Mostrando entradas con la etiqueta Recursos Entroido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Recursos Entroido. Mostrar todas las entradas

7 feb 2021

É TEMPO DE ENTROIDO

Recomendamos dous libros que fan un percorrido polos personaxes tradicionais do noso Entroido: cigarróns, peliqueiros, volante, troteiros, madamas e galáns, o oso, o merdeiro, mázcaras, pantalla, xenerais, o galo, …

É TEMPO DE ENTROIDO!

 Ramón D. Veiga e David Sierra Ed. Xerais.

É tempo de Entroido, de festa, de máscaras, de filloas e de cocido. E que pasa cando se xuntan algúns dos personaxes máis senlleiros do Entroido para darse unha boa paparota? Que non deixan nin a vergonza do galego!

Para poder escoitar a canción preme na seguinte ligazón

https://vimeo.com/497905783

NON PARE A FESTA. É tempo de entroido 2

Ramón D. Veiga e David Sierra Ed. Xerais

Un grupo de personaxes do Entroido Galego, con instrumentos musicais e outros útiles para montar estrondo, xúntanse co propósito de organizar unha boa festa.

Para poder escoitar a canción preme na seguinte ligazón

https://vimeo.com/497907617

14 feb 2020

ENTROIDO: MANDADIÑOS DO MECO


Este Entroido barulleiro cheo de cambios nos chega e, coma sempre, non poden faltar os Mandadiños do noso MECO. 
A semana do 17 ao 20  de febreiro teremos que vir como el manda.

O venres 21 de febreiro, faremos primeiro un desfile no pavillón do centro e despois o pasarrúas polo barrio. 

Degustaremos a comida típica de entroido, bailaremos, cantarémoslle as nosas coplas ao Meco e disfrutaremos desta festa. Grazas pola vosa colaboración!!!

1 feb 2016

RECURSOS PARA O ENTROIDO

Xa chegou  o Entroido  ao Seis  e con el a festa , a diversión e a troula!!!!
Nas seguintes ligazons atoparedes información e recursos sobre o tema para  traballar nas aulas.

Coordinadora Galega dos equipos de normalización e dinamización lingüística.
Recompilación da Biblioteca "O Recanto de Mik"
Recompilación da Biblioteca "Outeiro de Matilda"
Recompilación da  Aula-Tic Ferrol 
Información sobre a figura do entroido vigués
O Merdeiro
Lim de Julia  González  do Ceip Mestres Goldar sobre o Entroido Tradicional Galego
Información sobre o Entroido Galego polo CRA de Bergondo