Broli xa comezou o seu percorrido polo barrio e continúa propoñéndovos novos desafíos para resolver durante os recreos na biblioteca.
Chega o reto do mes de novembro! Nesta ocasión, converterédesvos en auténticos enxeñeiros e enxeñeiras: teredes que deseñar e construír unha grúa utilizando as pezas KORBO, capaz de axudarnos a levantar novas edificacións no barrio de Coia.
Poñede a proba a vosa imaxinación, creatividade e habilidade para construír unha grúa estable e funcional. Seredes capaces de superar este novo desafío?
Pensade, deseñade, construíde e... que comece a obra! Agardamos as vosas creacións!

No hay comentarios:
Publicar un comentario