Mostrando entradas con la etiqueta 25 de Novembro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 25 de Novembro. Mostrar todas las entradas

27 nov 2025

A RADIO DO SEIS: CIENCIA E 25N

Xa está aquí o terceiro programa da Radio do Seis!

Nesta nova entrega, a clase de 3ºB preparou un programa moi especial, cheo de ciencia e reflexión.

Novembro é o mes da ciencia, un momento perfecto para explorar, descubrir e aprender sobre o mundo que nos rodea. Ademais, achegámonos ao 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, unha data clave para concienciar e promover a igualdade.


25 nov 2025

25N NO SEIS DO NADAL

Baixo o lema "Faremos maxia de verdade con amor e igualdade", o centro celebrou o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, cun conxunto de actividades que uniron creatividade, reflexión e compromiso.

Na biblioteca preparouse unha selección de lecturas para ler, pensar e reflexionar sobre a igualdade, o respecto e a convivencia. Libros, contos e biografías de mulleres inspiradoras encheron os andeis, convidando a descubrir historias que falan de forza, liberdade e esperanza.

Cada clase participou decorando un paraugas violeta. Empregando a cor branca e violeta, e técnicas diversas- témperas, fíos, teas-, os paraugas convertéronse en pequenas obras de arte cheas de mensaxes, símbolos e datos históricos.

O acto colectivo tivo lugar na pista de baloncesto. Vestidos cos petos violetas, o alumnado formou círculos arredor dos paraugas, que se colocaron no centro como símbolo de unión e protección. O momento culminou coa lectura do manifesto a cargo dos pregoeiros e pregoeiras do Seis, lembrando que a igualdade constrúese cada día, con palabras, con xestos e con amor. 

Unha xornada chea de emoción, cor e compromiso, na que o Seis fixo maxia de verdade: a maxia de crer nun mundo máis xusto e igualitario.

1 dic 2024

25N NO SEIS DO NADAL

“Tecendo redes coa igualdade” foi o lema que centrou as actividades e o acto colectivo que se desenvolveu para esta data, 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra a Muller.

Selección de lecturas que tivemos en exposición para ler, pensar e reflexionar.

Xa na pista e cos nosos petos violetas formamos círculos bailando e cantando a canción “Abre as xanelas” de Lupe Ces e Raquel Domínguez, co retrouso en lingua de signos.

Cada clase decorou os banderíns con elementos de mulleres artesáns empregando diferentes materiais  que recollen a súa importancia nos oficios tradicionais.

29 nov 2024

PROGRAMA DE RADIO: PATRIMONIO, CIENCIA E 25 N

O patrimonio, o mes da ciencia e o 25N son os protagonistas do terceiro programa da Radio do Seis.

A clase de 5ºC preparou un programa con información sobre estas conmemoracións.

Desfrutade desta nova entrega!!!


28 nov 2024

CONTACONTOS POLA IGUALDADE

voluntariado da Biblioteca preparou dúas lecturas para contar ao alumnado de 1º de Primaria  con motivo da conmemoración do 25N. Grazas polo voso traballo!!!

Os libros seleccionados foron:

Las chicas y los chicos también…¡pueden! Ed. Astronave

Unha lectura que da ferramentas aos nenos e nenas para que non teñan medo de ser quen son.

¡No me mires así! Ed. Tramuntana

Un libro que fala das diferencias e de que cada un de nós é único e diferente.

29 nov 2023

CONTACONTOS POLA IGUALDADE

voluntariado da Biblioteca preparou dúas lecturas para contar ao alumnado de Educación Infantil con motivo da conmemoración do 25NGrazas polo voso traballo!!!

Os libros seleccionados foron

Las chicas pueden con todo, Ed. Bruño

Un libro para todas as chicas decididas a cumplir os seus soños.

Niñas y niños feministas. Ed. Nubeocho

Ás nenas e nenos feministas gústanlles todas as cores, levan o pelo o tempo que queiran e elixen os seus xoguetes. A todos lles encanta xogar e mostrar as súas emocións. Pero, sobre todo, non queren que haxa “cousas de nena” e “cousas de neno”.

27 nov 2023

25N NO SEIS DO NADAL

“Nos medios de comunicación, a igualdade é única opción” foi o lema que centrou as actividades e o acto colectivo que se desenvolveu para esta data, 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra a Muller.

Selección de lecturas que tivemos en exposición para ler, pensar e reflexionar.

Xa na pista e cos nosos petos violetas formamos círculos bailando e cantando a canción "Tribo" de A banda da Loba, co retrouso en lingua de signos.

Cada clase decorou as letras do lema con símbolos relacionados coa igualdade (mans, lazos…) que se colocaron no exterior do centro.

As aulas representaron a nivel gráfico a igualdade na fotografía, no cine… seguindo o Proxecto Documental deste curso.

A Comunidade Educativa do Seis berramos NON a violencia machista!!!


26 nov 2023

PROGRAMA DE RADIO "25N"

Xa está aquí un novo programa da nosa Radio Xornal Seis do Nadal.

Nesta ocasión os/as protagonistas son a clase de 6ºA, que nos falarán do 25 N, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.

Desfrutade desta nova entrega!!!

25 nov 2022

25N: A IGUALDADE É O FUTURO

O lema “A Igualdade é o futuro” centrou as actividades e o acto que se desenvolveu para esta data, 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra a Muller.

Ao longo da semana traballamos lecturas que tivemos en exposición  para ler e reflexionar sobre este tema.

O voluntariado preparou o conto "¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?".

Cos nosos petos violetas saímos ao patio e formando círculos, bailamos e cantamos a canción “Que non mo neguen” de Tanxugueiras, co retrouso en lingua de signos.

Decoramos as letras do lema que se colocaron no exterior do centro así como carteis con debuxos e escribimos frases sobre o futuro que queremos: un futuro máis inclusivo, máis igualitario, no que respectemos as diferencias e aos demais.

A Comunidade Educativa do Seis decimos NON á violencia machista!!!