Presentamos un resumo dos Retos mensuais, plantexados ao longo do curso, vinculados ao Proxecto Documental Anual, “O futuro que queremos”, centrado nos Obxectivos ODS da Axenda 2030.
11 jun 2023
11 may 2023
O PLANETA QUE QUEREMOS
Recollemos nesta presentación as maquetas, murais e debuxos sobre “O Planeta que queremos”, que se realizaron polo Día da Nai Terra, traballando o Obxectivo ODS Nº13: Acción polo clima.
8 may 2023
RETO ODS: MAIO
Neste mes, aproveitando que o 15 de maio celebramos o Día da Familia, centrarémonos na diversidade familiar e poremos o foco no respecto e a non discriminación.
Teñen protagonismo o Obxectivo ODS Nº10, que nos fala de garantir a igualdade de oportunidades e reducir a desigualdade
de resultados, mesmo eliminando as leis, políticas e prácticas discriminatorias
e promovendo as adecuadas a ese respecto, e tamén o Obxectivo ODS Nº 16, coa
súa meta de garantir a adopción en todos os niveis de decisións inclusivas,
participativas e representativas que respondan ás necesidades.
No reto deste mes imos formar un
vecindario de familias diversas na
entrada do cole. Collede unha caixa de zapatos, montade unha habitación cos
integrantes dunha familia e traédea ao cole para poder facer a composición
entre todas.
Non é preciso que sexa a vosa familia,
podedes inspirarvos nos seguintes contos para elexir o modelo de familia que
queredes representar:
19 abr 2023
RETOS ODS: ABRIL
Neste mes, aproveitando que o día 22 de abril, se conmemora o Día Internacional da Nai Terra, imos traballar o Obxectivo ODS nº 13: Acción polo clima.
A Nai Terra claramente pídenos que actuemos. Os océanos énchense de plásticos e vólvense máis acedos. A calor extrema, os incendios forestais, as inundacións e outros eventos climáticos afectaron a millóns de persoas.
Unha das metas que se persegue con este obxectivo é a de mellorar a educación, a sensibilización e a capacidade humana e institucional respecto da mitigación do cambio climático, a adaptación a el, a redución dos seus efectos e a alerta temperá.
No reto deste mes tedes que imaxinar o planeta que queredes e ensinárnolo nunha manualidade. Podedes facer un debuxo, unha maqueta, un mural... Podedes deixar estes traballos na biblioteca.
13 mar 2023
RETOS ODS: MARZO
Neste mes de marzo traballamos o Obxectivo ODS Nº5: Igualdade de Xénero.
A
igualdade de xénero non só é un dereito humano fundamental, senón que é un dos
fundamentos esenciais para construír un mundo pacífico, próspero e sostible.
A
pesar de que se conseguiron moitos avances nestas últimas décadas, aínda
existen moitas dificultades, xa que as leis e as normas sociais
discriminatorias continúan sendo xeneralizadas.
Algunhas
das metas que persegue este obxectivo teñen que ver con poñer fin a todas as
formas de discriminación contra todas as mulleres e as nenas en todo o mundo,
eliminar todas as formas de violencia contra todas as mulleres e as nenas nos
ámbitos público e privado, e asegurar a participación plena e efectiva das
mulleres e a igualdade de oportunidades de liderado a todos os niveis
decisorios na vida política, económica e pública.
Tendo
isto en conta, no reto deste mes teredes que elixir unha noticia actual (vista
na televisión ou nun xornal) que fale sobre o futuro relacionado coas mulleres
en xeral ou con algunha muller en particular. Cóntanos que noticia é, se cres
que será posible e por que.
Os traballos que fagades podedes deixalos na biblioteca ou envialos ao correo
bibliotecaseisdonadal@gmail.com
8 feb 2023
RETOS ODS: FEBREIRO
Neste mes de febreiro imos traballar o Obxectivo ODS Nº11: Cidades e Comunidades sustentables.
Este
obxectivo fainos reflexionar sobre as cidades e as áreas metropolitanas como
centros neurálxicos do crecemento económico pero tamén como as responsables de
ao redor do 70 % das emisións de carbono mundiais e máis do 60 % do uso de
recursos. A rápida urbanización está a dar como resultado un número crecente de
habitantes en barrios pobres, infraestruturas e servizos inadecuados e
sobrecargados (como a recollida de residuos e os sistemas de auga e saneamento,
estradas e transporte), o cal está a empeorar a contaminación do aire e o
crecemento urbano incontrolado.
Neste
reto imos centrarnos nunha das metas deste obxectivo, a de redobrar esforzos
para protexer e salvagardar o patrimonio cultural e natural do mundo.
Para
contribuir á consecución desta meta teremos que Investigar sobre "Como se celebra o Entroido en diferentes lugares
do mundo".
Os traballos que fagades podedes entregalos na biblioteca ou envialo ao noso correo:
16 ene 2023
RETO ODS: XANEIRO
Neste mes de xaneiro, no que conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, traballaremos estos dous Obxectivos ODS:
-O Nº 16: Paz, Xustiza e Institucións Sólidas.
-O Nº 17: Alianzas para acadar os obxectivos.
Propomos que vos ofrezades a axudar aos demais. Pensa nalgo que se che dea moi ben, cubre o modelo de anuncio que podes atopar na biblioteca e, a medida que os vaiades entregando, os colocaremos nun tablón para que os/as interesados/interesadas o collan para pedirche esa axuda cando o precisen.
Por un futuro de PAZ!!!
30 dic 2022
UN NADAL SOSTIBLE
Aproveitando o reto do mes de decembro no que había que facer un agasallo con materiais que tiveramos por casa, sen mercar nada, as clases de 2º e 6º de Primaria plantexaron a actividade do “Amigo/Amiga invisible”.
Empregaron materiais de refugallo para crear pequenos detalles que entregaron aos compañeiros e compañeiras amosando a súa creatividade e imaxinación.
Unha maneira de ser respetuosos co medio ambente, fomentando as tres R, reducir, reutilizar e reciclar e, por en valor a importancia de compartir, da amizade e do compañeirismo.
11 dic 2022
RETOS ODS: DECEMBRO
Este mes de Nadal traballaremos o Obxectivo ODS Nº12, que fala de produción e consumo responsable.
Nestas datas e máis que ningunha outra, estamos rodeados de publicidade que nos anima a mercar e a consumir moito. Antes de mercar pensemos nos materiais, na súa duración,... e sobre todo, que se poidan reciclar e reutilizar. Fomenta o ecolóxico, fainos ti mesmo e, sobre todo, agasalla bos momentos.
Así
que teremos que fabricar un "AGASALLO" sen mercar nada, só poderemos empregar os
materiais que teñamos na casa.
Para inspirarvos visualizade este conto:
“UN AGASALLO DIFERENTE”
Libro do mesmo título da Ed. Kalandraka
Cando o teñas preparado, tráeo para expoñelo na biblioteca e logo poderás levalo para darllo a quen ti queiras!!!!
Por
un Nadal máis solidario e sostible!!!
6 nov 2022
RETOS ODS: NOVEMBRO
Novo mes, novo reto e novo obxectivo!!!
Comenzamos polo Obxectivo ODS Nº 9 que ten que ver coa industria, a innovación e a infraestructura.
Como Novembro é o Mes da Ciencia, este obxectivo
fala de investigación, polo que teremos que buscar información sobre un "Invento" que, ao longo da historia, contribuira ou estea contribuindo
actualmente á sustentabilidade.
O
traballo que fagades (escrito, plástico, visual,…) podedes entregalo na
biblioteca ou envialo ao noso correo:
bibliotecaseisdonadal@gmail.com
Agardamos as vosas respostas!!!
10 oct 2022
RETOS ODS:OUTUBRO
Xa están aquí os Retos da Biblioteca. Actividade de procura documental vinculada ao proxecto anual e que nos permitirán coñecer e traballar os Obxectivos ODS da Axenda 2030.
Cada mes investigaremos sobre un Obxectivo.
Comenzamos co Primeiro Reto:
Que son e como alcanzar os Obxectivos ODS?
Plasmar a información en calquera formato(mural, vídeo, texto,…)
Podedes entregala na biblioteca ou enviala ao noso correo:
bibliotecaseisdonadal@gmail.com
Agardamos as vosas respostas!!!













.png)
