Mostrando entradas con la etiqueta Día da Biblioteca 2016. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Biblioteca 2016. Mostrar todas las entradas

25 oct 2016

CELEBRAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA

Para celebrar o Día da Biblioteca organizamos o horario para que as distintas clases pasaran pola biblioteca para desenvolver varias actividades:

-Ver a exposición de novidades
-A partir dos índices cada aula seleccionou e fixo unha lectura do libro "A volta ao mundo en oitenta contos"
-Recolleron as mochilas viaxeiras que iniciarán a súa andaina esta semana agardando o seu disfrute por parte das familias.
Van acompañadas dunha carta na que se explica o seu funcionamento e un listado do material .

Un caderno viaxeiro, espazo en branco para que enchades con debuxos, suxerencias, aportacións e comentarios que vos xurdan ao redor dos documentos que vos entregamos.


-Entrega dos carnets e das bolsas viaxeiras ao alumnado de educación infantil de tres anos.

20 oct 2016

CARTEL E PREGÓN DÍA DA BIBLIOTECA

Dende 1997, e cada 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca. A proposta xorde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte  co obxectivo  de concienciar á sociedade da importancia  da lectura e como homenaxe e recoñecemento á labor dos bibliotecarios/as.

Cada ano encárgaselle a un escritor/a  e ilustrador/a a redacción do pregón e o diseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas. Este ano as autoras seleccionadas son Ledicia Costas e Elena Odriozola, Premio Nacional de Literatura Infantil e Ilustración 2015, respectivamente.
(Preme na imaxe para acceder ao pregón)

"Un vagalume é unha illa diminuta extraviada na noite máis densa. Cen vagalumes, unha constelación misteriosa que marca o rumbo cara a outros universos. Así, con esa estratexia de luz, organízanse os libros que moran nas bibliotecas. Son aloumiños fosforescentes que incendian os soños e recompoñen os corazóns grises ata facelos recobrar o seu vermello brillante. Calquera individuo que padeza a síndrome do corazón gris, debería poñerse en mans dun experto e visitar unha biblioteca......."