17 may 2024

LETRAS GALEGAS 2024

Este ano o 17 de maio, Día das Letras Galegas, está  adicado á intelectual, activista política, cultural e medioambiental, articulista, traductora, profesora, filóloga e violinista coruñesa LUÍSA VILLALTA.

Para achegarnos a súa vida e obra e descubrir máis sobre ela, temos preparada unha exposición con varios libros.

15 may 2024

LUÍSA VILLALTA E O TEATRO DE SOMBRAS

Con motivo das Letras Galegas o alumnado de 5º de Primaria realizaron a representación dos poemas, “Música reservada” "Antiquísima" da escritora polifacética Luísa Villalta mediante o teatro de sombras, homenaxeada deste ano.

Para a creación do teatro o alumnado tivo que analizar o poema para poder convertelo en imaxes a representar, realizar as marionetas e finalmente facer a representación da cal podedes desfrutar nos seguintes vídeos.



14 may 2024

CANTACONTOS CON TANIA JUSTO

O venres 10 e martes 14 de maio recibimos a Tania Justo, mestra de música e Directora da Academia Kairos de música, que viu compartir unhas sesións de Cantacontos.

Con Edº Infantil fixo un repaso polos clásicos de Kalandraka, da colección “Do Berce á Lúa” e cantou Lúa, cinco, crocodilo, animais...

Para 1º e 2º de Primaria cantou o conto de “O Monstro de cores” que acompañou coas texturas e peluches que todos e todas puideron tocar.

Para 3º e 4º de Primaria cantaron con “Elmer”, un elefante moi especial  que quería ser coma os demais pero descubriu que o que lle facía ser único  e xenial era ser diferente aos demais.

Cantamos e bailamos con Tania!!!! Grazas pola visita!!!

13 may 2024

PROGRAMA DE RADIO "OS MAIOS"

Xa está aquí un novo programa da Radio do Seis.

As clases de 2ºA e 6º de Edº Infantil A prepararon un programa sobre a festa dos Maios. 

Desfrutadeo!!!

12 may 2024

AS IMAXES DO PATRIMONIO

A asociación cultural e pedagóxica Ponte... nas ondas! convoca o VII Certame de fotografía ”As imaxes do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués” como proposta do seu modelo de Boas prácticas.

O seu obxectivo é que o patrimonio que se encontra depositado nas familias sexa transmitido ás novas xeracións para que teñan un coñecemento das súas orixes e do seu patrimonio. Con estas imaxes terán acceso a unha boa parte de expresións culturais que xa desapareceron ou que xa son descoñecidas para os máis novos e novas.

Tendo en conta o PDI deste ano (OSEISMEDIA), dende a Radio do Seis, animámosvos  a participar neste concurso, como?

·   Debes dixitalizar unha fotografía familiar que sexa anterior ao ano 1970 e acompañala da súa propia historia, por exemplo, a través dun:

-Pé de foto (máximo de 200 palabras).

-Un código QR que inclúa un pequeno podcast (un audio de máximo 5 minutos, podendo incluír música, entrevistas…).

As fotos xunto co texto ou código QR debedes envialo ao correo da biblioteca: bibliotecaseisdonadal@gmail.com

A data límite para o envío da túa fotografía, acompañada do seu texto/audio explicativo é o vindeiro 30 de maio.

ANIMÁDEVOS!!!

Na seguinte ligazón tedes máis información:

https://escolasnasondas.com/7o-certame-de-recolla-das-imaxes-e-podcasts-do-patrimonio-inmaterial-galego-portugues/

10 may 2024

OLAIA SENDÓN NO SEIS

O xoves 9 de maio viu visitarnos, Olaia Sendón, profesora, escritora e cineasta galega.

Estivo co alumnado de 2º de Primaria para asinarlles o seu libro “A fotógrafa Perpetua”, co que estiveron traballando este curso.

Pero, sobre todo, viu a falarlles de fotografía, abrirlles as portas desta arte e contarlles algúns dos seus segredos ao longo da historia.

Fixeron un monográfico sobre os retratos, a súa evolución, e plantou a semente da creatividade na súa imaxinación.

Aprenderon palabras como solemnidade e como cun mesmo escenario de fondo a fotografía é capaz de captar as distintas personalidades das persoas.

Para rematar fixéronse retratos solemnes co mesmo escenario de fondo.

Moitísimas grazas Olaia!!!

8 may 2024

LECTURAS COMPARTIDAS NA BOUZA

Neste mes de maio realizamos unha actividade de lectura compartida co IES Alexandre Bóveda, centro ao que estamos adscritos.

O lugar elexido foi o parque da Bouza que está preto dos dous centros.

O martes 7 de maio, nunha mañá solleira, alumnado de 1º da ESO leron fermosas lecturas aos cativos e cativas de Educación Infantil de tres anos. 

As imaxes amosan o moito que desfrutamos!!! Encántanos que os/as maiores nos conten contos!!!

A entrega de marcapáxinas como agasallo e a foto de grupo puxeron o remate a esta xornada!!! Moitas grazas a todos e todas!!!

7 may 2024

CINE NA BIBLIO

No mes de abril en Cine na Biblio, proxectamos para Edº Infantil e 1º Ciclo a gañadora do Oscar en 2011 á mellor curtametraxe animada, “Os fantásticos libros voadores do Sr. Morris Lessmore” de William Joyce e Brandon Oldenburg. 

Inspirada no furacán Katrina e no Mago de Oz é unha historia de persoas que adican a súa vida aos libros e os libros devólvenlles o favor.

Posteriormente, como non podía ser doutra maneira, Joyce publicou o álbum ilustrado baseado na curtametraxe, que é un dos favoritos desde fai anos na nosa biblioteca.

Para conmemorar o 23 de abril e ao noso escritor máis ilustre, Miguel de Cervantes, para os máis maiores houbo un capítulo da serie de RTVE “Don Quixote da Mancha”.

6 may 2024

VISITA DE JORGE CAMPOS

O pasado 30 de abril visitounos Jorge Campos para introducirnos no mundo dos cómics e a súa relación co noso PDI OSeisMedia, posto que tanto o cómic como o mundo audiovisual buscan contar unha historia a través das imaxes.

A rapazada puido descubrir como se chama o cómic en diferentes idiomas (banda deseñada, fumetti, cuadrilos, bande dessinée...) e como eses nomes dependen principalmente de como se lle chama ao elemento fundamental que os forma: a viñeta ou o bocadillo.

Tamén nos falou un chisco da produción e edición dos cómics usando como exemplo os que el mesmo creou.

Ademais falounos de diferentes elementos que forman parte dos cómics: viñetas, bocadillos, onomatopeas...

E tras un tempo de preguntas para resolver as inquedanzas da rapazada de 5º, crearon un pequeno bosquexo de 4 viñetas para pechar o obradoiro.

5 may 2024

RETO "OSEISMEDIA"

No terceiro e último reto deste curso Broli propón que, empregando materiais que teñamos por casa e unha boa dose de imaxinación e creatividade, recreemos a portada do noso libro favorito.


Tedes ata o 25 de maio para enviar a vosa portada e a recreación ao correo da biblio:

bibliotecaseisdonadal@gmail.com

Con todos os traballos que presentedes faremos un vídeo!!!

Animádevos!! Agardamos as vosas respostas!!!

3 may 2024

BIBLIOLAB: PALABRAS, CONTOS E CÓMICS

No mes de abril, as actividades que se desenvolveron na BiblioLab tiveron como eixo temático as palabras, os contos e os cómics.

                              CÓMIC CUBIK

Un libro-xogo formado por nove cubos que ordeamos para ler os contos.

                                  CÓDIGO SECRETO

Desciframos as mensaxes e descubrimos os títulos de varios contos (carapuchiña vermella, brancaneves e os sete ananiños…).

                                      PASATEMPOS

Sopas de letras e crucigramas para xogar coas palabras.

                                   CAIXA DE CONTOS

Creamos diferentes historias unindo as pezas do puzle combinando as ilustracións e as esceas.

                                              PALABREA

Quen é o primeiro/primeira en atopar unha palabra da categoría que indica a carta e que comence  pola letra da mesma cor.

   STORY CUBES

Tiramos os dados e unimos as imaxes para crear historias.

                                        FAST WORDS

Un xogo no que formamos palabras que teñan relación co tema proposto.

                                              CÓMIC

Inventamos e completamos historias de banda deseñada.