O alumnado de 5º de Primaria participou nunha actividade de investigación enmarcada no PDI, centrada na evolución do circo ao longo da historia.
A proposta comezou cunha actividade motivadora en forma de xogo de pistas por estación.
Organizados en grupos, os nenos e nenas tiveron que resolver diferentes retos
empregando o seu inxenio, a lóxica e o traballo en equipo. Cada proba superada
permitíalles conseguir unha parte da liña do tempo do circo, que posteriormente
serviría como base para o traballo de investigación. Foi unha xornada moi
dinámica e divertida, na que a participación activa foi protagonista.
Unha vez rematada esta primeira fase, cada grupo
encargouse dunha etapa histórica do circo. A partir dunha investigación guiada,
o alumnado recompilou información relevante sobre as características da súa época. Os cambios máis significativos
e os elementos máis representativos.
Como produto final, elaboraron un cartaz no que
sintetizaron a información e acompañaron con imaxes ilustrativas, traballando
así a capacidade de selección, organización e presentación dos contidos.
Para completar a actividade, cada grupo realizou a
súa exposición oral, compartindo co resto da clase o aprendido. Deste xeito,
construiron entre todos unha liña do tempo do circo, integrando as diferentes
etapas e comprendendo a súa evolución dun xeito global.




No hay comentarios:
Publicar un comentario