Mostrando entradas con la etiqueta banda deseñada. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta banda deseñada. Mostrar todas las entradas

17 mar 2026

DÍA DO CÓMIC E DO TEBEO

O Día do Cómic e do Tebeo é unha celebración  que pretende recoñecer o valor do cómic e do tebeo, o peso da súa historia e a súa importancia no contexto actual, a súa diversidade, creatividade e calidade.

A autora do cartel deste ano é a ilustradora Candela SierraPremio Nacional do Cómic 2025.

O Grupo de Traballo "Comictecas" do Consello de Cooperación Bibliotecaria, do que forman parte as bibliotecas escolares de Galicia, presentou o ano pasado unha publicación para celebrar esta data: "Cómic. 50 recomendacións para bibliotecas".

FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES

6 jun 2025

BANDA DESEÑADA NOS CLUBS DE LECTURA

A última xuntanza, 4 e 5 de xuño, dos Clubs de Lectura deste curso centrouse en dúas obras de banda deseñada en galego: "Nerea. A invasión dos trastos" e "Idol!".

As lecturas proporcionaron unha oportunidade para explorar temas importantes e actuais que fomentaron as conversas entre o alumnado de 5º e 6º curso.

Nesta nova aventura de Nerea, o alumnado de 5º explorou cuestións emocionais profundas, como a relación interxeracional entre o avó e a súa neta. Esta dinámica familiar ofreceu un espazo para reflexionar sobre a importancia das conexións persoais e o valor do apoio familiar.

Outro tema central foi o exceso no uso das tecnoloxías e o abuso das pantallas. Foi unha oportunidade para reflexionar sobre os seus propios hábitos dixitais e a necesidade dun uso equilibrado da tecnoloxía.

Para o alumnado de 6º, a lectura de “Idol!” centrouse na vida de dúas amigas e as súas dispares relacións familiares.

Ademais, a historia introduce ao lector no mundo do K-pop coreano, un fenómeno cultural a nivel mundial.

A estrutura gráfica da obra, inspirada no estilo do manga xaponés, tamén ofreceu unha experiencia visual única, enriquecendo a comprensión e o disfrute da historia.

17 mar 2025

DÍA DO CÓMIC E O TEBEO

O Día do Cómic e do Tebeo é unha celebración  que pretende recoñecer o valor do cómic e do tebeo, o peso da súa historia e a súa importancia no contexto actual, a súa diversidade, creatividade e calidade.

A autora do cartel deste ano é a ilustradora Bea Lema, Premio Nacional do Cómic 2024. Creadora do cartel "Xeografías lectoras na biblioteca escolar" , lema das bibliotecas escolares de Galicia no curso 2020/2021, no que nos  ofrece unha imaxe evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír. 

Grupo de Traballo "Comictecas" do Consello de Cooperación Bibliotecaria, do que forman parte as bibliotecas escolares de Galicia, vén de presentar unha publicación para celebrar esta data: "Cómic. 50 recomendacións para bibliotecas".

FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES

Unha pequena mostra dos cómics que temos na nosa biblioteca e as novidades en banda deseñada deste mes de marzo.

18 may 2024

VISITA DE PABLO PRADO

Na semana das Letras Galegas, o 16 de maio, os Clubs de Lectura de 5º e 6º recibiron a Pablo Prado, ilustrador de “Nerea. A invasión dos trastos”.

Nesta historia, Pablo rende unha homenaxe aos seus avós.

Nunha conversa moi amena foi explicando os elementos que interveñen no processo creativo dun cómic espertando a curiosidade e o interés na rapazada.

A medida que debuxaba falounos de duas palabras que non coñeciamos, pregnancia (cualidade que lle permite a unha figura ser captada de maneira moi rápida e simple) e pareidolia (producese cando vemos figuras ao mirar un material pouco estructurado).

Houbo momentos para as preguntas e dúbidas que tiña o alumnado sobre este cómic que tanto lles gustou.

Deixou a súa pegada no libro de visitas. Grazas Pablo por compartir con nós esta xornada!!!

6 may 2024

VISITA DE JORGE CAMPOS

O pasado 30 de abril visitounos Jorge Campos para introducirnos no mundo dos cómics e a súa relación co noso PDI OSeisMedia, posto que tanto o cómic como o mundo audiovisual buscan contar unha historia a través das imaxes.

A rapazada puido descubrir como se chama o cómic en diferentes idiomas (banda deseñada, fumetti, cuadrilos, bande dessinée...) e como eses nomes dependen principalmente de como se lle chama ao elemento fundamental que os forma: a viñeta ou o bocadillo.

Tamén nos falou un chisco da produción e edición dos cómics usando como exemplo os que el mesmo creou.

Ademais falounos de diferentes elementos que forman parte dos cómics: viñetas, bocadillos, onomatopeas...

E tras un tempo de preguntas para resolver as inquedanzas da rapazada de 5º, crearon un pequeno bosquexo de 4 viñetas para pechar o obradoiro.

9 abr 2024

BANDA DESEÑADA NOS CLUBS DE LECTURA

A banda deseñada en galego “Nerea. A invasión dos trastos”, de Pablo Prado e Miguel Rojo, foi a lectura nunha nova sesión dos Clubs de Lectura de 5º.

Tes mensaxes no móbil pendentes de ler? Algún capítulo da túa serie favorita sen ver? Pasaches esa fase tan difícil do videoxogo de Súper Cario?... Que tal se miras o que está a acontecer ao teu redor? A invasión dos trastos comezou! 

Comentamos aspectos como o exceso no uso das novas tecnoloxías e dos aparellos electrónicos e o enganche ás pantallas.

Destacamos a parte emocional e a relación interxeracional entre o avó e a súa neta nesta nova aventura de Nerea.

Un libro que gustou moito!!!

11 jun 2020

23 jun 2015

SALÓN DO CÓMIC

Como remate do proxecto documental deste curso, na entrada do cole montamos o Salón do Cómic cos  traballos que realizaron sobre os distintos personaxes (Mafalda, Asterix e Obelix, Hug e Rochiña, Zipi e Zape,...).
 




As aventuras do Seisiño, libro colectivo no que cada clase debuxou en formato cómic as distintas aventuras do Seisiño e da súa familia.

27 abr 2015

JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO NO SEIS

A semana pasada recibimos a visita do ilustrador e debuxante Jacobo Fernández Serrano
O luns estivo co alumnado de primeiro para falar do seu libro
 “A gardería de dona Bixelmina”
E o venres foi co alumnado de 2º para falar de  Marcopola:
 "Os piratas da lúa" e "Dragoneta"
Falounos dos seus libros ,das ilustracións e do proceso creativo e debuxou os distintos personaxes que aparecen nos seus  libro e nos cómics.

Chamoulle moito a atención a Dragoneta que fixemos!Quedounos moi chuli!!!!
Os nenos e nenas fixéronlle moitas preguntas,rematou asinando nos libros do alumnado e no libro de lembranzas.
Todos estaban entusiasmados  e ilusionados !!!!!
Entregámoslle un agasallo e deixounos varios debuxos para a biblioteca.
Grazas Jacobo!!!
Agardamos máis aventuras de Marcopola!!!
Máis información sobre Jacobo na seguinte ligazón:

26 abr 2015

VISITA DE ABRAHAM CARREIRO

O  mércores 22 de abril recibimos a visita do ilustrador e debuxante Abraham Carreiro para compartir co alumnado de sexto un obradoiro de animación sobre o libro que estiveron traballando "Estudios Tex,o mundo dos debuxos animados".
Os Estudios Tex son o escenario onde trascorren as aventuras dos protagonistas deste libro e que trata de achegar aos nenos e nenas ao mundo da animación a través dunha historia divertida e de suspense.

Nun papel blanco escomenzou a debuxar distintos personaxes do libro cunha rapidez  que deixounos  impresionados.
Posteriormente foi  explicando como debuxar distintos tipos de rostros e personaxes (malos,bos,durmidos,enfadados,…)
Máis tarde tocounos debuxar  un personaxe a cada un de nós.
Chegou o turno de facerlle as preguntas sobre o libro e para rematar fixémoslle entrega dun agasallo e asinou nos libros dos alumnos/as e no libro de lembranzas.Grazas!!!!

19 abr 2015

ANXO FARIÑA E OS MEGATOXOS

O xoves 16 de abril recibimos ao escritor e ilustrador ANXO FARIÑA que compartiu co alumnado de 5º unha sesión para falar do seu libro  
"Os Megatoxos e o dragón de Xade".
Escomenzou cunha presentación  sobre o libro, as ilustracións, como elaborou os personaxes, falando de Xapón, o  país no que esta ambientada esta nova entrega dos Megatoxos.
A continuación chegou o turno para facer preguntas sobre o libro e rematou  deleitándonos con dous debuxos: un de Faísca e outro dunha alumna caracterizada.
Todos quedamos impresionados!!!
Entregámoslle un agasallo,asinou nos libros do alumnado e no libro de lembranzas.
Grazas Anxo!!!

Máis información no blog Os Megatoxos
http://megatoxos.blogspot.com.es/

2 mar 2015

VISITA DE DAVID BRAÑA

O mércores 25 de febreiro recibimos a visita do guionista David Braña que compartiu co alumnado de unha sesión na que explicou coma elaborar un guión para facer un cómic.
David , xa estivera con nós noutra ocasión , é guionista, cun gran número de historietas en diversas publicacións e editoriais.Tamén escribiu o conto Yito y Grima e unha curtametraxe . Ao longo da súa traxectoria ten acadado diversos premios.
Grazas!!!