9 nov 2026

ACTIVIDADES NO MES DA CIENCIA

Este novembro, Mes da Ciencia, queremos convidarvos a mirar o mundo que nos rodea con curiosidade, facernos preguntas e descubrir que a ciencia forma parte da nosa vida cotiá.

A ciencia non está só nos libros nin nos laboratorios. Está na arquitectura dos edificios, no movemento das máquinas, nas rúas, na natureza, nas cousas que nos rodean.

Comenzaremos poñendo a proba o voso enseño cun reto de construcción con Korbo: crear unha grúa para descubrir, dunha maneira práctica, algún dos principios da física e da arquitectura e descubriremos que detrás de cada construcción hai moita ciencia.

Os días 26 e 27 de novembro, contaremos coa presenza de Arenaria e a súa charla “O laboratorio do barrio”, unha invitación a observar a nosa contorna, comprender como funciona e reflexionar sobre a relación que establecemos co medio que habitamos: por onde pasa a auga, quen vive aquí (biodiversidade), que podemos escoitar (sons), que hai no aire (gases e contaminación), que facemos co que xa non queremos (reciclaxe)…

Na BiblioLab, continuaremos investigando con actividades e experimentos para espertar a curiosidade e achegarse á ciencia dun xeito participativo e divertido.

E, para quen queira seguir descubrindo, preparamos unha exposición bibliográfica con libros de divulgación científica cheos de historias fascinantes para explorar o universo, a natureza e a tecnoloxía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario