Calendario do Libro e da Lectura de Galicia 2025, coas datas, efemérides e conmemoracións máis salientables arredor dos libros e da lectura.
As ilustracións son obra do ilustrador
Carlos Gallego Domínguez.
O obxectivo deste calendario é fomentar a lectura e a normalización da presenza do libro en todos os sectores da sociedade.
Recolle datas de homenaxe a Castelao con motivo do 75 aniversario do seu
falecemento e a Isaac Díaz Pardo, a quen se lle adica o vindeiro Día das artes
galegas.
17
de outubro, Día do Patrimonio Inmaterial e o 27 do mesmo mes, Día da corrección de textos, e o 22 de
novembro, Día da música.
Entre outras conmemoracións, celebramos o Día da Ilustración
(30 de xaneiro), homenaxeando a Xosé
Vizoso; o Día das
Letras Galegas (17 de maio), centrado no Cancioneiro
popular galego; ou o Día da
Lectura (3 de novembro), coincidindo co aniversario do nacemento de Xosé Neira
Vilas.
Pretende impulsar entre a cidadanía as actividades culturais arredor das
34 principais efemérides que se desenvolven no ámbito das letras ao longo do
2025.
Preme na imaxe para acceder ao documento en pdf.

