Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas

19 dic 2025

OBRADOIRO DE POLOS CREATIVOS POLO NADAL

Neste mes de decembro, coincidindo coa chegada do Nadal, o alumnado de Educación Primaria mergullouse nunha experiencia creativa moi especial nos Polos Creativos.

En colaboración co profesorado de Plástica Bilingüe, os diferentes niveis de primaria implicáronse activamente na creación das decoracións para ambientar o ximnasio de cara ao festival de Nadal. Primeiro preparamos as siluetas coa cortadora láser, e máis tarde, nun traballo totalmente colaborativo, a rapazada dedicouse a pintar cada adorno, enchendo o espazo de cor, creatividade e espírito festivo.

Ao mesmo tempo, o alumnado de 5º de Primaria participou nun obradoiro de deseño 3D empregando o programa Doodle3D, onde puido crear dende cero a súa propia bola de Nadal personalizada co seu nome, experimentando co deseño volumétrico e descubrindo as posibilidades desta ferramenta.

Nesta Nadal os Polos Creativos convertéronse nun lugar para experimentar, aprender e crear xuntos.

18 dic 2025

BIBLIOLAB: ADORNOS DE NADAL

Durante o mes de decembro, a BiblioLab transformouse nun obradoiro de creatividade sostible. A programación estivo enfocada na reutilización de materiais para a creación de adornos de Nadal.

MADEIRA

Decoramos árbores usando lá de diversas cores e gomets. Deixamos voar a nosa imaxinación e pintamos  paus. Cada pau decorado contou unha historia diferente, reflectindo a creatividade.

ESTAMPAMOS A PAISAXE NAVIDEÑA

Empregando materiais variados creamos paisaxes navideñas cheas de cor e detalles. Esta actividade permitiu experimentar con diferentes texturas e técnicas para crear representacións únicas da época navideña.

PAPIROFLEXIA

A arte da papiroflexia cobrou vida ao dobrar papel para crear diversas figuras de Nadal. Unha oportunidade para aprender e divertirse.

CASIÑAS DE CARTÓN

Usando rolos de papel e cartón, crearon pequenas casiñas de Nadal, decorándoas con branco e detalles. Estas casiñas engadiron un toque máxico e artesanal á decoración navideña.

POSTAIS DE NADAL CON COLLAGE

Empregando a técnica do collage, creamos postais de Nadal personalizadas con recortes, tecidos e outros materiais. Cada postal foi unha expresión única de creatividade e un xeito especial de enviar os mellores desexos navideños.

PAPIROFLEXIA CON LIBROS DE EXPURGO

Unha iniciativa creativa e sostible onde se reutilizaron libros de expurgo para crear árbores de Nadal. Esta actividade promove a conciencia ambiental e a reutilización de materiais, demostrando que a creatividade pode ser respectuosa co planeta.

17 dic 2025

GUÍA DE LECTURAS NADAL 2025

Presentamos a nosa Guía de Lecturas cos libros que traballaremos despois das vacacións de Nadal. Os autores e autoras visitarán as nosas aulas para compartir a súa paixón pola lectura con todos nós. Teremos a oportunidade de charlar con eles/elas, facerlles preguntas e coñecer de primeira man os segredos que agochan as súas historias.

Tamén incluimos recomendacións de libros e xogos para descubrir, aprender e gozar en familia.

Animádevos a mercar os libros e xogos nas librarías da zona. Ao facelo, estades apoiando o comercio de proximidade, que contribúe a manter viva a nosa comunidade e ofrece un trato personalizado e un asesoramento experto. 

Neste Nadal circense agasalla libros e xogos!!!

Guía de Lecturas Nadal 2025 de Biblioteca Seis do Nadal

16 dic 2025

CINEMA DE NADAL

O venres 12 de decembro, durante a hora do recreo, a biblioteca do centro encheuse de maxia coa primeira sesión de Nadal dirixida ao alumnado de 2º a 6º de Primaria. 

Nesta ocasión proxectouse "O Nadal de Charlie Brown", o primeiro especial de televisión de animación baseada na coñecida tira cómica Peanuts de Charles M. Schulz. O guión foi escrito polo propio Schulz e a dirección correu a cargo de Bill Melendez. A súa estrea tivo lugar o 9 de decembro de 1965 na cadea estadounidense CBS, e foi seguida por máis de 15 millóns de espectadores, converténdose nun clásico instantáneo da televisión. A proxección permitiu que Carlitos, os seus amigos e o inseparable can Snoopy traspasasen o papel dos xornais para chegar á pantalla, que naquel momento representaba a última tecnoloxía audiovisual.

O luns 15 de decembro foi a quenda dos máis pequenos, o alumnado de educación infantil e do primeiro ciclo de primaria. 

Nesta segunda sesión proxectouse "Pete o gato, un aninovo xenial", unha historia baseada no libro infantil número un na lista de exitos de vendas do New York Times. A película narra as aventuras de Pete, un gato simpático e curioso que tenta descubrir cal pode ser o seu propósito de Aninovo. No medio da súa procura, esquece convidar aos seus amigos á festa que organiza na súa casa, pero finalmente comprende que o máis importante é compartir os momentos especiais con aqueles que se queren. Cando a festa comeza e a conta atrás para o novo ano se achega, Pete entende que un propósito de Aninovo é algo que fai feliz e decide propoñerse un propio. Durante a sesión, as nenas e nenos cantaron, bailaron e participaron con entusiasmo.

Con estas dúas xornadas, a biblioteca consolidouse como un espazo vivo, dinámico e aberto á cultura, onde o cinema, a literatura e a aprendizaxe se dan a man. 

O espírito do Nadal estivo moi presente, enchendo cada recuncho de ilusión e lembrando que, máis alá dos agasallos, o verdadeiro valor destas datas está nas emocións compartidas e nos momentos vividos en comunidade.

11 dic 2025

UN NADAL DE CONTOS

O Equipo de Biblioteca preparou unha selección de fondos bibliográficos para estas datas. Coñece historias, contos e personaxes máxicos do Nadal. Descubre as aventuras do Apalpador, a maxestuosidade dos Reis Magos, a ledicia de Papa Noel e a ilusión dos agasallos. 

Non perdas esta exposición chea de maxia! Ven á Biblioteca e déixate envolver pola atmosfera máxica do Nadal!

10 dic 2025

A RADIO DO SEIS: DISCAPACIDADE E NADAL

A Radio do Seis volve aos vosos oídos cun novo e emocionante programa preparado pola clase de 5ºB.

Neste programa, viaxaremos a través da música e da información para conmemorar dúas datas moi importantes: 


-O Día Internacional das Persoas con DisCAPACIDADE, unha xornada para reflexionar e promover a inclusión e o respecto. 


- O Nadal, un tempo máxico cheo de ilusión, con propostas para desfrutalo en Vigo.

Desfrutade desta nova entrega!!!

9 dic 2025

O CIRCO DE NADAL

O noso centro viviu unha xornada chea de maxia e ilusión coa visita ao Circo de Nadal, instalado no noso barrio, Coia. Foi unha saída moi especial, na que todo o alumnado, desde Infantil ata primaria, puido gozar dun espectáculo cheo de cor, música e emoción.

Este ano o espectáculo levaba por título "Viaxe a Polaris", unha proposta de Nadal chea de maxia e emoción, onde o circo, o teatro visual e a música uníronse para contar unha historia de luz e esperanza. A tarvés de acrobacias, humor e destelos de luz, emprendemos unha viaxe ao corazón do Nadal, descubrindo que, mesmo na noite máis escura, sempre hai unha estrela disposta a brilar.

Un día máxico onde o espírito do Nadal chegou acompañado de risas, ilusión e moita emoción.

19 dic 2024

OBRADOIRO DE PROGRAMACIÓN: FELICITACIÓN DE NADAL

Fomentar o coñecemento das nosas tradicións é fundamental para garantir a súa supervivencia; por iso, neste mes de decembro o alumnado de 5º de primaria participou nun obradorio de Scratch para achegarse a figura do Apalpador.

Neste obradoiro de programación que se realizou en galego para fomentar o uso do noso idioma no eido das ciencias, o alumnado tivo que programar unha postal de Nadal na que o protagonista foi o Apalpador, que este ano vén cargadiño de castañas.

 

A continuación podedes desfrutar dun exemplo desas postais e quizáis vos animedes a personalizala para enviarlla a amigos e familiares.

 


BO NADAL !

18 dic 2024

GUÍA DE LECTURAS NADAL 2024

Achegamos a nosa Guía de Lecturas cos libros que traballaremos nas aulas despois das vacacións de Nadal. Os autores e autoras compartirán co alumnado momentos para falar dos seus libros.

Tamén inclúe recomendacións para as familias de libros e xogos de mesa.

Preséntase en dous formatos: nun tríptico e en Canva.

Colabora co comercio local e merca nas súas librarías!!!

Neste Nadal moi artesanal agasalla libros!!!

Guía de lecturas Nadal 2024 de Biblioteca Seis do Nadal

16 dic 2024

CINE DE NADAL

Neste mes de decembro tivemos novas sesións de “Cine na Biblio”. De 3º a 6º de Primaria foron o venres 13, na hora do recreo, a ver Tabby McTat, unha adaptación do conto de Julia Donaldson e Axel Scheffler, sobre un gato que perde ao seu dono antes do Nadal.

As máis pequenas e pequenos do cole, o luns 16, puideron divertirse cunha das historias do “Raposo Grande e Malo”. O filme é unha adaptación das obras de banda deseñada de Renner. Dentro deste filme proxectamos o conto “Hai que salvar o Nadal”.

15 dic 2024

UN NADAL ARTESANAL

As aulas de 5º e 6º de Primaria foron as encargadas da decoración de nadal do vestíbulo.

O cartón foi o material empregado para facer un mercado artesanal, con casas e diferentes adornos feitos con fios, cordeis, botes, madeira... elementos reciclados ou naturais. 

As familias tamén colaboraron nesta decoración aportando diferentes adornos para a nosa Feira Artesanal de Nadal. Momentos para compartir creatividade e imaxinación entre toda a Comunidade Educativa nestas datas cheas de maxia e ilusión.

14 dic 2024

EXPOSICIÓN TEMÁTICA DE NADAL

Con motivo do Nadal, o Equipo de Biblioteca, fixo unha selección de fondos bibliográficos sobre historias, contos e personaxes destas datas:  o Apalpador, Reis Magos, Papa Noel, agasallos... cos que organizamos unha exposición chea de maxia!!!

13 dic 2024

"DISCAPACIDADE E NADAL" NA RADIO DO SEIS

O día das persoas con discapacidade e as tradicións de Nadal, son os protagonistas deste cuarto programa da Radio do Seis.

A clase de 5ºB preparou un programa con música e informacións sobre estas dúas conmemoracións.

Desfrutade desta nova entrega!!!


5 dic 2024

2ª XUNTANZA CLUB DE LECTURA 5º

Continuamos coas xuntanzas dos clubs de lectura.

O xoves 5 de decembro, o Club de Lectura de 5º reuniuse na biblioteca para conversar sobre “A Señorita Bubble. Baixo cero”, de Ledicia Costas.

Nesta ocasión preparamos un taboleiro de xogo, con imaxes e números, e a través dun robot contestar ás distintas preguntas sobre a lectura.

Tamén comentamos os personaxes, a temática e a imaxe de Papa Noel. Foi unha lectura que lles encantou!!!

O vindeiro libro será "Maxia de pedra" de Xabier Domínguez. 

29 dic 2023

BIBLIOLAB: ADORNOS DE NADAL

Unha pequena mostra das actividades que se desenvolveron na BiblioLab no mes de decembro.

Empregamos diferentes materiais para elaborar os nosos adornos de Nadal (estrela, anxo, bolas…) e así decorar a nosa árbore. Cada actividade tiña un código QR para visionar o video explicativo para a súa elaboración.

28 dic 2023

UN NADAL DE CINE

Estas son algunhas das actividades coas que desfrutamos deste Nadal e que puxeron fin a este 1º Trimestre:

-O 2º ciclo (3º e 4º de Primaria) foi o encargado de adornar a entrada con fotografías dos distintos grupos e do persoal da nosa comunidade educativa.

A árbore decorada con elementos de cine: micros, claqueta,...

Reciclamos cd decorándoos con motivos navideños empregando diferentes tipos de materiais: goma eva, botóns, algodón, papeis... que foron colgados do teito.

-Exposición de lecturas, nas que os protagonistas son os personaxes máxicos desta data, Papa Noel, os Reis Magos...

-Festival de Nadal coa actuación dos grupos pares, 5º Edº Infantil, 2º, 4º e 6º de Primaria. Os nosos actores e actrices desfrutaron no escenario cantando e bailando!!!

-Visita da Apalpadora a Edº Infantil, 1º e 2º de Primaria. Este curso recibimos por primeira vez a visita da Apalpadora que baixou das montañas para acompañar aos nenos e nenas do cole e contarlles algunhas cousiñas co obxectivo de facer un mundo máis solidario e sostible.

Podedes ver as ilustracións feitas polo alumnado de 5º seguindo os pasos de Leandro Lamas para debuxar ao Apalpador. O resultado espectacular!!!