Mostrar todas las entradas

26 nov 2025

CULTURGAL 2025

Culturgal, a Feira das Culturas Galegas, celebra a súa 18ª edición no Pazo da Cultura de Pontevedra do 28 ao 30 de novembro.

Un lugar de encontro entre os públicos e artistas, profesionais e institucións. Un espazo para poñer en contacto a creadores e compañías con profesionais da xestión cultural, programadores, empresas e institucións. Os expositores da Culturgal son o corazón e o motor da Feira.

O proxecto 'Perpetuando', desenvolvido dende o CIFP Imaxe e Son da Coruña, é o responsable da creación da imaxe do cartaz do Culturgal 2025, nunha actividade coordinada por Olaia Sendón, Ana Monteagudo e Elisa Vecino co alumnado do ciclo de Imaxe.

A proposta leva por título 'Cooltura' e quere representar unha cultura aberta, diversa e próxima.

Ademais dos expositores, haberá actividades como presentación de libros, espectáculos musicais, contacontos, obradoiros, teatro, cine, danza, videoxogos...

O horario será de 11,00h a 21,00h.

Ligazón ao Programa

https://cultur.gal/programa/

Máis información na páxina https://cultur.gal/

27 nov 2024

CULTURGAL 2024

Culturgal, a Feira das Culturas Galegas, celebra a súa 17ª edición no Pazo da Cultura de Pontevedra do 29 de novembro ao 1 de decembro.

Un lugar de encontro entre os públicos e artistas, profesionais e institucións. Un espazo para poñer en contacto a creadores e compañías con profesionais da xestión cultural, programadores, empresas e institucións. Os expositores da Culturgal son o corazón e o motor da Feira.

Ademais dos mais de 100 expositores, haberá unhas 200 actividades como presentación de libros, espectáculos musicais, contacontos, obradoiros, teatro, cine, danza, videoxogos...

O horario será de 11,30h a 21,00h.

Contaremos coa presenza de Manuel Rivas, Premio Nacional das Letras 2024 e con actuacións como “A nena e o grilo, o camiño das cores” de Magín Blanco e Ghazafellos.

Ligazón ao Programa

https://cultur.gal/wp-content/uploads/2024/11/ProgramaCulturgal2024-7.pdf

Máis información na páxina https://cultur.gal/

30 nov 2023

CULTURGAL 2023

Culturgal, a Feira das Culturas Galegas de Galicia, celebra a súa 16ª edición no Pazo da Cultura de Pontevedra do 1 ao 3 de decembro.

Un lugar de encontro entre os públicos e artistas, profesionais e institucións.

O programa conta con diversas actividades: novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música, videoxogos e outras iniciativas vinculadas ao mundo da arte.

Ligazón ao Programa


23 nov 2022

CULTURGAL 2022

Culturgal, a feira da actividade cultural de Galicia, celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra do 24 ao 27 de novembro.

Este ano a Feira celebra o seu quince aniversario “15 anos cos fíos da cultura” e suma un día máis, cunha xornada previa, o xoves 24 de novembro, dirixida exclusivamente a profesionais, empresas e asociacións sectoriais.

O programa conta con diversas actividades: novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música, libros, ciencia, teatro, obradoiros,…

Ligazón ao programa

https://www.culturgal.com/static/themed/culturgal/docs/2022-programa-infantil.pdf

26 nov 2021

CULTURGAL 2021

Co lema "A cultura que toca", Culturgal, a feira da actividade cultural de Galicia, celébrase do 26 ao 28 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. 

Recupera o contacto, o encontro, a conversa presencial e o directo na cultura.

O programa conta con máis de 100 actividades: música, libros, contacontos, ciencia, teatro, obradoiros,…

Ligazón ao programa

https://www.culturgal.com/static/themed/culturgal/docs/2021-programa-infantil.pdf

28 nov 2019

CULTURGAL 2019


Culturgal é a feira da actividade cultural de Galicia, que se celebrará do 29 de novembro ao 1 de decembro de 2019 no Pazo da Cultura de Pontevedra co lema 


“Dalle unha volta á Feira”

O programa da 12ª Culturgal reserva grandes sorpresas: música, teatro, danza, libros, arte, ciencia e moitos obradoiros nos que falar, movernos e descubrir.
Unha Feira que espalla as súas liñas de programación en diferentes escenarios: INFANTIL, con contacontos, baile, obradoiros, obradoiros, ciencia, etc; o FORO como espazo recollido de presentacións e encontros profesionais; a CARPA, cunha dotación técnica excelente para espectáculos cun aforo máximo de 400 persoas; o LIBRO, o espazo de referencia para o encontro entre autoras/es e público con todos os premios, novidades e lanzamentos a curto prazo e o CINEMA, unha sala na que atoparse coa colleita audiovisual do ano e adiantarse ao que virá.
Ligazón ao PROGRAMA

30 nov 2018

CULTURGAL 2018

'TI LEVAS O COMPÁS'

Este é o lema da undécima edición de Culturgal, que se celebrará do 30 de novembro ao 2 de decembro de 2018 no Pazo da Cultura de Pontevedra. A Feira ten horario ininterrumpido de 11:00h a 21:00h o venres e o sábado. O horario do domingo é de 11:00h a 20:00.
Ademais de poder achegarte aos máis de 80 stands dedicados ao libro, música, teatro, audiovisual, infantil, tecnoloxía,...

Culturgal conta cun programa de ao redor de 120 actividades propias durante os 3 días: concertos, espectáculos familiares, encontros con escritores, estreas de filmes e moito máis.

Acollerá  o sábado 1 de decembro un concerto de Carlos Núñez.

O público infantil e familiar terá dúas actuacións musicais o domingo 2 con Oviravai e Xoán Curiel.


Ligazón ao PROGRAMA

30 nov 2016

CULTURGAL 2016

"Cultura, Comunidade, Futuro"
Este é o lema da novena edición de CulturgalFeira das Industrias Culturais, que se celebrará os días 2, 3 e 4 de decembro de 2016 no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Ademais de poder achegarte aos máis de 80 stands adicados ao libro, música, teatro, audiovisual, infantil,.... 

Culturgal conta cun programa de ao redor de 120 actividades propias durante os tres días: concertos, espectáculos familiares, encontro con escritores/as , películas e outros productos culturais.

Acollerá tres espectáculos especiais protagonizados por SonDeSeu, Budiño e María Fumaça.

En Culturgal haberá lugar para a arte contemporánea a través da exposición " Pegadas na terra", na que 18 artistas galegos/as amosan diferentes vías de achegarse á natureza.

Existe un servizo de visitas guiadas en lingua de signos para aquelas persoas que o demanden.


Ligazón ao PROGRAMA:

2 dic 2015

CULTURGAL 2015

"Presume de Culturgal"
 Ese é o lema da oitava edición de Culturgal, Feira das Industrias Culturais, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de decembro de 2015 no Pazo da Cultura de Pontevedra.
A palabra en todos os ámbitos será a protagonista da oitava edición: literatura, tecnoloxía, música, foros e encontros.

Ademais de poder achegarte aos máis de 80 stands dedicados a libro, música, teatro, audiovisual, infantil, tecnoloxía e máis, Culturgal conta cun programa de ao redor de 120 actividades propias durante os tres días: concertos, espectáculos familiares, encontros con escritores, estreas de filmes e moito máis.

Ligazón ao PROGRAMA: