2 nov 2026

OBRADOIRO DE POLOS CREATIVOS: HOLOGRAMA DE SAMAÍN

Durante o mes de outubro, o alumnado de 5º de Educación Primaria participou nunha nova actividade do Polo Creativo: un obradoiro de programación, enmarcado nas actividades que se desenvolveron no centro con motivo da celebración do Samaín. 

Nesta ocasión, achegámonos á programación con Scratch para crear un holograma moi especial: un morcego! Seguindo unhas sinxelas instrucións paso a paso, cada alumno e alumna foi programando desde cero o seu propio morcego, descubrindo algunhas das posibilidades que nos ofrece este programa.

Unha vez rematada a programación, chegou o momento máis sorprendente: empregamos as pirámides holográficas que xa construíramos o curso pasado para transformar as nosas creacións nunha imaxe que parecía flotar no aire.

Pero... como se consegue este efecto? Aproveitamos a actividade para descubrir que a imaxe se divide en catro partes, que se reflicten nas caras da pirámide, creando así a ilusión óptica dun holograma.

Ademais, descubrimos que non precisamos materiais complicados para experimentar con esta tecnoloxía: podemos construír a nosa propia pirámide holográfica na casa utilizando materiais reciclados.

Foi un obradoiro no que mesturamos programación, ciencia e creatividade, demostrando que a tecnoloxía tamén pode ser unha fantástica aliada para celebrar o Samaín e aprender dun xeito divertido e sorprendente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario