O Día das Letras Galegas 2025 adica unha homenaxe ás cantareiras e á poesía popular oral, destacando o papel fundamental que estas mulleres xogaron na creación e transmisión literaria.
Entre as homenaxeadas: Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía) e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda –as Pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños). Estas mulleres son un exemplo do valor e riqueza da lírica oral, unha forma de expresión anónima que pertence á comunidade e que se aprende escoitando, cantando, traballando, divertíndose...!!!
Para achegarnos á vida e obra das cantareiras organizamos unha exposición bibliográfica que ilustra a súa contribución á poesía popular oral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario