Mostrando entradas con la etiqueta Xornal escolar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xornal escolar. Mostrar todas las entradas

17 mar 2021

SEMANA DA PRENSA

Do 8 ao 12 de marzo celebramos a Semana da Prensa.

É unha conmemoración que aparece recollida no Calendario Escolar co fin de integrar os medios de comunicación na escola.

Os xornais serán a nosa ferramenta de traballo fomentando a súa lectura e a procura de información.

No lateral dereito do blog  co título  " KiosKo-Prensa" tedes un enlace permamente aos principais xornais en formato dixital.


Traballamos con prensa variada ( local, nacional, deporte,...).

E tamén co  xornal O Papagaio, ao que estamos subscritos e recibimos mensualmente en formato impreso. Ao longo das súas 16 páxinas, a cor e ilustradas, trátanse  temas de ciencia, arte, ecoloxía, natureza, mitoloxía, arquitectura, informática e moito máis,…
                               

Está escrito en galego, sen publicidade e impreso en papel reciclado. Publicado por Edicións Moito Conto. 

Durante estas semanas estará nas aulas de 3º a 6º para facer lectura na Hora de Ler.

Podedes ler varios números en formato dixital

https://www.opapagaio.gal/

A partir dos xornais que tiñamos na biblioteca elaboramos taboleiros para traballar e xogar cos escornabots.

Elaboración de noticias e xornal de aula.

En Educación Infantil, realizaron o Faro do Seis. 

Partindo da lectura dos libros:

-Greta. La lucha de una niña por salvar el planeta.

-Wangarie  y los árboles de la paz.

Coñeceron e investigaron a estas dúas mulleres.

En sexto, traballaron a igualdade na prensa, buscando noticias nas que a muller é protagonista, nº de mulleres periodistas,….

11 jun 2020

6 abr 2020

LECTURAS #QUEDONACASA

Recollemos nesta entrada máis propostas de lectura que, grazas ás editoriais, podemos ler de forma gratuita na rede.(Premer nas imaxes)
-Ed. ANAYA 
Unha selección de lecturas para nenos e nenas de entre 3 a 11 anos.
-Ed. BRUÑO
-Ed. SANTILLANA
Loqueleo en casa. Lecturas para compartir en familia.
-BANG Ediciones coa colección Mamut para os máis pequenos/as.
-A editorial AIRA co cómic Carriandola
E tamén o xornal O PAPAGAIO, que como sabedes, recibímolo todos os meses na nosa biblioteca e ao longo das 12 páxinas que o compoñen trata temas de ciencia, ecoloxía, arquitectura, banda deseñada, literatura... 
Podedes ler varios números en formato dixital.

28 nov 2016

O PAPAGAIO: XORNAL ESCOLAR MENSUAL

Xa temos na nosa biblioteca os números 1 e 2  do xornal escolar mensual "O Papagaio" de Edicións Moito Conto.


Nel trátanse temas como: actualidade, banda deseñada, ecoloxía, ciencia, tecnoloxía, historia, cultura,.....


Pasade pola biblioteca e botádelle un ollo!!!