Mostrando entradas con la etiqueta Ilustración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ilustración. Mostrar todas las entradas

30 ene 2026

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2026

O Día da Ilustración celébrase cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. 

Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). 

Unha xornada para recoñecer e por en valor o traballo dos profesionais da ilustración dentro da industria cultural galega e, ao mesmo tempo, para render homenaxe a un ilustrador ou ilustradora do país.

(Cartel da artista Clara Cerviño)

Na edición de 2026, o protagonista é SIRO, caricaturista, retratista, debuxante e pintor ademais destaca noutros eidos coma o do xornalismo ou o ensaio.

Máis información na seguinte ligazón:

 diadailustracion.gal

1 may 2022

VISITA DE HÉITOR PICALLO


O escritor e ilustrador HÉITOR PICALLO visitou a nosa biblioteca o 27 de abril e conversou co alumnado de 4º de Primaria sobre o seu libro “As Letras Galegas en caricatura. 1963-2020”, no que recopila 60 biografías e caricaturas dos autores e autoras homenaxeados no Día das Letras Galegas.

Héitor ensinounos diferentes caricaturas e explicounos o proceso de creación das imaxes, que están feitas en acuarela e tinta china, sen retoques dixitais e os distintos materiais que emprega nas súas composicións, anacos de tea e de xornais, madeira,…para que as ilustracións teñan texturas  transmitíndonos así a importancia da reciclaxe.

Rematou facendo sendas caricaturas a partir das propostas do alumnado.

Agasallounos cun exemplar do seu libro para a nosa biblioteca e asinou no Libro de Visitas.

Moitas grazas Héitor!!!

26 ene 2022

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2022

Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Asociación de Profesionais da Ilustración. Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. 

Este ano o protagonista é Reimundo Patiño pintor, gravador e autor de BD.

 "Pioneiro da arte contemporánea galega"

Unha ocasión para traballar e reivindicar desde as bibliotecas escolares a historia da ilustración galega que non deixa de ser memoria do noso país. Para achegarnos ao valor propio das imaxes  máis aló dun complemento da escrita.

Tamén, unha oportunidade para poñer en valor o traballo da ilustradora Paula Mayor autora do cartel deste ano, unha poderosa imaxe da que seguro teremos moitas e variadas lecturas: estéticas, literarias, históricas, mitolóxicas ... ao tempo que viaxamos polo "desacougo creador" do homenaxeado neste 2022.

FONTE:BIBLIOTECAS ESCOLARES

30 ene 2017

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2017

O día 30 de xaneiro, coincidindo co nacemento de Daniel Rodríguez Castelao, celébrase o Día da Ilustración.

As bibliotecas públicas galegas organizan diversas actividades: obradoiros de cómic e ilustración, exposicións, mostras bibliográficas,...
(Preme na imaxe para acceder á programación)
Este ano, como novidade, iníciase unha serie de homenaxes a autores históricos galegos que comeza co debuxante, caricaturista e humorista gráfico Álvaro Cebreiro (A Coruña, 1903-1956).

A AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) elaborou un vídeo para a difusión da  súa vida e obra.

23 ene 2017

ILUSTRAR UNHA CANCIÓN PARA A PAZ

Para conmemorar o Día da Paz e o Día da Ilustración, o 30 de xaneiro, propoñemos  Ilustrar unha canción para a Paz .

Para facer as vosas obras artísticas podedes empregar diferentes materiais , texturas, collage,....

Con todas elas montaremos unha exposición no vestíbulo do centro.


A canción é  "Beixo, abrazo e apreixón"  do libro-cd "A bruxa Discordia" , Cancións para a Paz, de Mamá Cabra e Carmen Gil.

"Damos con esta canción
  abrazos sen ton nin son.
E repartimos montóns
   de beixos e de apreixóns.

Esta é a ligazón para escoitala