Este ano, a nosa exposición de cabazas de Samaín convertéronse en personaxes e elementos do barrio de Coia grazas á imaxinación e creatividade das nosas familias!
A praza da Miñoca apareceu chea de encanto, Coia en festas brillou con alegría, os volcáns sorprenderon coa súa forza, o parque da Bouza encheuse de natureza e maxia, o campo de fútbol latexou con paixón, o barco de Alfageme navegou entre lembranzas e Coia en obras mostrou tamén a vida dun barrio que medra e se transforma.
Cada cabaza era unha obra de arte única, creada co agarimo e a colaboración das familias!
A exposición
deixou claro que o Samaín é moito máis ca unha festa: é unha oportunidade para
imaxinar, crear e facer barrio.
Ata o ano que vén. Que a maxia do Samaín siga acendendo a imaxinación e inspirando a todas e todos!




















.png)


.png)
.png)






.png)
.png)




