Mostrando entradas con la etiqueta Salón do Libro 2019. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Salón do Libro 2019. Mostrar todas las entradas

9 abr 2019

VISITA AO SALÓN DO LIBRO


O xoves 4 de abril o alumnado de cuarto visitou o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Era una saída moi esperada xa que este ano participamos por primeira vez no Salón.

O noso traballo para o Salón , consiste na creación dun LAPBOOK, onde os lectores e lectoras poderán manipular e interactuar co libro. O fio conductor do libro son as inquedanzas do noso alumnado. Como eles mesmos, poderán revolucionar o seu mundo máis próximo, a través dos seus libros favoritos, que os levan a cumprir os seus soños, e así cambiar as maneiras de facer.
Despois de recibirnos Orbil asistimos a un contacontos, “Periplo Atlántico”, a cargo de Polo Correo do Vento no que interactuamos e fomos ilustradores/as do noso Panchito.
Posteriormente realizamos una visita guiada polas distintas estancias do Salón e vimos o noso traballo e os dos outros centros participantes. Pasámolo moi ben!!!

23 mar 2019

XX SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


Dende o 22 de Marzo  ao 12 de Abril desenvólvese, no Pazo da Cultura de Pontevedra, o XX Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

O tema da edición de 2019 é A REVOLUCIÓN, co que pretende achegarse á xente máis nova á reflexión e ao pensamento crítico.

Hai máis de 300 propostas para todos os públicos, dende exposicións, roteiros, contacontos, obradoiros, teatro, presentacións e espectáculos musicais.

Ten especial protagonismo a literatura  infantil e xuvenil dos países e comunidade lusófonas, contando coa colaboración de autor@s e ilustradores de Portugal, Brasil e Angola.

Antonio García Teijeiro é o escritor homenaxeado o 2 de Abril, Día Internacional do Libro Infantil.

Todo o Programa aquí