Durante o mes de outubro, a biblioteca encheuse de cores, pezas e imaxinación. Os Magsmarters foron os protagonistas dos recreos, convertendo este espazo nun lugar de creación compartida, onde o traballo en equipo foi fundamental para superar o reto do mes: construír un helicóptero que nos permitise descubrir Coia a vista de paxaro!
Entre pezas, ideas e moita creatividade, os nenos e nenas demostraron que coa colaboración e a imaxinación non hai desafío imposible.
Os participantes que completaron o reto recibiron unha pegatina para a súa folla de retos, un pequeno recoñecemento ao esforzo, á creatividade e á ilusión compartida.


No hay comentarios:
Publicar un comentario