Mostrando entradas con la etiqueta Matemáticas na Biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Matemáticas na Biblioteca. Mostrar todas las entradas

30 mar 2024

BIBLIOLAB: XOGAMOS COAS MATES

No mes de marzo, as actividades que se desenvolveron na BiblioLab tiveron como eixo temático as matemáticas. Traballamos a atención, a lóxica, o razonamento, a resolución de problemas, a velocidade, visión espacial, estratexia, motricidade…

FIGURAS XEOMÉTRICAS

Coloreamos, decoramos, recortamos e montamos as figuras xeométricas.

XOGANDO CON PALILLOS

Resolución de problemas con palillos e montaxe de figuras.

TANGRAM

Empregamos as pezas para montar o tangram de maneira libre ou coas plantillas.

SUDOKU COLOR CUBE

Organizamos os cubos para que non haxa ninguna cor repetida en ninguna fila e en ningunha columna.

DOMINÓS

Dominós matemáticos de distintos niveis de dificultade.

ITRAX

Xogo de táctica e estratexia e atopar o camiño que conecta dous bloques.

BUILDZI

Construimos a torre coas tarxetas de maneira cooperativa ou competitiva.

BATALLA DE GENIOS

Para os/as máis pequenos/as “A batalla de genios junior”  na que terán que colaborar para completar o panal.

Para os máis maiores ”A batalla de genios original”. Quen será máis rápido/a e completará o taboleiro?

XOGO DE CONSTRUCIÓN

Empregamos as pezas que temos nas caixas e construimos formas diversas usando a nosa imaxinación.

13 may 2015

XOGA COAS MATEMÁTICAS

Onte,12 de maio , Día escolar das Matemáticas, celebramos esta data cun obradoiro  co título 
“Xoga coas Matemáticas”
No vestíbulo do cole montamos oito mesas.En cada unha traballouse unha actividade distinta:espellos, calculadoras, pensamento estratéxico, dominó, números, pentaminós, tangrám, cubo soma.
 Dividimos ao alumnado en grupos de tres que  foron rotando polas distintos postos onde estaban os monitores/as de sexto, que foron explicando as actividades a desenvolver.
Pasamos unha mañá moi entretida e divertida!!!!!
Imaxes do que foi a xornada


23 may 2014

EXPOSICIÓN E OBRADOIRO DE PROXECTOS DE TECNOLOXÍA

O luns recibimos  na Biblioteca a visita dos alumnos/as de 4º da ESO do IES Valadares para ensinar ao alumnado de 1º e 5º de Primaria os proxectos que fixeron nos últimos anos na asignatura de Tecnoloxía  e que deseñaron e construiron no taller do instituto.
Traballos de tecnoloxía nos que amosaron diferentes tipos de poleas,engranaxes,robots,xoguetes solares,foguetes de auga,..


Dividiron aos rapaces en grupos de catro ou cinco,e cada grupo ía  rotando polos distintos postos nos que estaban os monitores/as e alí explicábanlles os traballos,o seu funcionamento máis o seu manexo.

Comenzaron polos máis pequenos,que se interesaron moito polos proxectos.Facíalles moita ilusión e prestaron moita atención  e os maiores fixeron preguntas moi  interesantes e estiveron moi atent@s.
Preguntas como que é un cegoñal,como se programa un robot,que é un sensor,cales son os principais mecanismos ou como funciona unha placa fotovoltaica foron explicadas con moito detalle polos monitores coa axuda das súas profes.
Os máis pequen@s  coma os maiores quedaron abraiados cos robots,con sensores,cos xoguetes eléctricos e mecánicos e,sobre todo,co lanzamento dos foguetes de auga.
Tanto para os nosos alumnos/as como para o alumnado da ESO,que poideron disfrutar de ser" profes por un día ", foi unha experiencia estupenda.
Agasallámoslles cunha merenda e con xabóns feitos a man por nós.
Grazas !!!
Algunhas fotos da xornada

12 may 2014

SEMANA MATEMÁTICA

Seguindo co lema "Ler ciencia na Biblioteca Escolar" e, como  hoxe, 12  de Maio, é o Día Escolar das Matemáticas, iniciamos a nosa SEMANA MATEMÁTICA.
 
Na Biblioteca montamos unha exposición de Origami e preparamos dous obradoiros de papiroflexia e  Xogos Matemáticos.
 
Os distintos elementos de papiroflexia están feitos polo alumnado de 5º de primaria e son eles/elas os que explican ao resto do cole que pasará pola biblioteca ao longo da semana organizados por ciclos.Desta maneira faremos diferentes actividades de papiroflexia e matemáticas dependendo da idade do alumnado.
Algúns exemplos  de Papiroflexia: canciño,flores, marcapáxinas, camisa, falda, pantalón.
Xogos matemáticos:
Educación Infantil:Bloques lóxicos.
1º e 2º:dominós,mosaicos,producto cartesiano cos bloques lóxicos en función dos atributos.
3º e 4º:tangram,pentaminós.
5º e 6º:cubo soma, pentaminós, hexamantes, calculadora, tangram, ovotangram.
Hoxe,a biblioteca encheuse de nenos e nenas de Educación Infantil,que esperaban impacientes e atentos ás explicacións dos maiores de quinto.

As imaxes son unha mostra da xornada .O remate da semana poremos as fotos de todas as actividades desenvoltas.