30 sept 2013

"OINK" A REVISTA EN GALEGO


     En Setembro  saiu OINK, a única revista en galego . Herdeira do espírito do Xabarín Club e  destinada aos  rapaces e rapazas, de entre 6 e 15 anos.
 
       Atoparedes  novas, reportaxes, pasatempos, música, seccións divulgativas, de entretemento e banda deseñada,  coa colaboración de Miguelanxo Prado, Andrés Meixide, Miguel Porto, Fran Bueno, Miguel Robledo, Jacobo Fernández, Kohell, Victor Rivas e Pinto & Chinto comandados por Kiko da Silva.
 
O seu prezo é  3€, e a súa periodicidade mensual.

 
PODEDES DISFRUTAR DELA NA BIBLIOTECA!!!!!!!

29 sept 2013

BENVID@S CURSO 2013/2014


Dende o Equipo de Biblioteca e Normalización Lingüística  queremos darvos   BENVIDA a un novo curso con ilusión e cheo de historias,aventuras e actividades.
O 1 de Outubro abrimos as nosas portas.
 
Agardámosvos!!!!!!!  Boas lecturas!!!!!